Desiré Randall Wilson (nada o 26 de novembro de 1953)[1] é unha expiloto de carreiras de Suráfrica e unha das cinco mulleres que competiu na Fórmula 1.[2] Nada en Brakpan, [1] entrou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1980 cun Williams FW07 non oficial preparado por RAM Racing, pero non conseguiu cualificar.[3] Tamén participou na carreira fóra de campionato do Gran Premio de Suráfrica nun acordo único con Tyrrell Racing. Esta carreira non formou parte do campionato mundial de 1981 debido, en parte, á guerra FISA-FOCA.[4] Clasificouse no 16º posto e, despois dun desastroso arranque no que calou o coche, avanzou pola pista baixo achoiva, pero cando secou a pista, caeu cara a atrás e danou o coche cando tocou un muro mentres deixaba pasar ao líder da carreira.[5]
Converteuse na única muller en gañar unha carreira de Fórmula Un de calquera tipo cando gañou no Circuíto de Brands Hatch no Campionato Británico Aurora de F1 en 1980.[3] Como resultado deste logro, ten unha tribuna en Brands Hatch que leva o seu nome. [6] Despois dos seus intentos na Fórmula Un, Wilson participou noutras disciplinas, incluída a CART[7] e carreiras de coches deportivos. [5] En 1982, Wilson entrou nas 500 Millas de Indianápolis, pero non conseguiu cualificar. Tampouco se clasificou para o Indy 500 de 1983 e 1984. [6]
Está casada con seu compañeiro surafricano e construtor de circuítos, Alan Wilson.[2]
Carreira
Racing record
Career summary
Resultados completos no campionato británico de Fórmula 1
(key) (Carreiras en grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Resultados completos no Campionato Mundial de Fórmula 1
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos na Fórmula 1 fóra de campionato
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos das 24 Horas de Le Mans
Resultados completos nas 24 Horas de Daytona
Resultados completos nas 12 Horas de Sebring
Resultados nas carreiras American open-wheel
PPG Indy Car World Series
500 Millas de Indianápolis
Indy Lights
North American Touring Car Championship
(key)
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Desiré Wilson in the media – page 1". Wilson Motorsport Inc. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2010. Consultado o 19 de maio de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Taylor, S. (2010) Lunch with... Desiré Wilson. Motor Sport, 86/2, 62–68.
- ↑ 3,0 3,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Enfield: Guinness Publishing. p. 415. ISBN 0-85112-702-9.
- ↑ Diepraam, Mattijs; Muelas, Felix; Ferner, Michael (2000). "The one that didn't count". FORIX 8W. Autosport.com. Consultado o 19 de maio de 2010.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Desiré Wilson – Biography". F1 Rejects. 21 de agosto de 2005. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1
"Desiré Wilson – Biography". F1 Rejects. 21 August 2005. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 10 September 2013.
- ↑ Diepraam, Mattijs (October 1998). "F1's only female winner". FORIX 8W. Autosport.com. Why?. Consultado o 19 de maio de 2010.
- ↑ "Desiré Wilson - Career details". driverdb.com. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ "Desiré Wilson - Grands Prix not started". statsf1.com. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ "Desiré Wilson - Involvement Non World Championship". statsf1.com. Consultado o 26 de agosto de 2017.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "All Results of Desiré Wilson". racingsportscars.com. Consultado o 26 de agosto de 2017.
Véxase tamén
Outros artigos