En tempos recentes o distrito sufriu a segunda guerra civil sudanesa, levada a cabo ao norte, e a insurxencia do Exército de Resistencia do Señor fixo da estrada ao sur cara a Kampala perigosa. O distrito ten albergado a numerosos refuxiados sudaneses. A acordo de paz do 2005 así como a diminución da actividade do LRA trae esperanzas a este lugar.
A poboación de Moyo segundo o censo do ano 2002 é dunha estimación de 199.900 persoas, sendo o 48.8% mulleres e o 51.2% varóns.[2] Mais en toda a década do 2000, o Distrito Moyo experimentou en rápido crecemento de poboación, principalmente de refuxiados do Sudán do Sur.[3] Tras a paz, pois o problema dos refuxiados diminuíu. Estímase que a poboación do distrito no 2010, era de aproximadamente 253.200 habitantes, tal como segue na táboa: