A tempada 1997-1998 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 31 da máxima categoría do rugby en España.
A UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior edición do torneo, pero a tempada rematou coa vitoria final no campionato para Club de Rugby El Salvador por segunda vez na súa historia, un equipo que ó mesmo tempo era un acabado de ascender á categoría.
Nesta edición a División de Honra volveu ao formato de 12 equipos, polo cal a tempada estivo composta por 22 xornadas e non por 18. Os 3 equipos ascendidos foron Club de Rugby El Salvador, Club Natació Montjuic e Club de Rugby Liceo Francés, ocupando as dúas novas prazas da ampliación e a praza do Bera Bera Rugby Taldea, descendido o ano anterior.
Clasificación
- Datos finais do campionato
- CR El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 39 puntos en 22 xornadas. Foi o 2º título de liga para o club.
- Os dous últimos clasificados, CD Arquitectura e CR Cisneros, descenderon de categoría ó remate da tempada.
- O xogador de CR El Salvador Asís García, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 17 ensaios; mentres que o apertura ucraíno nacionalizado español Andrei Kovalenco, do Real Canoe, liderou a táboa de anotadores con 252 puntos.
- O Univ.Granada e o Oviedo Rugby Club, acadaron o ascenso para competir na tempada 1998-99 na División de Honra.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas