Charles Greeley Abbot

Modelo:BiografíaCharles Greeley Abbot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1872 Editar o valor en Wikidata
Wilton, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Riverdale Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaFort Lincoln Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Secretary of the Smithsonian (en) Traducir
1928 – 1944 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWashington, D.C. Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts - graduado en ciencias, Mestrado en ciencias
Phillips Academy Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstrofísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, astrofísico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Smithsoniano Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLillian Elvira Moore Abbot Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Who Was Who Among North American Authors, 1921-1939 (1976 ed.) (en) Traducir, (p.1)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 152603428 Editar o valor en Wikidata

Charles Greeley Abbot, nado o 31 de maio de 1872 e finado o 17 de decembro de 1973, foi un astrofísico e astrónomo estadounidense, secretario da Smithsonian Institution entre 1928 e 1944.

Traxectoria

Abbot naceu en Wilton, Nova Hampshire gradouse na Phillips Academy en 1891 e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1894, en física química. Samuel Pierpont Langley procuraba un axudante para o Smithsonian Astrophysical Observatory (SAO) e escolleu a Abbot en 1895 pola súa experiencia en traballo de laboratorio malia a súa inexperiencia en astronomía.

Langley especializouse en experimentos aeronáuticos, mentres Abbot actuaba de feito como o director do observatorio desde 1896. Á morte de Langley en 1906 Abbot converteuse no director. Abbot desenvolveu unha técnica para obter un valor máis axeitado para a constante solar, establecéndoa en 1.93 cal/cm²/min (1353 w/m². é o valor actual). Abbot deseñou e construíu aparellos para medir a radiación solar, como un bolómetro que serviu para medir o interior da coroa solar no eclipse de 1900 en Wadesboro, Carolina do Norte.

Estudos

Charles G. Abbot en 1934

Abbot, como Langley, pensaba que a radiación solar era variable e que esa variabilidade podía alterar o tempo. Investigou na procura desas variacións, agardando que se puideran utilizar nas predicións meteorolóxicas e mesmo pensou que as detectara, dunha orde do 3 ó 10%. Non obstante as investigacións modernas indican que non existe esa variabilidade, agás pequenas variacións debidas ás manchas e erupcións solares. Abbot completou o mapa do espectro infravermello solar, tamén estudou a natureza da transmisión atmosférica e da absorción.

Un cráter da Lúa leva o seu nome.

Véxase tamén

Ligazóns externas