O Clan MacLeod (en escocés: Clann Mhic Leòid) é un clan escocés das Highlands asociado coa Illa de Skye. Hai dúas pólas principais do clan: os Macleods de Harris e Dunvegan, cuxo xefe é MacLeod de MacLeod, que son coñecidos en gaélico como Sìol Tormoid ("semente de Tormod"); e o MacLeods de Lewis, cuxo xefe é MacLeod de The Lewes, que son coñecidos en gaélico como Sìol Torcaill ("semente de Torcall"). Ámbalas dúas pólas din ser descendentes de Leòd, que viviu no século XIII.
Castelos asociados co clan
Tartán do clan
Tartán
|
Notas
|
|
Este é probablemente o máis instantaneamente recoñecible tartán dos Macleod. É coñecido como MacLeod de Lewis, roupa MacLeod e mesmo "Loud MacLeod". Non ten asociación identificable cos MacLeods de Lewis Macleods, e orixinalmente foi asociado coa familia Dunvegan. A máis antiga aparición do tartán é no Vestiarium Scoticum de 1842. O Vestiarium, composto e ilustrado por Sobieski Stuarts, é a fonte para moitos dos tartáns de hoxe en día. O tartán foi descrito por Sir Thomas Dick Lauder, nunha carta dirixida a Sir Walter Scott en 1829: "MacLeod (de Dunvegan) ten un bosquexo deste espléndido tartán, tres stryps negros sobre fondo amarelo". Crese que o xefe dos Macleod era un bo amigo de Sobieski Stuarts, xa que lle dera o bosquexo do tartán anos antes de que publicara a súa falsificación.[2] Un crítico contemporáneo do Vestiarium comparou o tartán Macleod cunha manta para cabalos.[3]
Hoxe, o tartán está rexistrado pola Autoridade Escocesa de Tartáns e o Rexistro Mundial de Tartáns Escoceses (ambos co #1272) co número de proceso “K32Y4K32Y48R4” e coas core negra 101010, vermella C80000 e dourado papoula D8B000.[4]
|
|
Este tartán é chamado ás veces MacLeod de caza ou MacLeod de Harris.[5] Foi publicado en numerosas coleccións de tartñán como The Scottish Gael de Logan (1831) e a de Smibert (1851). É unha variación do tartán Mackenzie usado por John Mackenzie en 1771, cando levaba o rexemento coñecido como "Lord Macleod's Highlanders". Os Mackenzies din ser herdeiros da xefatura dos Macleods de Lewis, despois da morte de Roderick en 1595. O tartán foi aprobado por Norman Magnus, XXVI xefe do Clan Macleod. Foi adoptado pola sociedade do clan en 1910.[6]
Hoxe, o tartán está rexistrado pola Autoridade Escocesa de Tartáns e o Rexistro Mundial de Tartáns Escoceses (ambos co #1583) co número de proceso “R6K4G30K20BL40K4Y8” e coas cores negra 101010, vermello C80000, dourado papoula E8C000, verde 006818 e azul 1474B4.[7]
|
Notas