| Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo.
(Desde xaneiro de 2019.) |
Os climas secos (áridos e semiáridos) caracterízanse por presentar un volume de chuvias (precipitación) menor do que a taxa de evaporación e transpiración.
Características
Precipitación
O limiar entre precipitación e taxa de evaporación determínase da seguinte forma:
Para encontrar o limiar de precipitación (en milímetros), multiplícase a temperatura anual media en °C por 20, súmase entón 280 se o 70% ou máis da precipitación total ocorre na metade do ano de sol alto (de abril a setembro no Hemisferio Norte, ou de outubro a marzo no Hemisferio Sur), 140 se o 30%-70% da precipitación total fose recibida durante o período aplicable, ou 0 se menos do 30% da precipitación total fose recibida nese período. Se a precipitación anual fose menos de metade do limiar do Grupo B, será clasificado como BW (clima desértico) - se fose inferior ó limiar pero superior a metade deste, será clasificado como BS (clima de estepa). Pódese incluír unha terceira letra para indicar a temperatura. Inicialmente, h significaba un clima de latitude baixa (temperatura media anual por enriba dos 18 °C) ó paso que k significa un clima de latitude mediana (temperatura media anual inferior a 18 °C), pero a práctica máis común hoxe en día (especialmente nos Estados Unidos) é a utilización de h para significar que o mes máis frío ten un temperatura media superior a 0 °C (32 °F), e de k para significar que polo menos un dos meses ten unha temperatura media por baixo de 0 °C.
Exemplos:
Algunhas áreas de deserto, situadas ó longo das costas occidentais dos continentes en zonas tropicais ou semitropicais, caracterízanse por temperaturas máis baixas das que se poden encontrar noutros lugares en latitudes comparables (debido á veciñanza de correntes oceánicas frías) e por neboeiros e nubes baixas frecuentes. Isto a pesar do feito de se contaren entre os lugares máis secos da face da Terra en termos de precipitación recibida propiamente dita. Este clima é por veces rotulado como BWn e pódense encontrar exemplos en Lima (Perú) e en Walvis Bay, (Namibia). Por veces engádese unha cuarta letra para indicar se ben o inverno, ben o verán, son máis "húmidos" do que a outra metade do ano. Para se incluír nun dos dous grupos, o mes máis húmido deberá recibir polo menos 60 mm de precipitación media se tódolos doce meses estiveren por enriba dos 18 °C, ou 30 mm se tal non fose o caso; e polo menos o 70% da precipitación total deberá ocorrer na mesma metade do ano que o mes máis húmido, pero a letra utilizada indica cando a estación seca ocorre, non a "mollada".
Exemplos:
Os BWks e BSks non existen. Se non se cumprisen os criterios nin para w nin para s, non se engade ningunha cuarta letra.
Temperaturas
A temperatura media anual supera os 18 °C e a temperatura oscila uns 20 °C entre o día e a noite. Isto ten que ver coa pouca humidade da atmosfera, que fai que a terra se quente durante o día e se arrefríe pola noite.
Vexetación
A vexetación no clima desértico é escasa, baixa e dispersa. Deixa amplas superficies sen cubrición polo que o solo amosa area, pedras ou rochas.
Nas estepas, predominan as herbas baixas e os arbustos illados, e nos desertos, as plantas espiñentas, como os cactos. Tan só nos oasis, a presenza de auga permite unha vexetación abondosa, entre as que se atopa as palmeiras.
Fauna
A fauna dos desertos é escasa e pouco variada. Inclúe réptiles como as serpes e lagartos; insectos como os escaravellos; arácnidos como os escorpións; aves rapaces e mamíferos como os ratos, raposos, chacales, camelos, dromedarios e coiotes.
Véxase tamén
Outros artigos