Iberdrola é unha multinacional eléctrica española con base en Bilbao, cuns 31 330 empregados en países de catro continentes que dan servizo a uns 31,67 millóns de clientes. Entre as súas filiais están Scottish Power (Escocia), Avangrid (Estados Unidos) e Elektro Holding (Brasil). No 2013 o principal accionista da empresa era Qatar Investment Holding, seguido doutros como ACS, Kutxabank e Bankia.[1]
Dende que adoptou un plan de crecemento e expansión internacional en 2001, Iberdrola pasou a ser o grupo enerxético máis grande de España por capitalización de mercado,[2] o líder global no sector da enerxía eólica[3] e unha das principais empresas de electricidade do mundo por capitalización de mercado. A empresa é parte do índice bolsista Euro Stoxx 50.[4]
Presenza en Galiza
Froito das diversas fusións e adquisicións que deron pé a Iberdrola, a compañía posúe varias empresas hidroeléctricas que operan en diversos ríos galegos, como Saltos del Sil.[5]
Notas
Véxase tamén