A tempada 2005-2006 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 39 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 18 de setembro do 2005, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 9 de abril do 2006, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de UE Santboiana por sétima vez na súa historia.
O UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os tres equipos novos na categoría eran vellos coñecidos da máxima competición nacional de rugby: Ordizia, Liceo Francés e BUC, que ocuparon os lugares de Canoe, Arquitectura e Univ.Sevilla.
Esta tempada foi a primeira na que se empregou o sistema de puntuación do Super Rugby do hemisferio sur, que outorga 4 puntos por vitoria, 2 por empate, 0 por derrota, e 1 punto bonus cando ou se anotan mais de 3 ensaios ou se perde por menos de 8 puntos.
Equipos
Clasificación
|
|
Equipo
|
Puntos
|
Xogados
|
Gañados
|
Empates
|
Perdidos
|
Bonus
|
1 |
Santboiana |
75 |
18 |
16 |
0 |
2 |
11
|
2 |
El Salvador |
73 |
18 |
15 |
0 |
3 |
13
|
3 |
BUC |
55 |
18 |
11 |
0 |
7 |
11
|
4 |
Bera Bera |
42 |
18 |
9 |
0 |
9 |
6
|
5 |
Getxo |
39 |
18 |
8 |
0 |
10 |
7
|
6 |
VRAC |
38 |
18 |
8 |
0 |
10 |
6
|
7 |
Ordizia |
36 |
18 |
8 |
0 |
10 |
4
|
8 |
Liceo Francés |
36 |
18 |
6 |
0 |
12 |
12
|
9 |
Alcobendas |
35 |
18 |
7 |
0 |
11 |
7
|
10 |
Ciencias |
12 |
18 |
2 |
0 |
16 |
4
|
A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.
<<<< 2004/05 — Tempadas — 2006/07 >>>>
|
|
Datos finais do campionato:
- UE Santboiana conseguiu o campionato nacional de liga, con 75 puntos en 18 xornadas. Foi o 7º título de liga para o club.
- Os dous últimos clasificados, Alcobendas e Ciencias, descenderon de categoría ó remate da tempada.
- Os equipos Cisneros e CRC Madrid, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2006-07 da División de Honra.
- Esteban Roqué foi o máximo anotador da liga con 185 puntos, e César Sempere o máximo realizador de ensaios con 18.
|
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas