O distrito foi establecido o 1 de xullo de 2010 polo parlamento ugandés. Antes formaba parte do Distrito Kumi. O Distrito Ngora conxuntamente cos Distritos Amuria, Bukedea, Kaberamaido, Katakwi, Kumi, Serere e Soroti comprenden a subrexión Teso, lar de dous millóns e medio de persoas pertencentes ás etnias Iteso e Kumam. O Distrito Ngora formouse a partir do ex-condado de Ngora, que estaba formado polos sub-condados de Kapir (Okapel), Kobwin, Mukura e Ngora.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 101.867 habitantes.[1]
Notas
↑"Censo"(PDF). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 04 de marzo de 2012.