O Clan Campbell (en escocés: Clann Caimbeulach) é un clan escocés das Highlands. Historicamente un dos maiores, máis poderosos e exitosos clans das Terras Altas, as súas terras estaban en Argyll e o xefe do clan converteuse en Conde e despois Duque de Argyll.
Historia
Orixe
O máis antigo testemuño dun Campbell é Gilleasbaig de Menstrie (floruit 1260s), pai de Cailean Mór, de quen se pensa que os xefes do clan tomaron o seu título MacCailean Mór. O epítetokambel é tomado nesa época. Reconstrucións imaxinarias derivárono do castelánCampo Bello, pero a orixe máis probable é caimbeul, do irlandés ou gaélico escocés, que significa boca torta, para referirse a un home cuxa boca está inclinada cara a un lado.[3]
En canto ós antergos do Clan Campbell, hai boas evidencia de que teñen parentesco cos Mac Duibne, ou quizais cos Uí Duibne, e de que están relacionados coa figura mitolóxica gaélica de Diarmuid Ua Duibhne. Tamén se suxeriu que as propiedades iniciais da familia, arredor de Menstrie e Cowal, estaban relacionadas coa partición do Condado de Menteith en 1213, e que Gilleasbuig ben puido ser parente de Muireadhach I, conde de Menteith. As terras que rodean o Lago Awe, que máis tarde formarían o núcleo das súas posesións, non o foron nos primeiros anos.
Guerras de Independencia de Escocia
A familia de Colin Campbell pasou a converterse defensora firme do Rei Robert the Bruce e beneficiáronse dos seus éxitos con doazóns de terras, títulos e bos casamentos. Loitaron polos Bruce contra os ingleses na Batalla de Bannockburn en 1314, durante as Guerras de independencia de Escocia. Durante o século XIV, o clan Campbell ampliou as súas terras e poder. Isto debeuse á lealdade de Sir Niall Campbell (Niall mac Caile), á causa de Roberto I de Escocia(the Bruce) – unha lealdade que foi recompensada cun matrimonio coa irmá de Bruce, Mary.[3]
A familia estaba intimamente asociada cos Bruces e Stewarts no tempo de Cailean Mór e o seu fillo Sir Niall mac Cailein. Cailean Mór morreu na batalla contra o Clan MacDougall, inimigos dos Bruce e Stewart, e Sir Niall foi un fiel aliado do Rei Robert Bruce.
Castelo de Auchinbrec, hoxe desmantelado. Construído polos Campbells de Kilmichael Glassary, logo renomeado como Auchinbreck.
Tartáns
A pesar de haber fábricas que producen tecidos baseados no tartán Campbell, o xefe do clan recoñece só catro modelos como propios:
Campbell:[4] A Black Watch, estreada pola policía por primeira vez en 1695 para vixiar o contrabando de gando nas Highlands, tomando un papel importante nunha milicia de 1725 do Xeneral Wade (despois do acto da Unión en 1707). Todos os tartáns Campbell baséanse no tartán Black Watch. O tartán foi usado, e é de uso corrente para varias unidades militares de todo o Commonwealth.
Campbell de Breadalbane: Este tartán pode ser usado polos Campbells da póla Breadalbane, ou da Glenorchy.
Campbell de Cawdor: Este tartán pode ser usado polos Campbell de Cawdor.
Campbell de Loudoun: Este tartán pode ser usado polos Campbell de Loudoun.
O sexto Duque de Argyll engadiu unha liña branca a este tartán para distinguirse a si mesmo como Xefe do Clan.[5]