O Oviedo Rugby Club é unha entidade deportiva da cidade de Oviedo que se dedica ó rugby e que actualmente milita na División de Honra B, a segunda categoría do rugby en España.
Historia
O Oviedo RC foi fundado no ano 1983 como resultado da fusión de dous clubs mais vellos, o CAU Oviedo e o Economicas. Ámbolos dous clubs eran habituais da Primeira División Nacional, que daquela era a segunda división do rugby nacional.
Na tempada 1986-87 o novo equipo ascendeu á Primeira Nacional, e acadou un 4º posto. Cabe salientar que dende ese ano 1987 ata a actualidade o Oviedo RC leva 24 militando sempre nalgunha das 2 categorías máximas do rugby en España. Nas seguintes edicións do torneo o equipo rematou 2º e 1º, polo cal ascendeu á División de Honra, na que debutou na tempada 1990-91. Nesa primeira participación na elite do rugby español, o Oviedo RC rematou 12º e último, co cal descendeu.
Na segunda metade da década dos 90 o Oviedo RC rematou primeiro tres veces no seu grupo da Primeira Nacional, e unha vez 2º, acadando o ascenso na tempada 1997-98. En División de Honra votou 3 anos. O seu mellor resultado foi a 7ª posición obtida na tempada 1999-2000. Ó seguinte ano o equipo descendeu a División de Honra B, na que milita dende entón.
Na tempada 2010-11 o Oviedo RC rematou 5º no Grupo A da División de Honra B.
- Posicións do Oviedo RC en competicións ligueiras dende o ano da súa fundación
Categoría
|
2012
|
11
|
10
|
09
|
08
|
07
|
06
|
05
|
04
|
03
|
02
|
01
|
00
|
99
|
98
|
97
|
96
|
95
|
94
|
93
|
92
|
91
|
90
|
89
|
88
|
87
|
86
|
85
|
84
|
83
|
Div.Honra |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
10 |
7 |
9 |
|
|
|
|
|
|
|
12 |
|
|
|
|
|
|
|
|
Div.Honra B |
3 |
5º |
4º |
6º |
7º |
7º |
7º |
6º |
4º |
6º |
7º |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1ª Nacional |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1º |
2º |
1º |
1º |
3º |
5º |
8º |
|
1º |
2º |
4º |
|
|
|
|
|
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas