Charles Pic
Charles Pic, nado en Montélimar o 15 de febreiro de 1990, é un piloto de carreiras francés. Competiu no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012 co equipo Marussia. TraxectoriaPic tivo unha exitosa carreira no karting, gañando campionatos menores, carreiras individuais e a piques de gañar o Campionato de Europa ICA Júnior. Fórmula RenaultPic correu na Fórmula Renault Campus en Francia en 2006, onde terminou terceiro. En 2007 Pic correu no Championnat de Francia de Fórmula Renault 2.0 e Eurocup Formula Renault 2.0, e terminou cuarto na serie francesa e terceiro no campionato. Formula Renault 3.5 SeriesFoi contratado para pilotar na Formula Renault 3.5 Series no equipo Tech 1 Racing a comezos de 2008.[1] Co seu compañeiro Julien Jousse, terminaron sextos no campionato con dúas vitorias en Circuíto de Mónaco, dominaron a fin de semana, coa pole posición e a volta máis rápida, no Circuíto de Le Mans. En 2009 continuou na serie con Tech 1, empezando de xeito vergoñoso, cando abandonou na volta de arrequecemento en Barcelona. Recuperouse do lento comezo da tempada, ao gañar dúas carreiras en Silverstone e Nürburgring, e terminou terceiro no campionato. En 2009 tamén formou parte do Renault Driver Development.[2] GP2 SeriesCharles Pic debutou na GP2 na tempada 2011 de xeito inmellorable, conseguindo gañar a súa primeira carreira no Circuíto de Cataluña. No entanto, non puido brillar máis o resto do ano, sumando unha pole position e un podio como mellor resultado. En 2011, Pic fichou polo Barwa Addax Team, xunto con Giedo van der Garde. e completou a súa mellor tempada na categoría, logrando dúas vitorias, Cataluña e Mónaco e outros dous podios que lle permitiron acabar en 4ª posición na clasificación xeral do campionato, tres puntos por diante de Van der Garde. Fórmula UnEn novembro de 2011, Pic fixo o seu debut ao volante dun coche de Fórmula Un, participou nos tests de novos pilotos celebrado no Circuíto de Yas Marina de Abu Dabi con Marussia Virgin Racing.[3] Durante a proba, varias fontes de noticias informaron que Pic chegara a un acordo para correr co equipo no 2012.[4][5] Logo da conclusión do Gran Premio do Brasil de 2011 confirmouse que efectivamente Pic sería o compañeiro de Timo Glock en 2012.[6] Marussia (2012)![]() Logo da conclusión do Gran Premio do Brasil de 2011 confirmouse que Pic sería o compañeiro de Timo Glock en Marussia F1 en 2012.[7] Tamén se confirmou que Pic sería apadriñado polo expiloto de F1 e compatriota Olivier Panis[8] No Gran Premio de Hungría de 2012 informouse dunha pelexa entre Pic e o seu compañeiro de equipo logo de que Pic bloqueara a Glock durante a cualificación.[9] Pic terminou a carreira no posto 20º. En Bélxica Pic marcou o mellor tempo nos adestramentos libres 2. Pic terminou a tempada 21º na clasificación xeral de pilotos. Caterham (2013)![]() En novembro de 2012 anunciouse que Pic asinara un contrato de varios anos co equipo Caterham con motor Renault, xunto co ex compañeiro de equipo na GP2 e o novato na F1 Giedo van der Garde que foi confirmado máis tarde como seu compañeiro. Pic debutou con Caterham no Gran Premio de Australia de 2013, terminando no posto 16º. O 21 de xaneiro de 2014, o director do equipo de Caterham, Cyril Abiteboul confirmou que Pic non estaría pilotando para Caterham en 2014:
Resultados completos na Fórmula 1
* Tempada en curso Notas
Véxase taménLigazóns externas |