Charles Stuart

Modelo:BiografíaCharles Stuart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1779 Editar o valor en Wikidata
Morte6 de novembro de 1845 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Highcliffe Castle, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ambassador of the United Kingdom of Great Britain and Ireland to the Russian Empire (en) Traducir
1841 – 1844
Embaixador do Reino Unido na França (pt) Traducir
1828 – 1831
Ambassador of the United Kingdom to the Netherlands (en) Traducir
1815 – 1815
Embaixador do Reino Unido na França (pt) Traducir
1815 – 1824
Embaixador do Reino Unido em Portugal (pt) Traducir
1810 – 1814
Membro do Consello Privado do Reino Unido
Membro da Cámara dos Lords
valor descoñecido
Ambassador of the United Kingdom of Great Britain and Ireland to Spain (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEton College
Christ Church College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorForeign Office (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBaron Stuart de Rothesay (en) Traducir (1828–1845) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElizabeth Margaret Stuart Stuart de Rothesay (1816–) Editar o valor en Wikidata
FillosCharlotte Stuart, Louisa Anne, Marchioness of Waterford Editar o valor en Wikidata
PaisCharles Stuart Editar o valor en Wikidata  e Louisa Bertie Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Stuart-2165

Charles Stuart, primeiro barón Stuart de Rothesay, nado o 2 de xaneiro de 1779 e finado o 6 de novembro de 1845, foi un aristócrata e diplomático británico, que exerceu como representante do seu goberno perante a Soberana Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, foi dúas veces embaixador na Francia posnapoleónica e tamén serviu como embaixador en Rusia entre 1841 e 1844.

Primeiros pasos

Stuart era fillo do Tenente Xeneral sir Charles Crichton-Stuart, fillo máis novo do primeiro ministro John Stuart, terceiro conde de Bute, e de Louisa, filla de Lord Vere Bertie, que era o fillo máis novo de Robert Bertie, primeiro duque de Ancaster e Kesteven. Foi educado no prestixioso Colexio Eton no Christ Church da Universidade de Oxford.[1]

Carreira diplomática

Comezo

Ingresou no servizo diplomático en 1801, sendo inmediatamente nomeado Secretario da Legación en Viena, posto que ocupou até 1804. Despois foi enviado a San Petersburgo e, en 1808, destinado á Coruña, ante a Xunta Suprema do Reino de Galicia, na parte de España libre, nese momento, da ocupación francesa.[1]

Diplomático en Galicia

O 16 de xuño de 1808 a Xunta Suprema do Reino de Galicia que, ante o cativerio de Fernando VII en Francia, se autoproclamara Soberana o anterior 31 de maio,[2] designou como representantes ou embaixadores perante a corte de San Xaime a Xoaquín Freire de Andrade e Francisco Bermúdez de Castro e Sangro:

"O Reino de Galicia congregado na cidade da Coruña por medio dos seus representantes reasumiu en si a Soberanía e toda a Autoridade Suprema do seu Rei, o Sr. D. Fernando VII, pola súa ausencia e detención en Francia, declarándose independente do actual Goberno de Madrid. Quedan coas armas na man os seus fillos e envía o cabaleiro D. Francisco Sangro como o seu enviado para os obxectos dos que V.E. quedará instruído.[3].[4]

As peticións que o reino de Galicia transmitía por medio dos seus delegados ao Reino Unido eran as seguintes:

  • Apoio militar a Portugal.
  • Auxilios de municións, víveres e diñeiro.
  • Liberdade de comercio desde Galicia a América do Sur, xa que a cuasa da ocupación de España por Francia, Iglaterra puxera cerco ao comercio que saíra dos portos españois ou entrara por eles.
  • Liberdade para os pesos españois en Inglaterra.
  • Posibilidade de que retornara a Galicia o exército que ao mando do Marqués de la Romana estaba en Dinamarca.

A resposta do goberno inglés foi plenamente satisfactoria, xa que se comprometeu a enviar a Portugal un exército ao mando do xeneral Wellesley, obrigouse a transportar o exército de Dinamarca, liberou os prisioneiros, asegurou a libre navegación e comezou a enviar municións e diñeiro e, ademais, o goberno británico desprazou a Galicia a sir Charles Stuart con carácter oficial de embaixador, que foi comisionado para apoiar á Xunta sublevada contra a invasión napoleónica.

Porén, os envíos de diñeiro tiñan, naturalmente, varias contrapartidas. Ademais da liberdade de comercio que conseguiu Inglaterra a partir dese momento, que facilitou a entrada masiva de lenzos ingleses con notábel prexuízo para a burguesía galega, as remesas de diñeiro, sen xuros, estaban ben aseguradas.[5] Nun documento datado o 29 de xullo de 1808 e transcrito por Díaz Otero podemos ler as condicións do empréstito:

"O Reino de Galicia, Potestade Suprema e Soberana súa, no nome da S.M. o Sr.D. Fernando VII, o seu rei lexítimo (...) preso e detido en Francia (...) declara: Ter recibido da S.M. o Sr. D. Xurxo III, rei do Reino Unido da Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, mediante a entrega do seu enviado Extraordinario o Cabaleiro Don Charles Stuart, arribado a este porto na fragata Algimene, a cantidade de oitocentos trinta e oito mil oitocentos oitenta e tres e tres cuartos pesos fortes, moeda de cuño español (...) que tivo a xenerosidade de emprestarlle sen interese e con calidade de reintegro (...) constitúe todos os Estados desta Monarquía, o seu Patrimonio Real e Rendas por garantía, obrigación e hipoteca xeral (...) e especialmente as deste Reino de Galicia, e por hipoteca especial asigna as rendas do tabaco e do sal deste mesmo Reino e as contribucións impostas ou que se impoñan a partir de agora."[6]

Do éxito da embaixada galega faise eco o historiador conde de Toreno:

"De Inglaterra chegaron tamén a Galicia prontos e cuantiosos auxilios. O seu deputado D. Francisco Sangro foi honrado e obsequiado por aquel Goberno, e remitíronselle libres á Coruña os prisioneiros españois que xemían dende había anos nos pontóns británicos. Arribou ao mesmo porto Sir Charles Stuart, primeiro diplomático inglés, que nesa calidade pisou o chan español. A Xunta (de Galicia) esmerouse en agasallalo e darlle probas da súa constante arela por estreitar os vencellos de alianza coa S.M.B."[7][8]

Ao desembarcar na Coruña sir Charles Stuart levou a noticia de que foran postos en liberdade e que serían conducidos a España todos os prisioneiros capturados no sitio de Buenos Aires, que xemían nos pontóns anclados no Támese. Precedido da fama daquelas probas da alianza e xenerosidade británicas, o comisionado foi recibido en triunfo polos habitantes da Coruña, ávidos de mostrarlle á súa gratitude e a súa alegría.[9]

Durante o seu destino como embaixador en España (realmente en Galicia) a súa actuación foi indispenásbel para o duque de Wellington.[10]

Embaixador nas cortes europeas

Stuart serviu como embaixador extraordinario e ministro plenipotenciario en Portugal e no Brasil entre 1810 e 1814. Despois da caída de Napoleón en 1815, foi brevemente embaixador nos Países Baixos entre febreiro e maio dese ano. A petición do xeneral Wellington foi nomeado embaixador británico en Francia. Durante os Cen Días abandonou París cara a Bruxelas, onde se encontraba ao inicio da batalla de Waterloo; durante a súa estadía na capital belga asistiu ao Baile da duquesa de Richmond.[10] Despois da definitiva caída de Napoleón, acompañou ao exiliado rei francés Lois XVIII de volta a París e converteuse de novo en embaixador británico alí, até 1824. Desde 1825 a 1826 foi unha vez máis nomeado embaixador en Portugal e no Brasil. En 1825 foi creado conde de Machico por Xoán VI de Portugal e, en 1826, marqués de Angra no Brasil por María II de Portugal. Así mesmo, foi cabaleiro da Orde da Torre e a Espada.[1]

En 1825 o rei Xoán VI nomeou a Stuart o seu plenipotenciario con poderes para negociar e asinar un tratado sobre o recoñecemento da independencia do Brasil con respecto ao Reino Unido de Portugal, o Brasil e o Algarve. Investido dos poderes, Stuart asinou o tratado recoñecendo a independencia brasileira o 29 de agosto de 1825, e o 15 de novembro do mesmo ano o rei de Portugal ratificou o tratado.

O 22 de xaneiro de 1828 foi novamente nomeado embaixador en París e, o mesmo día, elevado ao título nobiliario de barón Stuart de Rothesay, da illa de Bute (Escocia).[11] Continuou como embaixador en Francia até 1831, data en que deixou o servizo diplomático.

Porén, en 1841 foi nomeado embaixador en Rusia, posto que ocupou até 1844, en que a abandonou a cuasa dunha enfermidade.

Vida familiar

Elizabeth, a esposa de Charles Stuart, e as súas fillas Charlotte e Louisa.
Cadro pintado en París por George Hayter, 1830.
Castelo de Highcliffe.

O 6 de febreiro de 1818 Stuart casou con Elizabeth Margaret Yorke, filla de Philip Yorke, terceiro conde de Hardwicke, coa que tivo dúas fillas:

  • Charlotte Stuart (1817–1861), que foi esposa de Charles Canning, primeiro conde Canning.
  • Louisa Stuart (1818 - 1891), que foi esposa de Henry Beresford, terceiro marqués de Waterford.

Xubilado antecipadamrnte do servizo diplomático en 1831, Stuart mandou construír unha nova casa familiar. En 1830 comprara un terreo en Highcliffe, Dorset, que previamente fora dos seus antepasados e que vendera o seu pai. Entre 1831 e 1835 construíuse o castelo de Highcliffe,[12] unha masión de estilo neogótico.

En 1844, debido a problemas de saúde, regresou a Inglaterra, deixando a embaixada de San Petersburgo e retirándose ao seu castelo de Highcliffe, no que morreu o 6 de novembro de 1845, aos 66 anos de idade.[12] Ao non ter ningún herdeiro masculino, o título de barón Stuart de Rothesay extinguiuse coa súa morte. Foi enterrado na igrexa de St Mark, Highcliffe, e o seu monumento mortuorio aínda pode verse hoxe alí.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 thepeerage.com Charles Stuart, 1st and last Baron Stuart de Rothesay (Charles Stuart, 1º e último barón Stuart de Rothesay en The Peerage.com (en inglés)
  2. Díaz Otero, Antón (1981): Orígenes, estructura y evolución de la Junta Suprema de Galicia, 1808-1813. Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, pro ms., pp. 45-46.
  3. "El Reyno de Galicia congregado en la ciudad de La Coruña por medio de sus representantes ha reasumido en sí la Soberanía y toda la Autoridad Suprema de su Rey el Sr. D. Fernando VII, por su ausencia y detención en Francia, habiéndose declarado independiente del acual Gobierno de Madrid. Quedan con las armas en la mano sus hijos y envía al caballero D. Francisco Sangro como su enviado para los objetos de que V.E. quedará insturuido".
  4. Díaz, Op. cit. p. 162.
  5. Barreiro (1982), p. 59.
  6. "El Reyno de Galicia, Potestad Suprema y Soberana de él, en nombre de S.M. el Sr. D. Fernando VII, su rey legítimo (...) preso y detenido en Francia (...) declara: Haber recibido de S.M. el Sr. D. Jorge III, rey del Reyno Unido de la Gran Bretaña, Escocia e Irlanda, por entrega de su enviado Extraordinario el Caballero Don Carlos Stuart arribado a ete puerto en la fragata Algimene, la cantidad de ochocientos treinta y oho mil ochocientos ochenta y tres y tres cuartos peos fuertes, moneda de cuño español (...) que ha tenido la generosidad de prestarle sion interés y con calidad de reintegro (...) constuituye todos los Estados de esta Monarquía, su Patrimonio Real y Rentas por garantía, obligación e hipoteca general (...) y señaladamente las de este Reyno de Galicia, y por hipoteca especial asigna las rentas del tabaco y la sal de este mismo Reyno y las contribuciones impuestas o que se impongan en lo sucesivo".
  7. "De Inglaterra llegaron también a Galicia prontos y cuantiosos auxilios. Su diputado D. Francisco Sangro fue honrado y obsequido por aquel Gobierno, y se remitieron libres a La Coruña los prisioneros españoles que gemían hacía años en los pontones británicos. Arribó al mismo puerto Sir Charles Sutart, primer diplomático inglés que en calidad de tal pisó el suelo español. La Junta (de Galicia) se esmeró en agasajarle y darle pruebas de su constante anhelo por estrechar los vínculos de alinza y amistad con S.M.B".
  8. Conde de Toreno: Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808), pp. 61-62.
  9. Gómez de Arteche, José (1868): Guerra de la Independencia: Historia militar de España de 1808 á 1814, Volumen 1, p. 384.
  10. 10,0 10,1 De Ros, Georgiana, Dowager Lady (xullo de 2005): "Personal Recollections of the Duke of Wellington" Arquivado 17 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. en The Regency Library. (en inglés)
  11. The London Gazette: nº 18433. p. 122. 18 January 1828.
  12. 12,0 12,1 Lord Stuart de Rothesay Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. en Highcliffe Castle. (en inglés)

Véxase tamén

Bibliografía

Read other articles:

Bulu tangkis ganda putri pada Pesta Olahraga Asia 2022LokasiGimnasium BinjiangLokasiHangzhou, TiongkokTanggal3–7 OktoberPeserta27 dari 15 negaraPeraih medali  Chen QingchenJia Yifan Tiongkok Baek Ha-naLee So-hee Korea Selatan  Kim So-yeongKong Hee-yong Korea Selatan Yuki FukushimaSayaka Hirota Jepang ← Jakarta 2018Aichi–Nagoya 2026 → Turnamen bulu tangkis ganda putri pada Pesta Olahraga Asia 2022 diselenggarakan ...

 

Deltras FCLogo deltras football clubNama lengkapDeltras Football ClubJulukanThe LobsterLaskar UdangBerdiri11 April 1989, sebagai Gelora DewataStadionStadion Gelora Delta, Sidoarjo(Kapasitas: 40.000)Pemilik MafirionPresiden/CEO Amir BurhannudinManajer Dian FelaniPelatih Widodo Cahyono PutroAsisten Pelatih Nurul Huda Muhammad KusenLigaLiga 2 IndonesiaLiga 3 2018Peringkat 4Situs webSitus web resmi klubKelompok suporterDeltamania Kostum kandang Kostum tandang Delta Raya Sidoarjo Football Clu...

 

الدوري العراقي الممتاز الموسم 2014-2015 البلد العراق  النسخة 41  عدد الفرق 20   الفائز نادي نفط الوسط  الوصيف نادي نفط الوسط  الفرق الصاعدة نادي نفط الوسط العراقي نادي الحدود العراقي نادي الكهرباء العراقي نادي السليمانية العراقي الفرق الهابطة نادي السليمانية العرا...

For related races, see 2020 United States gubernatorial elections. 2020 North Carolina gubernatorial election ← 2016 November 3, 2020 2024 → Turnout75.35% 6.37pp   Nominee Roy Cooper Dan Forest Party Democratic Republican Popular vote 2,834,790 2,586,605 Percentage 51.52% 47.01% County results Congressional district results Precinct resultsCooper:      40–50%      50–60%      60–7...

 

Karel ČapekLahir(1890-01-09)9 Januari 1890Malé Svatoňovice, Bohemia, Kerajaan Austria-Hungaria (sekarang Republik Ceko).Meninggal25 Desember 1938(1938-12-25) (umur 48)PekerjaanpenulisSuami/istriOlga ScheinpflugováTanda tangan Karel Čapek (pelafalan Ceko: [ˈkarɛl ˈtʃapɛk] simakⓘ; 9 Januari 1890 – 25 Desember 1938) adalah penulis Ceko pada abad ke-20. Biografi Lahir pada tahun 1890 di sebuah desa pegunungan di Bohemia, Malé Svatoňovice, dari seorang...

 

Vilayet di KastamonuVilayet di Kastamonu - LocalizzazioneIl vilayet di Kastamonu nell'anno 1900 Dati amministrativiNome completoVilâyet-i Kastamuni Nome ufficialeولايت قسطمونى Lingue ufficialiturco ottomano Lingue parlateturco, greco CapitaleKastamonu Dipendente daImpero ottomano PoliticaForma di StatoVilayet Forma di governoVilayet elettivo dell'Impero ottomano Capo di StatoSultani ottomani Nascita1864 Fine1923 Territorio e popolazioneBacino geograficoTurchia Massima estensione5...

Sanjak of InebahtiOttoman Turkish: Liva-i InebahtiSanjak of the Ottoman Empire1499–1821/1829Central Greece in the early 19th century, showing the sanjak of Inebahti (Lepanto) in the lower imageCapitalNaupaktos (Inebahti/Aynabahti, Lepanto)History • Established 1499• Greek War of Independence 1821/1829 Preceded by Succeeded by Republic of Venice Sanjak of Tirhala First Hellenic Republic Today part ofGreece The Sanjak of Inebahti or Aynabahti (Ottoman Turkish: Sancak-i/Liv...

 

SummerSlam 2007Main event John Cena contre Randy OrtonSlogan La fête est finieThème musical Whine UpInformationsFédération World Wrestling EntertainmentDivision Raw, SmackDown et ECWSponsor THQDate 26 août 2007Spectateurs 17,242 personnesTéléspectacteurs 17 441 personnesLieu Continental Airlines ArenaVille(s) East Rutherford, New JerseyChronologie des événementsThe Great American Bash 2007Unforgiven 2007Chronologie des SummerSlamSummerSlam 2006SummerSlam 2008modifier - modifier le c...

 

17th-century Catholic martyrs Martyrs of NatalMonument to the martyrs in São Gonçalo do Amarante, BrazilDied16 July 16453 October 1645, Cunhaú, Rio Grande do Norte, BrazilUruaçu, Rio Grande do Norte, BrazilVenerated inRoman Catholic ChurchBeatified5 March 2000, Saint Peter's Square, Vatican City, by Pope John Paul IICanonized15 October 2017, Saint Peter's Square, Vatican City, by Pope FrancisFeast3 OctoberAttributesPalm branchPatronageRio Grande do Norte[1]Notable martyrsAndré de...

Not to be confused with lysine. For other uses, see Lysin (disambiguation). Lysozyme-like phage lysinCrystal structure of the modular CPL-1 endolysin from Streptococcus phage Cp-1 complexed with a peptidoglycan analogue. PDB entry 2j8g.[1]IdentifiersEC no.3.2.1.17CAS no.9001-63-2 DatabasesIntEnzIntEnz viewBRENDABRENDA entryExPASyNiceZyme viewKEGGKEGG entryMetaCycmetabolic pathwayPRIAMprofilePDB structuresRCSB PDB PDBe PDBsumGene OntologyAmiGO / QuickGOSearchPMCarticlesPubMedarticlesNC...

 

بلدة هندرسون الإحداثيات 44°12′18″N 85°39′18″W / 44.205°N 85.655°W / 44.205; -85.655   [1] تقسيم إداري  البلد الولايات المتحدة[2]  التقسيم الأعلى مقاطعة ويكسفورد  خصائص جغرافية  المساحة 36.1 ميل مربع  ارتفاع 414 متر  عدد السكان  عدد السكان 183 (1 أبريل 2020)[3]...

 

Questa voce o sezione sull'argomento politici cambogiani non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Hun Sen Primo ministro della CambogiaDurata mandato30 novembre 1998 –22 agosto 2023 PredecessoreUng Huot SuccessoreHun Manet Durata mandato14 gennaio 1985 –2 luglio 1993 PredecessoreChan Sy SuccessoreNorodom Ranariddh V...

The history of the Royal Air Force, the air force of the United Kingdom, spans a century of British military aviation. The RAF was founded on 1 April 1918, towards the end of the First World War by merging the Royal Flying Corps and the Royal Naval Air Service. After the war, the RAF was greatly reduced in size and during the inter-war years was used for policing operations in the British Empire. The RAF underwent rapid expansion prior to and during the Second World War. During the war it wa...

 

Pour les articles homonymes, voir Koweït (homonymie). État du Koweït(ar) دولة الكويت / dawlat al-kuwayt Drapeau du Koweït Emblème du Koweït Hymne en arabe : لنشيد الوطني (Al-Nasheed Al-Watani, « Hymne national ») Fête nationale 25 février · Événement commémoré Accession au trône d’Abdullah Al-Sabah (1895) Administration Forme de l'État Monarchie constitutionnelle héréditaire et unitaire à régime parlementaire Émi...

 

Governor of Guam since 2019 Lou Leon GuerreroGuerrero in 20189th Governor of GuamIncumbentAssumed office January 7, 2019LieutenantJosh TenorioPreceded byEddie CalvoSenator of the Guam LegislatureIn officeJanuary 1, 2001 – January 1, 2007In officeJanuary 2, 1995 – January 4, 1999 Personal detailsBornLourdes Aflague Leon Guerrero (1950-11-08) November 8, 1950 (age 73)GuamPolitical partyDemocraticSpouseJeffrey CookChildren2ResidenceGovernment HouseEducationCaliforn...

Pour les articles homonymes, voir Siège de Tournai. Cet article est une ébauche concernant un conflit armé et le royaume de France. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Siège de Tournai Informations générales Date 23 juillet - 25 septembre 1340 Lieu Tournai (France) Issue Victoire française Belligérants Royaume de France Royaume d'Angleterre Duché de Brabant Duché de Gueldre Duché de Julier...

 

Questa voce o sezione sull'argomento Medici è priva o carente di note e riferimenti bibliografici puntuali. Sebbene vi siano una bibliografia e/o dei collegamenti esterni, manca la contestualizzazione delle fonti con note a piè di pagina o altri riferimenti precisi che indichino puntualmente la provenienza delle informazioni. Puoi migliorare questa voce citando le fonti più precisamente. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Felix Formento, Jr. Felix Formento, Jr. (New Or...

 

This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Nobel Committee – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2020) (Learn how and when to remove this message) Two of the Nobel Committees, those for physics and chemistry, as well as the Prize Committee for economics, are located at the Royal Swedish Academy of Sciences. The Nobel Committee for ...

Questa voce o sezione sull'argomento siti archeologici di Israele non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Cesarea marittimaTeatro romano di Cesarea marittimaCiviltàCiviltà romana UtilizzoCittà e porto EpocaI secolo a.C. LocalizzazioneStato Israele DistrettoHaifa Altitudine20 m s.l.m. AmministrazioneSito webwww.parks.org.il/en/reserve...

 

For the North Devon village of Lee near Ilfracombe, see Lee Bay. Village and civil parish in the North Devon district of Devon, England Human settlement in EnglandBerrynarborBerrynarborLocation within DevonOS grid referenceSS5647Shire countyDevonRegionSouth WestCountryEnglandSovereign stateUnited KingdomPost townIlfracombePostcode districtEX34PoliceDevon and CornwallFireDevon and SomersetAmbulanceSouth Western UK ParliamentNorth Devon List of places UK England De...