A tempada 2011-2012 da Liga Española de rugby (División de Honra de Rugby) foi a edición número 45 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular estivo composta por 18 xornadas nas que os 10 equipos enfrontáronse todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Nesta tempada, o campión da liga decidiuse por vez primeira polo sistema dos play offs, como se facía en tódalas grandes ligas de rugby do mundo. Así pois, os 6 equipos que remataron a tempada regular nos primeiros postos da táboa, enfrontáronse entre si nas eliminatorias polo título de liga 2011-2012. Os 2 primeiros acadaron o pase directo para xogar as semifinais, e os equipos que rematen 3º, 4º, 5º e 6º tiveron que disputar entre si dúas eliminatorias de cuartos de final.
Esta edición da liga española de rugby foi a derradeira con 10 equipos. O equipo que rematou na última posición tivo que disputar unha eliminatoria pola permanencia co 3º clasificado da División de Honra B.
O Club de Rugby La Vila era o encargado de defende-lo título acadado na tempada 2010-11. Os últimos equipos ascendidos á categoría eran o campión de 1993, Getxo Rugby Taldea, e por vez primeira un equipo galego, o Vigo Rugby Club; que ocuparon as prazas dos descendidos CAU Valencia e Bera Bera RT.
Equipos
Táboa
Posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). Posicións que clasifican para cuartos de final (3º, 4º, 5º e 6º). Posición de promoción de permanencia (10º).
|
PX - Partidos xogados PG - Partidos gañados PE - Partidos empatados PP - Partidos perdidos
|
PF - Puntos a favor PC - Puntos en contra BO - Bonus ofensivos BD - Bonus defensivos
|
|
- Fonte: www.ferugby.com
- Eliminatorias
- Final
Nesta tempada aplicouse por vez primeira o formato de playoffs polo título. Os dous equipos que chegaron á final foron os dous primeiros clasificados da liga regular, VRAC e Ordizia RE, despois de eliminar nas semifinais a Getxo RT e Gernika RT respectivamente.
A final disputouse no campo do VRAC, o estadio Pepe Rojo de Valladolid, por ser, dos dous equipos finalistas, o que rematara por diante na táboa. O VRAC viña de rematar 1º na liga regular, mentres que o Ordizia RE viña de acadar en abril a súa primeira Copa do Rei.
O Ordizia RT adiantouse no taboleiro no minuto 5 cun golpe de castigo anotado polo seu apertura australiano Danny Kroll. O VRAC púxose por diante no minuto 20 grazas ó ensaio acadado en xogada individual polo apertura neozelandés Daniel Waenga, quen non foi capaz de anotar a transformación, deixando o resultado en 5-3 para os queseros. O segundo ensaio do VRAC chegou baixo paus no minuto 29, nunha xogada individual do zagueiro arxentino-galego Ignacio Gutiérrez Müller, que Waenga transformou poñendo o 12-3 co que se chegou ó descanso.
Na segundo metade Ordizia RE acurtou distancias cun ensaio do zagueiro Huxford no minuto 49, que transformou Kroll. Non obstante, a partir dese 12-10, o VRAC demostrou unha superioridade salientable, anotando 3 ensaios nos minutos 55, 63 e 77, deixando o resultado final nun 27-10 que non deixou ningunha dúbida da superioridade do equipo pucelano.
Esta foi a 3ª liga que gañaba o VRAC, tralas de 1999 e 2001.
Principais competicións entre clubs de rugby en Europa na tempada 2011-2012 |
---|
Continentais | |
---|
Ligas | |
---|
Ligas españolas na tempada 2011-2012 |
---|
|