No ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 131.700 habitantes.
Forma parte da subrexión Teso e é a área principal do pobo kumam, ao que pertence a maioría da poboación, no 2008, 99.738 persoas (74.7% da poboación). Os iteso son o seguinte grupo étnico máis numeroso do distrito, 27.317 persoas no 2008 (20.5%). Estes dous pobos empregan as linguas kumam e ateso respectivamente, linguas pertencentes á familia nilótica. Os langi con 4.617 individuos (3.5%) son o seguinte grupo étnico en número. Os outros grupos que se poden atopar neste distrito constitúen menos do 1% da poboación do distrito, como son os acholi, bagwere, bakenyi, baruli, mening, basoga, baganda e alur.