Hiparco (gr.: Ἱππάρχος), nado en Atenas e finado na mesma cidade en -514, foi un dos Pisistrátidas e tirano de Atenas.
Traxectoria
Fillo máis novo de Pisístrato, Hiparco subiu ao poder xunto co seu irmán Hipias tras o falecemento do pai. Pouco se sabe da vida de Hiparco, pero segundo Tucídides, non era máis que un "fantoche" e o verdadeiro poder sustentábao o seu irmán Hipias. Mecenas dos artistas, Hiparco protexeu aos poetas Simónides de Ceos, Laso de Hermíone e Anacreonte, fixo construír unha importante biblioteca, apoiou os cultos mistéricos de Eleusis, e mandou recompilar os poemas de Homero[1].
En -514, foi asasinado polos tiranicidas Harmodio e Aristoxitón. Segundo Heródoto e Tucidides, Harmodio rexeitaría as propostas amorosas de Hiparco. Outras fontes sinalan que Hiparco impediu que a irmá de Harmodio participase na procesión das canéforas nas Panateneas, insinuando que non era virxe. Furioso, Harmodio, planeou a conxura contra Hiparco e Hipias, conxura que acabaría coa vida de Hiparco que foi apuñalado durante as Panateneas.
Ligazóns externas
- Hiparco (Ἱππάρχος), diálogo ficticio tradicionalmente atribuído a Platón e contado entre os seus diálogos platónicos.
- Texto francés, con introdución e anotacións neste idioma, no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): trad. de Victor Cousin; ed. en París. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
- Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar á tradución francesa de Cousin.
Notas
- ↑ Aristotle, The Athenian Constitution, Part 18