Zombo é un distrito da Rexión Norte de Uganda, chamado así pola súa poboación principal, Zombo.
Limita co distrito Arua polo norte, co distrito Nebbi polo leste e coa República Democrática do Congo polo sur e oeste. Zombo atópase aproximadamente a 70 km ao sur de Arua, a maior cidade da subrexión.[1] Atópase tamén a 382 km ao noroeste de Kampala, a capital de Uganda, e a maior cidade do país.[2]
O distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2009.[3] Anteriormente, formaba parte do distrito Nebbi.
No 2002 tiña unha poboación estimada de 169.000 habitantes.[4]
Notas
Véxase tamén