Diogo Bernardes

Modelo:BiografíaDiogo Bernardes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1530 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Ponte da Barca, Portugal Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1605 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
MovementoRenacemento Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrei Agostinho da Cruz Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Library of the World's Best Literature
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Diogo Bernardes (Ponte da Barca, c. 1530 − ? c. 1594), foi un poeta portugués.

Biografía

Segundo Diogo Barbosa Machado, Diogo Bernardes, ao cal o catálogo chamado da Academia engade Pimenta por ser nome do seu pai, naceu en Ponte da Barca. Con todo Inocêncio Francisco da Silva que o dá como cabaleiro da Orde de Cristo ("consta de documento existente no arquivo") e di que é nacido en Ponte do Lima, fundándose na "declaração exarada no rostro do seu libro das Rimas ao Bo Jesús".

Sobre a súa data de nacemento Inocêncio sitúaa "entre os anos 1530 e 1540, e con certeza antes deste último, por ser o do nacemento de seu irmán máis novo Fr. Agostinho da Cruz", nacido Agostinho Pimenta, tamén poeta.[1]

Parece que de moi novo Diogo foi vivir para Lisboa, regresando a Ponte da Barca, onde foi notario. Além diso exerceu varios cargos nas cortes de D. Sebastião e de Filipe II, e foi incumbido polo primeiro de cantar os seus proxectados feitos heroicos na expedición africana. Por iso acompañouno a Alcácer Quibir, onde ficou prisioneiro e onde estivo compoñendo, ao contrario do previsto, lamentacións elexíacas en recordo do desastre marroquí. "Temperamento brando, nin mesmo as agruras da derrota e da catividade lle provacam mais do que un queixume tenue e formular."[2]

Diogo Bernardes e Luís de Camões

Di Inocêncio: "Os poetas contemporáneos de Bernardes, especialmente António Ferreira e Sá de Miranda, falan dil cos maiores eloxios. O P. António Pereira de Figueiredo dálle o oitavo lugar entre os clásicos da lingua, colocándoo a seguir de Camões."

Canto a Manuel de Faría e Sousa engade o mesmo, "non só deprime o seu carácter moral, acusándoo de roubar a Camões non menos de cinco églogas, o poema a Santa Ursula e outros versos que imprimiu como propios, mais abertamente cualifícao de poeta mediocre, e falto xenio. Á parte porén pláxiao, de que non serei eu quen ouse absolvelo, en vista dos fortes argumentos que neste preito se ten producido contra el, paréceme que ten, no que é innegabelmente seu, mérito suficiente para asegurarlle un lugar distinguido entre os poetas da escolla italiana a que pertenceu, e con especialidade entre os bucólicos. Ninguén poderá descoñecer nas súas poesí­as pureza de linguaxe, suavidade de métrica, e unha natural simplicidade de ideas e conceptos, cos que conquista aos lectores."

Estas conclusión de Inocêncio a propósito do "plaxio", do que non parece ter a menor dúbida, ata lle serven para "probar" falsas edicións : falando da edición das Vário rimas ao bo Jesus di : "António Ribeiro dos Santos (...) acusa unha edición destas Rimas anterior a todas as referidas, a cal di ser feita en Lisboa, por Simão Lopes 1577(...) Nunca a vin, nin creo que exista. Como podería conter poesías, cuxa maior parte Bernardes só escribiu durante a súa catividade nos anos de 1578 e seguintes? Como entrarían aí as oitavas, ou poema a Sancta Ursula, que se di roubado a Camões, pensándose aínda vivo, e por conseguinte nos termos de reclamar contra o furto que se lle facía?"[1]

Hoxe por tanto, entre as atribucións falsas, notabelmente de Faría e Sousa, para quen todo bo poema era do "seu" poeta, Camões, varios eruditos, comezando por Carolina Michaëlis, e máis recentemente Álvaro J. Da Costa Pimpão, puxeron en dúbida esa severidade de xulgamento. Falan estes, de poemas "supostamente furtados" por Diogo Bernardes, e denigran sobre todo o traballo de Faría.

A Obra

"Os seus temas típicos, di a "História da Literatura portuguesa", son un namoramento espiritualizado con todo o recheo de paradoxos petraquistas; unha saudade, ou sexa, o gústame a nostalxia indefinida, na intimidade en soidade coa espesura vidente do seu alto Miño rural, coas penedas e, principalmente, co derivar das áugas nacentes ou fluviais, que tanto evocan as lágrimas como o curso irreversíbel do tempo [sendo notables as súas églogas inspiradas na beleza serena das marxes do Lima, sen dúbida o seu río privilexiado ("águas que de mistura/convosco minhas lágrimas levais")]; e, os últimos anos, o desengano de todas as esperanzas terreais e un fervor relixioso de reconciliación sen notas orixinais."[2]

Moitos investigadores atribúenlle hoxe (é sempre por outros atribuído a Camões, e mesmo a outros poetas do século XVI), o moi célebre soneto sobre a mudanza, que aparece nas Flores do Lima; é un pouco distinto do atribuído a Camões por Faría e Sousa, dicíndoo furtado por Bernardes:


"Diogo Bernardes"

Horas breves de meu contentamento,

Nunca me pareceu quando vos tinha,

que vos visse tornadas tão asinha

em tão compridos dias de tormento.

Aquelas torres que fundei no vento,

o vento mas levou, que mas sustinha;

do mal que me ficou, a culpa é minha,

pois sobre cousas vás fiz fundamento.

Amor com brandas mostras aparece,

tudo possível faz, tudo assegura,

mas logo no melhor desaparece.

Ó cegueira tamanha! ó desventura!

Por um pequeno bem que desfalece

aventurar um bem que sempre dura!


"Luís de Camões"

Horas breves de meu contentamento,

Nunca me pareceu quando vos tinha,

que vos visse mudadas tão asinha

em tão compridos anos de tormento.

As altas torres, que fundei no vento,

levou, em fim, o vento que as sustinha;

do mal que me ficou, a culpa é minha,

pois sobre cousas vás fiz fundamento.

Amor com brandas mostras aparece,

tudo possível faz, tudo assegura,

mas logo no melhor desaparece.

Estranho mal! Estranha desventura!

Por um pequeno bem que desfalece

Um bem aventurar, que sempre dura!

Obras

  • O Lima, no cal se contén as súas églogas e cartas. Dirixido por el ao excelente príncipe e serenísimo Alvaro d'Alemcastro, Duque d'Aveiro etc. Lisboa, por Simão Lopes, 1596. − ibi, por Antonio Vicente da Silva 1761. - ibi, na Typ. Rollandiana 1820. Ibi, con prefacio e notas de Marques Braga, Lisboa, Sa da Costa, 1946.
  • Varias Rimas ao bom Jesus, e à Virgem gloriosa sua mãe, e a varios Sanctos particulares. Com outras mais de honesta e proveitosa lição. Lisboa por Simão Lopes 1594. - Ibi, por Jorge Rodrigues 1601. − Ibi, 1608. − Ibi, por Pedro Craesbeeck 1616. − Ibi, por Antonio Alvares 1622. − Ibi, por Miguel Rodrigues 1770. Ibi, con prefacio e notas de Marques Braga, Lisboa, Sa da Costa, 1946.
  • Rimas varias, Flores do Lima. Lisboa, por Manuel de Lyra 1596. − Ibi, por Lourenço Craesbeeck 1633. − Ibi, por Miguel Rodrigues 1770. Ibi, con prefacio e notas de Marques Braga, Lisboa, Sa da Costa, 1945.

Notas

  1. 1,0 1,1 Inocêncio Francisco da Silva : Dicionário Bibliográfico Português"
  2. 2,0 2,1 António José Saraiva e Oscar Lópes : História da literatura portuguesa, Porto Editora, 1972