A partir do topónimoAberbothenoth, que queda nunha península estreita na parte norte do río Bervie. "Aber" significa a entrada dun pequeno regato nunha corrente maior. "Aber" tamén pode significar "boca", como en Aberdeen. "Both" ou "Bothena" é unha residencia señorial. "Nethea" ten sido descrito como o fluxo que descende ou é inferior a outra cousa nos arredores.
Orixes do clan
Crese que as terras de Arbuthnott estaban en posesión da familia Swinton durante o reinado de Guillerme I de Escocia a través do casamento de Hugh coa filla de Osbert Olifard (ou Oliphant) "O Cruzado". O primeiro rexistro da familia co nome Arbuthnott é en 1355 con Philip de Arbuthnott.
Século XV e conflitos
ó redor do 1420, o fillo de Philip, Hugh, foi implicado no asasinato de John Melville de Glenbervie, shériff de Kincardineshire (Os Mearns). Melville era moi impopular cos propietarios de terras locais debido á súa interpretación estrita da lei. Albany, rexente na época de catividade de Xacobe I de Escocia, estaba canso das queixas contra o shériff e declarou: "sorrow gin that sheriff were sodden and supped in broo". Os propietarios de Mathers, Arbuthnott, Pitarrow e Halkerton tomaron isto como unha proposta para matar ó shériff. Eles convidárono a unha cacería no bosque de Garvock, onde foi emboscado e presuntamente matárono. Arbuthnott foi perdoado pola súa participación no asasinato. Morreu en 1446.
Século XVI
James Arbuthnott de Arbuthnott tivo unha Carta Real do baronato feudal de Arbuthnott o 29 de xaneiro de 1507. El casara, por contrato datado o 31 de agosto de 1507, con Jean, filla do señor John Stewart, 1º Conde de Atholl, un fillo de Sir James Stewart, "O Cabaleiro Negro de Lorn" coa súa esposa Xoana Beaufort, raíña viúva dos escoceses.[2]
Alexander Arbuthnot, un descendente da familia principal, foi unha figura importante da Igrexa de Escocia e Moderador da Asemblea Xeral da Igrexa de Escocia en 1577. En 1583 el foi convidado pola Asemblea Xeral a reclamar contra Xacobe VI de Escocia sobre varias "prácticas papistas" aínda permitidas polo rei. As súas queixas foron recibidas con desagrado polo rei e foi posto baixo arresto domiciliario en St Andrews. Este feito parece que tivo un efecto negativo sobre a súa saúde, xa que morreu á idade de 44 anos en 1583.
Século XVII e Guerra Civil
No axitado século XVII, os propietarios de terras contaban co favor real. Dous Arbuthnotts recibiron o título de Cabaleiro,[3] e en 1641, a fortuna do clan medrou cando Sir Robert Arbuthnot foi nomeado 1º Vizconde de Arbuthnott e Barón de Inverbervie por Carlos I de Inglaterra. A pesar deste favor do monarca, as simpatías de Lord Arbuthnot estaban en 1645 cos Covenanters, polo que as tropas reais, ó mando de James Graham, o 1º Marqués de Montrose, destruíron as propiedades de Arbuthnott..
O doutor John Arbuthnot, aínda que sen ser o xefe da familia, alcanzou o gran status. En 1705, tivo a sorte de estar nas carreiras de Epson cando o Príncipe Xurxo de Dinamarca, marido de Ana de Gran Bretaña adoeceu. Dr Arbuthnot foi levado ás présas onda el. O Príncipe recuperouse e Arbuthnot foi nomeado médico real. Co tempo converteuse nun confidente para a raíña e para un gran número das principais figuras do seu tempo. O doutor Samuel Johnson dixo unha vez que era "un home de gran comprensión, hábil na súa profesión, versado nas ciencias, familiarizado coa literatura antiga e capaz de animar a súa masa de coñecementos coa súa brillante e activa imaxinación "
Os membros do Clan Arbuthnott poden amosar o seu vencello co clan levando o emblema que contén o escudo heráldico e o lema.
Os membros tamén levan o tartán do clan. O tartán dos Arbuthnott tartan foi rexistrado polo Lord Lyon en 1962 e está inspirado no tartán da Black Watch.[4]
O clan hoxe
Número aproximado de membros por países: Reino Unido 350; USA 1,150; Canadá 220; Australia e Nova Zelandia 190; Suráfrica 85; Irlanda 120[6]
Terras ancestrais: A casa Arbuthnott e os arredores, uns 3.000 acres (12 km²), seguen a ser a residencia da familia hoxe.[7]
↑per Arbuthnott Family genealogist at www.arbuthnott.com – are wives of male Arbuthnotts included? husbands of female Arbuthnotts? children of female Arbuthnotts? those who adopted/rejected the name?