División de Honra Feminina de Rugby

Modelo:Competición deportivaDivisión de Honra Feminina de Rugby
Tipocampionato Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Española de Rugby Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorIberdrola Editar o valor en Wikidata
Número de participantes8 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2010 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosClub Esportiu INEF Barcelona (11) Editar o valor en Wikidata


A División de Honra Feminina, chamada dende a edición 2016/17 División de Honra Iberdrola por razóns de patrocinio, é a primeira división da liga nacional de equipos femininos de rugby que se disputa en España. Creada en 2010 pola Federación Española de Rugby, tomou o relevo da Copa da Raíña e do máis antigo Campionato de España como máxima competición nacional, coa diferenza fundamental de que aqueles eran torneos de eliminatorias que se disputaban cando remataba a tempada de ligas rexionais, e a actual competición ten un formato de liga que ocupa toda a tempada e un sistema de ascensos e descensos coa categoría inferior.

Na División de Honra enfróntanse os oito mellores equipos de España, que disputan unha liga regular de catorce xornadas a dobre volta entre os meses de outubro e abril. Trala liga regular os catro primeiros clasificados disputan as eliminatorias polo título de campión e o derradeiro descende de categoría. Antes da tempada 2017/18 a liga tiña un formato reducido de sete xornadas con semifinais e final.

Equipos 2022-23

Na tempada 2022-23 participan os seguintes oito equipos:

Palmarés

O palmarés da competicións está liderado polo INEF Barcelona, cun total de catro títulos de Divisións de Honra. O vixente campión de liga é o equipo sevillano do Universitario RC.

Edición Campión Subampión
2010-11 Cataluña INEF Barcelona Galicia CRAT Coruña
2011-12 Cataluña INEF Barcelona Galicia CRAT Coruña
2012-13 Cataluña INEF Barcelona Comunidade de Madrid Olímpico RC
2013-14 Comunidade de Madrid Olímpico RC Cataluña INEF Barcelona
2014-15 Galicia CRAT Coruña Getxo RT
2015-16 Cataluña INEF Barcelona Comunidade de Madrid CR Majadahonda
2016-17 Comunidade de Madrid Olímpico RC Galicia CRAT Coruña
2017-18 Comunidade de Madrid Olímpico RC Comunidade de Madrid CR Majadahonda
2018-19 Galicia CRAT Coruña Cataluña INEF Barcelona
2019-20 Andalucía Universitario RC Comunidade de Madrid CR Majadahonda
2020-21 Comunidade de Madrid CR Cisneros Comunidade de Madrid CR Majadahonda
2021-22 Andalucía Universitario RC Comunidade de Madrid CR Majadahonda
Táboa histórica da División de Honra
Equipo Anos Títulos 23 22 21 20 19 18 17 16 15 14 13 12 11
Comunidade de Madrid Olímpico 13ª 3 En xogo 3 6 6 6 1 1 4 3 3 2 5 6
Galicia CRAT 13ª 2 En xogo 6 5 5 3 3 2 6 1 1 3 2 2
Comunidade de Madrid Majadahonda 13ª - En xogo 1 1 2 1 2 3 2 7 7 5 4 3
Cataluña INEF 10 4 7 4 5 5 1 5 2 1 1 1
Comunidade de Madrid Cisneros 10ª 1 En xogo 4 2 3 2 4 8 8 4 7
Comunidade de Madrid Sanse 10 - 8 7 4 7 7 6 3 6 6 8
Cataluña GEiEG 7 - 8 7 4 4 7 6 4
Getxo 6 - 8 4 5 2 5 5
Andalucía Universitario 2 En xogo 2 4 1 5
Comunidade de Madrid Hortaleza 4 - 8 6 7 8
Eibar - En xogo 5 3
Castela e León El Salvador - En xogo 8
Cataluña Sant Cugat - En xogo 7
Bizkarians 2 - 6 3
Les Abelles 1 - 8
Cataluña Gotics 1 - 8
Gaztedi 1 - 7
  • A táboa amosa a posición dos equipos na liga regular. En amarelo o equipo campión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos