A Crónica de Paros (Χρονικὸν Πάριον) é un documento epigráfico que contén unha relación cronolóxica de diversos eventos lendarios, políticos e culturais de importancia sucedidos no mundo grego en sincronía cos diversos reis e arcontes atenienses. Abarca unha cronoloxía que vai desde o ano -1581 até o -264/3.
A crónica está tallada no mesmo tipo de mármore que fai honra ao seu nome como mármore de Paros. O fragmento máis importante —que adoita denominarse fragmento A— foi trasladado a Inglaterra en 1627 por un emisario de Thomas Howard. A parte superior do mesmo foi destruída pero coñécese o seu contido porque foi publicado no século XVII antes da súa destrución. A parte inferior consérvase no Museo Ashmolean de Oxford (Reino Unido). Unha terceira parte —que se denomina fragmento B— atopouse en 1897 na illa grega de Paros e consérvase no Museo Arqueolóxico de Paros.
Institución das Panateneas. Nesa data tamén Erictonio foi o primeiro que xunguiu os cabalos ao carro para tirar del mentres que Hiagnis inventou a frauta en Frixia e realizou composicións en modo frixio en honra da Nai dos Deuses, de Dioniso e de Pan.
Neleo coloniza Mileto e o resto de Xonia: Éfeso, Eritras, Clazómenas, Priene, Lébedos, Teos, Colofón, Miúnte, Focea, Samos e Quíos e organiza Xogos Panxonios[nota 1].
Realización de sacrificios dos Anfictións despois de derrotar a Cirra e instauración de xogos deportivos onde se outorgan premios monetarios procedentes do botín.
Primeiro coro de actores cómicos en Atenas, organizado no demo de Icario e inventado polo poeta Susarión, onde se premiaba ao vencedor cun cesto de figos e un odre de 40 litros de viño.
Dionisio II convértese en tirano de Siracusa despois da morte do seu pai e ascensión ao trono de Macedonia de Ptolomeo de Aloro despois da morte de Alexandre II.
Morte de Antípatro, fuga de Casandro de Macedonia, sitio de Cícico por Arrideo, conquista de Siria e Fenicia por Ptolomeo e elección de Agatocles como comandante do exército de Siracusa.
Retorno de Casandro a Macedonia, reconstrución de Tebas, morte de Olimpia, fundación de Casandrea e Agatocles convértese en tirano de Siracusa. No mesmo ano tivo lugar a primeira vitoria do poeta Menandro en Atenas.
Dato fragmentario onde se citan os personaxes de Demetrio, Casandro, os Ptolomeos e a cidade de Calcis.
Unha das cuestións destacábeis é que a crónica ofrece moitos datos sobre a fundación de diversos Xogos Panhelénicos e outros xogos e festivais helénicos pero con todo, non hai datos sobre os Xogos Olímpicos.
↑O texto engade que con iso liberaron a Atenas dos Pisistrátidas, pero isto era un erro moi difundido posto que o poder efectivo era exercido por Hipias, o irmán de Hiparco.
↑A cronoloxía máis aceptada, en cambio, sitúa a Estesícoro entre os séculos -VII e -VI. Tratouse de explicar a datación deste poeta na Crónica de Paros sinalando a posibilidade de que o cronista coñecese a viaxe a Grecia do poeta pero descoñecese a súa data e quixese sincronizala cos grandes poetas tráxicos atenienses. Tamén se suxeriu que se podería tratar doutro poeta do mesmo nome que o máis coñecido Estesícoro: Marco Ercoles, La cronologia di Stesicoro e l’eclisse. Testimonianze letterarie e dati scientifici (en italiano)Arquivado 04 de xullo de 2019 en Wayback Machine., p.36, en revista «Prometheus» 34, 2008, 35-47.
↑Véxase Arriano, Anábase de Alexandre Magno IV,1,3. Supónse que esta cidade era Alexandría Escate que en realidade estaba na beira do río Iaxartes, un río que ao que parece era confundido por algúns co río Tanais.
↑Considérase que a data da eclipse de sol está equivocada, posto que a eclipse máis próxima tivo lugar en agosto do -310.
Véxase tamén
Bibliografía
José J. Caerols Pérez, Helánico de Lesbos: Fragmentos, pp. 287–289, Madrid: CSIC (1991), ISBN 84-00-07160-3.