RouterUn router ou encamiñador[1] é un equipo usado para a comunicación entre diferentes redes de computadores. Este equipamento prové da comunicación entre computadores distantes entre si e mesmo con protocolos de comunicación diferentes. CaracterísticasOs routers son dispositivos que operan na capa 3 do modelo OSI de referencia. A principal característica dos enrutadores é seleccionar o porto máis apropiado para pasar os paquetes recibidos; ou sexa, encamiñar os paquetes polo mellor camiño dispoñible para un determinado destino. ![]() FuncionamentoOs encamiñadores inician e fan a manutención de tabelas de rutas executando procesos e protocolos de actualización de rutas, especificando os enderezos e os dominios de encamiñamento, atribuíndo e controlando métricas de encamiñamento. O administrador pode facer a configuración estática das rutas para a propagación dos paquetes ou a través de procesos dinámicos executando nas redes. Os encamiñadores pasan adiante os paquetes baseándose nas informacións contidas na tabela de encamiñamento. O problema da configuración das rutas estáticas é que, de haber algunha alteración na rede que afecte esa ruta, o administrador debe refacer a configuración manualmente. A obtención de rutas dinámicas é diferente. Despois de que o administrador faga a configuración a través de comandos para iniciar o encamiñamento dinámico, o coñecemento das rutas actualizarase automaticamente sempre que se reciban novas informacións a través da rede. Esa actualización faise a través do intercambio de coñecemento entre os encamiñadores de rede. Protocolos de encamiñamentoSon protocolos que serven para intercambiar informacións de construción dunha tabela de encamiñamento. É importante resaltar a diferenza entre protocolo de encamiñamento e protocolo encamiñado.
Exemplo de protocolo de encamiñamento: RIP e IGRP. Notas
Véxase taménOutros artigos |