Clan Wallace

Clan Wallace
Emblema
Lema: Pro libertate (Latín: Non esquecemos) (For liberty)[1]
Slogan: EISD O EISD
Perfil
Rexión Lowlands
Distrito Ayrshire e Renfrewshire
Planta emblema Carballo
Nome gaélico Uallas[1]
Xefe

Ian Wallace Of That Ilk
Xefe do Clan Wallace
Asentamento histórico Castelo de Craigie, Ayrshire
Torre Auchenbathie

O Clan Wallace (en escocés: Clann Uallas) é un clan escocés e está oficialmente recoñecido como Lord Lyon.[2] O máis famoso membro do clan foi o patriota escocés William Wallace de finais de século XIII e comezos do XIV.

Historia

Orixe do clan

A familia Wallace chegou a Escocia cunha familia de normandos no século XI.[3] David I de Escocia estaba ansioso por estender os beneficios da influencia normanda e concedeu doazóns ós nobres do sur. Entre eles atopábase Walter Fitzallan, a quen o rei escocés fixo o seu senescal en 1136.[3] Un dos seguidores de Fitzallan era Richard Wallace de Oswestry, que foi ó norte para tratar de mellorar a súa riqueza.[3] Oswestry localízase na fronteira galesa polo que é posible que o nome Wallace sexa unha variante de Le Waleis, que significa "galés".[3] Porén, mentres que é posible que os Wallace fosen orixinalmente bretóns de Gales,[2] que foron ó norte con David I de Escocia no século XI, outra teoría di que son bretóns que se asentaron en Strathclyde no século X.[2]

Lord Fitzallan recibiu do rei David terras en Ayrshire polo que foi alí onde se asentou o seu seguidor Richard Wallace.[3] A Richard Wallace concedéuselle o seu propio asentamento en Kyle.[3] Richard Wallace (Walensis) tivo terras en propiedade en Kilmarnock e foi un vasalo do Gran Senescal de Escocia polo 1160.[2] O seu neto foi Adam Walays, quen tivo dous fillos, e o maior deles sucedeuno como xefe de familia en Ayrshire.[2] O fillo máis novo de Adam foi Malcolm Wallace, que recibiu terras de Auchinbothie e Elderslie en Renfrewshire.[2]

Guerras de independencia de Escocia

Estatua de William Wallace, Dryburgh.
Artigo principal: William Wallace.

Durante as Guerras de independencia de Escocia, William Wallace e Andrew de Moray comezaron unha exitosa campaña contra os invasores ingleses.[2] En 1297, conseguiu unha gran e determinante vitoria sobre os ingleses na batalla da ponte de Stirling, despois do cal Wallace foi nomeado Gardían de Escocia.[2] Wallace tamén estivo ó mando na batalla de Falkirk en 1298, mais foi derrotado pola superioridade numérica inglesa.[2] Wallace foi capturado en Robroyston, preto de Glasgow, e entregado a Eduardo I de Inglaterra polo señor escocés Sir John Mentieth. Wallace foi sometido a xuízo no cal foi atopado culpable de traizón e foi colgado, afogado e despezado en Smithfield, Londres, en 1305.[2]

Tartán Wallas, segundo o publicado en 1842 polo Vestiarium Scoticum.

Notas

  1. 1,0 1,1 Clan Wallace Profile scotclans.com. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Way, George and Squire, Romily. (1994). Collins Scottish Clan & Family Encyclopedia. (Foreword by The Rt Hon. The Earl of Elgin KT, Convenor, The Standing Council of Scottish Chiefs). pp. 338 - 339.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Hendrie, Bill Fyfe. (1997). The Wallaces. Lang Syne Publishers Ltd. ISBN 1-85217-058-1.