Centro de procesamento de datos![]() Un data center (do inglés "centro de datos") ou centro de procesamento de datos é unha instalación onde se concentran todos os recursos necesarios para o procesamento da información dunha organización. Ditos recursos consisten esencialmente nunhas dependencias debidamente acondicionadas (con refrixeración, sistemas anti-incendios, UPS etc.), computadoras e redes de comunicacións. Os centros de proceso de datos adóitanse denominar polo seu acrónimo CPD. Como o seu nome implica, un centro de datos pertence a unha organización, que o emprega para procesar os datos precisos para as súas operacións. Un banco, por exemplo, pode dispor dun centro de datos nos que manteña toda a información das contas bancarias dos seus clientes e que realice todas as transaccións necesarias. Practicamente toda compañía de mediano tamaño para riba dispón dalgún tipo de centro de datos e as máis grandes poden ter ducias deles. A maioría das grandes cidades contan con edificios destinados a funcionar como centros de datos en lugares seguros preto dos servizos de telecomunicacións. Dado que a información é un aspecto crucial da maioría das operacións dunha organización, estas tenden a protexer ben os seus datos. Por iso os centros de datos se deseñan moi ben, de maneira que se garantan a integridade e funcionalidade dos seus sistemas. Isto lógrase mediante a súa distribución física e lóxica. Distribución físicaUn centro de procesamento de datos pode ocupar un cuarto dun edificio, un ou máis andares ou o edificio completo. A maior parte do equipamento consiste en servidores montados en armarios, colocados normalmente en fileiras que formas corredores entre eles, permitindo así acceder á súa parte posterior e anterior. Algúns equipos, como os computadores mainframe e os dispositivos de almacenamento son moitas veces tan grandes como os armarios mesmos e colócanse cabo deles. O contorno físico do centro de datos mantense normalmente baixo un control estrito:
Infraestrutura de redesAs comunicacións nos centros de datos baséanse normalmente en redes que empregan o conxunto de protocolos TCP/IP. Os routers e switches encárganse do tráfico entre os servidores e co mundo exterior. Establécese certa redundancia obtendo as conexións de rede de varios distribuidores. Algúns dos servidores dos centros de datos encárganse dos servizos básicos de Internet e da intranet (correo electrónico, proxies, servidores de DNS etc. Teñen especial importancia os elementos de seguridade de rede: devasas, pasarelas VPN, sistemas de detección de intrusións etc. A rede e as aplicacións contrólanse continuamente, ás veces dende fóra do centro de datos por se se producen fallos na comunicación. |