Charlize Theron,[1] nada o 7 de agosto de 1975[2] en Benoni, Gauteng, Suráfrica é unha actriz, produtora e modelo surafricana[3] e estadounidense. É unha das actrices mellor pagadas do mundo, e ao longo da súa carreira recibiu varios galardóns, incluíndo un Premio Óscar, un Screen Actors Guild Award e un Globo de Ouro.[4][5][6] En 2016, a revista Time considerouna unha das 100 persoas máis influentes do mundo.
Theron acadou a fama internacional durante a década de 1990 en filmes como Pactar co demo (1997), Mighty Joe Young (1998) e As normas da casa da sidra (1999). Recibiu a aclamación da crítica intepretando a asasina en serie Aileen Wuornos en Monster (2003), o cal lle valeu un Oso de Prata e un Óscar á mellor actriz, converténdose na primeira surafricana en gañar un Óscar nunha categoría de interpretación. Recibiu outro nomeamento aos Óscar polo seu papel en En terra de homes (2005).
Traxectoria
Primeiros anos
Theron naceu en Benoni,[7] na antiga provincia surafricana de Transvaal e hoxe en día provincia de Gauteng. Filla única de Gerda Maritz[8] (tamén coñecida como Gerta)[9] e Charles Theron.[8] A súa nai posúe ascendencia alemá e o seu pai ascendencia francesa occitana e neerlandesa. A actriz é descendente dos primeiros colonos hugonotes e o seu tatara-tío foi Danie Theron,[10] quen tivo un papel importante na guerra anglo-bóer. Theron é un apelido occitano (orixinalmente escrito Théron) que se pronuncia en afrikaans como Tronn, malia que ela declarou en entrevistas que en Suráfrica o seu apelido pronúnciase como Thrown.[11] Cando se mudou aos Estados Unidos cambiou a pronunciación do seu apelido.
Aínda que fala inglés fluidamente, o seu idioma materno é o afrikaans.[12][13][14] Medrou na granxa dos seus pais en Benoni,[14] preto de Xohanesburgo. O seu pai morreu o 21 de xuño de 1991, despois de que a súa nai lle disparase. Charles Theron, quen era alcohólico, atacou fisicamente á súa nai e ameazou a ambas mulleres mentres estaba baixo os efectos do alcohol.[15] O xurado declarou que o homicidio foi en defensa propia e a súa nai foi absuelta de todos os cargos.[16][17]
Theron asistiu á escola primaria Putfontein (Laerskool Putfontein) e segundo as súas declaracións aqueles anos foron un período no que tivo problemas de integración.
Adoitaba usar lentes de nerd porque non podía ver e non gustaba aos rapaces. [...] Non tiña mozos, mais si moitos namoramentos [...] Non estaba no grupo dos populares. Na escola había unha rapaza moi popular e estaba obsesionada con ela [...] Unha vez chorei porque non puiden sentar xunto a ela [...] De feito recibín moita antipatía das rapazas malas entre os 7 e os 11 anos. Máis ou menos era un desastre na escola primaria. Cando ingresei na secundaria logrei sacar todo do meu sistema e era máis inmune a ese tipo de cousas.
[18]
Aos trece anos foi enviada a un internado e iniciou os seus estudos na National School of the Arts en Xohanesburgo.[19]
Filmografía
Premios
Notas
- ↑ Charlize Theron pronounces her name and surname in English. 7 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 18 de abril de 2017 – vía YouTube.
- ↑ "Monitor". Entertainment Weekly (1271). 9 de agosto de 2013. p. 22.
- ↑ Farber, Tanya. "Charlize defends her 'unique' American accent". IOL News. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2013. Consultado o 28 de febreiro de 2013.
I am a South African.
- ↑ "Nominee Profile 2020: Charlize Theron, “Bombshell”". www.goldenglobes.com (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "Charlize Theron’s film wins a Screen Actors Guild award on the road to the Oscars". TimesLIVE (en inglés). Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "Charlize Theron Awards". IMDb. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ Ayuso, Rocío (febreiro de 2008). "Charlize Theron, más que guapa". El País. Consultado o 5 de xaneiro de 2012.
- ↑ 8,0 8,1 Karsten (2009), páx. 16
- ↑ Karsten (2009), páx. 18.
- ↑ Karsten (2009), páx. 14.
- ↑ "Charlize Theron Interview" (en inglés). AClassCelebs.com. setembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2006. Consultado o 29 de decembro de 2011.
- ↑ "Charlize Theron - Charlize Keeps Her Afrikaan Roots" (en inglés). Contactmusic.com. setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ "Charlize Theron" (en inglés). People. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ 14,0 14,1 Thomson, David (agosto de 2006). "Charlize Theron: Falling angel" (en inglés). The Independent. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ Sewards, Lisa (marzo de 2009). "Charlize Theron: I stole bread to get my big break" (en inglés). Daily Mail. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ Morrison, Mark (decembro de 2011). "The amazing, low-key life of Charlize Theron" (en inglés). USA Today. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ Collins, David (decembro de 2011). "Charlize Theron opens her heart about single life" (en inglés). Mirror. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ Chi, Paul (27 de novembro de 2011). "Charlize Theron: I Was Teased By Mean Girls in High School" (en inglés). People. Consultado o 30 de decembro de 2011.
- ↑ Bellan, Lucile (maio de 2008). "Charlize Theron: Portrait" (en francés). Ecranlarge. Consultado o 30 de decembro de 2011.
Véxase tamén