UAS RugbyNome | Unión Aljarafe Sevilla CD Rugby Mairena – Universitario Sevilla CR |
---|
Alcume(s) | Cocos Cocodrilas |
---|
Fundación | 1968 |
---|
Sede | Sevilla, España |
---|
Estadio(s) | I.D. La Cartuja |
---|
Capacidade | 1,932 espectadores |
---|
Presidente | José Luis Gómez Cordones (Mairena Rugby) Mariola Rus Rufino (Cocos Rugby) |
---|
Adestrador | Saúl Espina (Mairena Rugby) Pablo Arévalo (Cocos Rugby) |
---|
Liga(s) | División de Honra Feminina |
---|
2023-24 | Cuartos de final |
---|
|
|
|
Na rede |
---|
http://www.rugbysevilla.es |
Unión Aljarafe Sevilla, é un club de rugby español. O club compite na actualidade na Liga Iberdrola, 1o nivel do club feminino español de rugby, competición que gañou 2 veces, baixo o nome de Universidade de Sevilla CR , e actualmente coñecido como Ghenova Cocos Rugby para propósitos de patrocinio.[1][2][3]
A selección masculina disputa o torneo autonómico de Andalucía baixo o nome de Club Deportivo Rugby Mairena.[4] O club ten a súa sede en a cidade de Sevilla na comunidade autónoma de Andalucía. Xogan en negro e verde.[5]
Historia
Foi fundado en 1968 co nome de Medicina Club de Rugby, sendo así un dos clubs mais antigos do rugby andaluz. Pasou en 1985 a chamarse Universitario de Sevilla Club de Rugby, nome co cal acadou varios campionatos universitarios, e despois de 1992, intégrase na estrutura do Club Deportivo Universidad de Sevilla.
Na tempada 1993-94 o Univ.Sevilla compite por vez primeira na División de Honra do rugby nacional, e remata na última posición da táboa, polo cal descende. Non obstante, na tempada 1996-97 estivo de volta na máxima categoría, e nesa ocasión logrou a permanencia cun 8º posto final. O club permaneceu 3 anos na Liga ata que descendeu de novo, pero só por un ano. Na tempada 2000-01 o Univ.Sevilla volveu á División de Honra, e no seu primeiro ano de volta na elite acadou o subcampionato nacional de liga, a mellor participación na súa historia. Nas vindeiras edicións da liga o equipo rematou tres veces sexto e na tempada 2004-05 noveno, o que lle valeu o descenso.
En 2006 rematou a colaboración coa Universidade de Sevilla, o club cedeu os seus dereitos deportivos ó CD Rugby Mairena, tamén de Sevilla, que se fusionou co Universitario de Sevilla para crear o Club de Rugby Unión Aljarafe Sevilla (nome actual do equipo). Como herdeiro directo da estrutura do CD Universidad de Sevilla, no CRU Aljarafe Sevilla traballan tódolos vellos socios e colaboradores do equipo. Así temos o C.D. Rugby Mairena que compite en todas as categorías de rugby masculino existentes en Andalucía dende xabaríns ata sénior. E ata 2017 tamén competiu na División de Honra B (a segunda división española) baixo o nome de Helvetia Rugby.
Por outra banda, temos o Universitario de Sevilla CR que compite en categoría feminina, sendo un dos clubs de Andalucía con maior tradición e tras varios anos seguidos disputando a fase de ascenso á División de Honra feminina, en 2018 logrou gañar a División de Honra B e ascender á máxima categoría. Ser o primeiro equipo andaluz en conseguilo. As súas orixes como club remóntanse aos anos 60, é dicir, somos un club con máis de 50 anos de experiencia, tempo no que tivemos varios nomes ata chegar á situación actual: C. R. Medicina, Universitario de Sevilla C.R., Universidade de Sevilla… [6]
Nos últimos anos tiveron varios éxitos deportivos a nivel colectivo e individual, con xogadores internacionais que mesmo disputaron campionatos do mundo coa selección española. A nivel colectivo disputaron tempadas en todas as categorías nacionais e autonómicas existentes, acadando un subcampión da División de Honra (máxima categoría nacional) na tempada 2000/01, ou unha Copa F.E.R., así como outras F.A.R. copas (Federación Andaluza de Rugby) e campionatos autonómicos.
Trala cesión de tódolos seus dereitos deportivos, na actualidade o CD Universidad de Sevilla tan só ten un equipo competindo en categorías rexionais andaluzas.
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas