A tempada 2018-2019 da División de Honra da liga nacional de rugby foi a 52ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. O torneo chámase Liga Heineken por razóns de patrocinio.
A fase de liga regular contará con 22 xornadas, comezando a fin de semana do 16 de setembro de 2018 e rematando a fin de semana do 14 de abril de 2019. Os seis primeiros equipos da táboa participarán na fase de eliminatorias polo título de liga, que rematará coa final do campionato o 26 de maio de 2019.[1]
Tralo remate da tempada 2017-2018 os clubs crearon a asociación Liga Nacional de Rugby co propósito de organizar o campionato a partir de 2019, de xeito que esta podería ser a derradeira edición do campionato organizada pola Federación Española de Rugby.
Equipos participantes
A edición 2018-2019 da División de Honra contará con doce equipos participantes: tres vascos, tres casteláns, dous cataláns, dous madrileños, un valenciano e un cántabro. O Aparejadores de Burgos ocupou a praza que o ano anterior tiña o descendido Getxo Rugby Taldea.
De seguido unha táboa coa traxectoria nas 51 edicións anteriores da División de Honra de rugby dos doce equipos participantes:
- Os números correspóndense coa posición final na liga regular. A cor vermella indica a conquista do título de liga.
Liga regular
Eliminatorias
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos