Casa da Moeda de West Point

Casa da Moeda de West Point
US Mint


Edificio da
Casa da Moeda de West point

TipoEstablecemento público de carácter industrial e comercial
Fundación1937
MatrizCasa da Moeda dos Estados Unidos
LocalizaciónWest Point
Nova York
Estados Unidos de América Estados Unidos.
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas e medallas.
Notas
Marca de ceca: W.
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de West Point (en inglés: West Point Mint) é unha fábrica de moeda estadounidense establecida en 1937 como depósito de metais preciosos e convertida despois nunha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos. Localízase en West Point, Nova York, preto da Academia Militar dos EEUU.[1][2][3][4]

Nalgún momento chegou a ter a maior concentración de prata de todas as casas de moeda do país. Durante 12 anos dedicouse principalmente á cuñaxe de moedas circulantes dun centavo, aínda que máis recentemente se ocupa case en exclusiva da fabricación de moedas conmemorativas e de investimento, así como á almacenaxe de ouro.[2][4][5]

Aínda que o seu establecemento data de 1937 como depósito de metais preciosos (co nome de West Point Bullion Depository), non foi ata o 31 de marzo de 1988 cando se constituíu como unha das ramas da Casa da Moeda dos Estados Unidos. As súas instalacións están incluídas no Rexistro Nacional de Lugares Históricos.[2][4][6]

Instalacións

Antes da súa remodelación de 2002, na que se lle engadiu un segundo andar ao edificio que duplicou a súa capacidade, a casa da moeda era unha estrutura de formigón armado cunha superficie de 4.000 metros cadrados e cunha cubrición plana, construída en 1937 segundo os deseños do arquitecto Louis A. Simon.[1] Os seus muros son sobrios e carentes de ornamentos, con algúns arcos nos accesos. Hai catro torres nas esquinas do edificio utilizadas para vixilancia. As instalacións están nun terreo de 1,6 hectáreas, con aparcadoiros para automóbiles a ambos os lados.[7][8]

Historia das súas emisións

Século XX

Logo do seu establecemento en 1937, a planta serviu para o almacenamento de lingotes de prata. Xa a principios da década de 1980, as súas cámaras acoirazadas albergaban tamén arredor de 20.000 millóns de dólares en ouro.[9]

Durante a segunda guerra mundial o establecemento tivo unha grande importancia grazas a un programa de 1942 mediante o cal lle facía préstamos de prata a outras institucións, como a Comisión da Enerxía Atómica, e tamén á industria e mesmo a outros países aliados.[1]

Á parte deste labor de almacenaxe, mesmo antes da súa vinculación orgánica á Casa da Moeda dos EEUU, West Point emitiu algunhas moedas para a súa circulación no país. De feito, xa entre 1973 e 1986 produciu moedas dun centavo co busto do presidente Lincoln; estas cuñaxes carecían de marca de ceca, de maneira que non se podían diferenciar das procedentes da ceca de Filadelfia, da que West Point actuaba como ceca de apoio.[1]

En 1976 encargouse tamén da cuñaxe de moedas dun cuarto de dólar conmemorativas do bicentenario da independencia dos Estados Unidos, para o que utilizou unhas novas prensas de maior capacidade de cuñaxe.[1]

En setembro de 1983 apareceu por primeira vez nunha moeda de West Point a súa propia marca de ceca: a súa letra inicial "W". Tratábase da moeda de ouro de 10 dólares conmemorativa dos Xogos Olímpicos de 1984, a primeira moeda de ouro estadounidense de curso legal emitida desde 1933.[10]

Anverso dos 10 centavos (dime) de 1996 coa marca de ceca "W"

En 1986, West Point foi a única planta na que se produciu a serie de moedas de ouro de investimento coñecida como American Gold Eagle, novamente sen marca de ceca.[11]

O 31 de marzo de 1988, o depósito de West Point (West Point Bullion Depository) reconverteuse nunha ceca formalmente recoñecida como unha das ramas da United States Mint.[1][12] A partir desta data continuaron as cuñaxes de series de moedas destinadas ao coleccionismo e ao investimento. Nos anos 90 comezou en West Point a emisión da serie de moedas de investimento en metais preciosos coñecida como American Silver Eagle, e en 1997 emitiuse a primeira moeda en platino en West Point, correspondente a esta serie.[1]

En 1996 produciuse unha emisión pouco habitual na Casa da Moeda de West Point: unha moeda de 10 centavos (un dime) co busto de Roosvelt que conmemoraba o 50º aniversario do seu deseño e do comezo da emisión, en 1946. Esta moeda inseriuse nos xogos anuais que a ceca lles vendía aos coleccionistas, do que se produciron arredor de 1.457 millóns de exemplares. Xa que logo, esta moeda, que leva a marca de ceca "W", aínda que se fixo só para os coleccionistas, non ten unha escaseza particular.[13]

En 2000 saíron da ceca de West Point as primeiras moedas bimetálicas; tratábase dunha emisión en ouro e platino conmemorativa da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, á que lle correspondeu unha parte dos beneficios da súa comercialización, como apoio aos programas divulgativos daquela institución.[14]

Século XXI

Dólar conmemorativo do bicentenario da Academia Militar de West Point (marca de ceca W).

En 2002, a veciña Academia Militar dos Estados Unidos de West Point celebrou o segundo centenario da súa fundación, feito que foi conmemorado pola casa da moeda coa emisión de moedas dun dólar de prata que amosaba uns gardas abandeirados no seu anverso e o casco de Atenea no seu reverso.[15]

En 2014, cuñouse en West Point unha moeda de medio dólar co busto de Kennedy no anverso, tanto en prata como en ouro de 24 quilates, coa marca de ceca "W", para conmemorar o 50º aniversario do inicio da posta en circulación desta moeda.[16]En 2015, a ceca de West Point sumouse á cuñaxe de moedas circulantes dun dólar da serie Sacagawea, aínda que a produción se limitou a 90.000 exemplares.[17] Nese mesmo ano emitiuse unha nova dime e tamén un dólar, coa marca "W", como parte dun conxunto de tres moedas como apoio a unha campaña de saúde infantil denominada March of Dimes; esta emisión reduciuse unicamente a 75.000 xogos.[18]

As primeiras moedas dun centavo que amosaron a marca de ceca "W" foron cuñadas en 2019, exclusivamente para incluír nas presentacións destinadas aos coleccionistas.[19][20]

O 2 de abril de 2019 a Casa da Moeda dos Estados Unidos anunciou que se cuñarían en West Point 10 millóns de moedas de cuarto dólar destinadas á circulación, coa marca de ceca "W", co ánimo de estimular a afección polo coleccionismo.[1][21][22][23]

Reverso dunha moeda de investimento da serie American Silver Eagle (marca de ceca W).

A Casa da Moeda de West Point produce todas as series American Eagle de moedas de investimento, tanto en ouro como en prata, en platino e en paladio, así como algunhas moedas conmemorativas en prata e en ouro.[11] Ademais, desta ceca saen, coa marca de ceca "W", outras series conmemorativas e de investimento, como é o caso da serie American Buffalo, que se cuña alí desde 2006.[24]

Nos últimos anos, as instalacións seguen a servir como depósito de lingotes de ouro, e a prata depositada alí non excede a cantidade da que se precisa para levar a cabo as cuñaxes que a ceca ten encomendadas. Debido á presenza de tanto ouro nos seus depósitos, a seguridade é moi alta e non se ofrecen visitas públicas.[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "U.S. Mint West Point Facility". United States Mint.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "West Point Mint... Strikes Millions of U.S. Silver Dollars Arquivado 26 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". US-Mint.info
  3. "West Point Mint: The Newest US Mint". U.S. Coin Values Advisor.
  4. 4,0 4,1 4,2 "West Point US Coin Mint". USA Coin Book.
  5. "54Million Ounces Of US Gold Located At West Point Arquivado 11 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". En The Daily Coin. 18 de abril de 2019.
  6. "US Bullion Depository, West Point, New York". National Register of Historic Places.
  7. "West Point Mint: Building". Currency Wiki.
  8. "West Point Mint - An Unusual US Mint". ITM Trading.
  9. Martínez Gallego, J. M. (2019). "Una mirada dentro de las enormes bóvedas de oro de la West Point Mint Arquivado 11 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". En Oro Información. 24 de abril.
  10. "Commemorative Coins of the United States". Professional Coin Grading Service.
  11. 11,0 11,1 Kampmann, U. (2009). "Bullion coins part 3: The American Eagle". En Coins Weekly. 14 de outubro.
  12. Lei do Congreso: Pub. L. 100-274.
  13. "1996-W Roosevelt Dime". Roosvelt Dimes. Guide to the Roosevelt Dime Coin Series.
  14. "Library of Congress Commemorative Bi-Metallic Ten Dollar Coin". United States Mint.
  15. "West Point Bicentennial Silver Dollar Arquivado 11 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". United States Mint.
  16. Roach, S. (2016). "What a 'perfect' gold Kennedy half sells for now Arquivado 11/12/2019, en Wayback Machine.". En Coin World. 11 de agosto.
  17. Gilkes, P. (2015). "Edge approaches differ on Enhanced Uncirculated dollars". En Coin World. 11 de setembro.
  18. "75th Anniversary March of Dimes Sets". Professional Coin Grading Service.
  19. "West Point Reverse Proof Penny". United States Mint.
  20. Gilkes, P (2019). "2019-W Lincoln cents available only as premiums Arquivado 11/12/2019, en Wayback Machine.". En Coin News. 1 de marzo.
  21. "U.S. Mint Announces W Mint Mark Circulating Quarter Collectible". United States Mint.
  22. "Ten Million Circulating 2019 Quarters To Carry West Point ‘W’ Mint Mark". En Coin News. 5 de abril de 2019.
  23. Gibbs, W. T. (2019). "2019-W quarter dollars continue to surface Arquivado 11/12/2019, en Wayback Machine.". En Coin World. 19 de abril.
  24. Kampmann, U. (2009). "Bullion coins part 4: American Buffalo". En Coins Weekly. 14 de outubro.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Lettgalliskalatgalīšu volūdaTalas i Lettland RysslandRegionLettgallen, Sēlija, Vidzeme, Sibirien, BasjkirienAntal talare150 000–200 000 (2009)[1]SpråkfamiljIndoeuropeiskaBaltoslaviskaBaltiskaÖstbaltiskaLettiskaLettgalliskaSkriftsystemLatinska alfabetetSpråkkoderISO 639‐3ltg Lettgalliska talas i regionen Lettgallen i östra Lettland. Det är omtvistat huruvida det är ett eget språk eller en lettisk dialekt.[2] Likväl är dess standardiserade form erkänd ...

 

Ini adalah nama Batak Toba, marganya adalah Simbolon. Bastian SteelBastian dalam acara Lintas ImajiLahirBastian Bintang Simbolon21 September 1999 (umur 24)Bandung, Jawa Barat, IndonesiaNama lainBastian SteelPekerjaanAktorpenyanyipresenterTahun aktif2008—sekarangKeluargaRomaria Simbolon (sepupu)Karier musikLabel Hits Records (2014–2019) Wander Digital Music (2021—sekarang) AnggotaTBA Bastian Bintang Simbolon, yang dikenal sebagai Bastian Steel (lahir 21 September 1999) mer...

 

King of Arabia and youngest of three Magi who visited Jesus SaintBalthazarBalthazar in The Adoration of the Three Kings by Girolamo da Santacroce, c. 1530[1]Three Magi, Three Kings, Three Wise MenVenerated inCatholic ChurchEastern Orthodox ChurchLutheranismCanonizedPre-CongregationMajor shrineShrine of the Three Kings, Cologne CathedralFeast6 January (Epiphany)6 January (date of his death)AttributesKing bearing gifts, king on a camel, three crowns, dark skinPatronageEpilepsy, thu...

Questa voce sull'argomento stagioni delle società calcistiche italiane è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Voce principale: Associazione Sportiva Melfi. Associazione Sportiva MelfiStagione 2012-2013Sport calcio Squadra Melfi Allenatore Leonardo Bitetto Presidente Giuseppe Maglione Lega Pro Seconda Divisione8º posto nel girone B. Maggiori presenzeCampionato: Spirito (34) Miglior marca...

 

Voce principale: Alma Juventus Fano 1906. Fano CalcioStagione 1994-1995Sport calcio Squadra Fano Allenatore Ettore Donati Presidente Liliana Camissa (amministratore unico) Serie C25º posto nel girone B. Maggiori presenzeCampionato: Brinoni, Flavoni (34) Miglior marcatoreCampionato: Antonello (8) 1993-1994 1995-1996 Si invita a seguire il modello di voce Questa pagina raccoglie le informazioni riguardanti il Fano Calcio nelle competizioni ufficiali della stagione 1994-1995. Indice 1 Ros...

 

† Человек прямоходящий Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:Синапсиды...

1974 French Canadian novel This article is about the 1974 novel. For other uses, see The King's Daughter (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: The King's Daughter – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2017) (Learn how and when to remove this message) The King's Da...

 

Questa voce o sezione sull'argomento centri abitati della Calabria non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Commento: vari paragrafi privi di fonti Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Molochiocomune Molochio – Veduta LocalizzazioneStato Italia Regione Calabria Città metropolitana Reggio Calabria AmministrazioneSindacoMarco Giuseppe Caruso (lista civica) dal&#...

 

صياديهمعلومات عامةالمنشأ مصر النوع طبق سمك — طبق أرز المكونات الرئيسية سمك أرز بصل baharat (en) تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات الصيادية عباره عن صوصي يعد للأسماك. المكونات فلفل أخضر - بصل- طماطم- جوليان- صوص طماطم. طريقة العمل صوص الطماطم طماطم فريش (بندورة) صلصة طماطم بصل ...

Capital city of al-Jazirah state in Sudan Place in Al Jazirah, SudanWad Madani ود مدنيMadani / MedaniTourist boats on the Blue Nile at Wad MadaniLocation in SudanCoordinates: 14°24′N 33°31′E / 14.400°N 33.517°E / 14.400; 33.517Country SudanStateAl JazirahPopulation (2008) • Total345,290[citation needed] Wad Madani (Arabic: ود مدني, romanized: Wad Madanī), Wad Medani or Madani is the capital of the Al Jazirah state in e...

 

[dubious – discuss] Education in SpainMinistry of EducationMinisterPilar AlegríaGeneral detailsPrimary languagesSpanish alongside co-official languages within respective regions, including Catalan, Basque and GalicianSystem typeDemocratic Constituchy (check for accuracy)Literacy (2018 literacy rank =)Total98.44Male98.93Female97.97EnrollmentTotal9,909,886Primary4,654,727Secondary2,730,036Post secondary1,633,358 (community college)AttainmentSecondary diploma80%Post-secondary...

 

Disambiguazione – Synthesizer rimanda qui. Se stai cercando l'album degli Information Society del 2007, vedi Synthesizer (album). SintetizzatoreMinimoog Model-D prodotto da MoogInformazioni generaliClassificazione53 Elettrofoni semielettronici UsoMusica pop e rockElectronic dance music Il sintetizzatore (abbreviato anche in synth dal termine in inglese synthesizer) è uno strumento musicale che appartiene alla famiglia degli elettrofoni. È un apparato in grado di generare segnali ...

Robin SachsSachs pada bulan Juni 2007LahirRobin David Sachs(1951-02-05)5 Februari 1951London, Inggris, Britania RayaMeninggal1 Februari 2013(2013-02-01) (umur 61)Los Angeles, California, A.S.PekerjaanAktorTahun aktif1972–2013Suami/istriSiân Phillips (1979–1991; bercerai)[1] Casey Defranco[2] (1995-2006; bercerai)Orang tuaLeonard SachsEleanor Summerfield Robin David Sachs (5 Februari 1951 – 1 Februari 2013)[3][4] adalah seorang aktor Inggris.&#...

 

Me TooSingel oleh Meghan Trainordari album Thank YouDirilis5 Mei 2016 (2016-05-05)StudioRicky Reed's Studio(Elysian Park, Los Angeles)Genre Electro R&B Durasi3:01LabelEpicPencipta Meghan Trainor Eric Frederic Jacob Kasher Hindlin Jason Desrouleaux Peter Svensson ProduserRicky ReedKronologi singel Meghan Trainor No (2016) Me Too (2016) Better (2016) Video musikMe Too di YouTube Me Too adalah lagu oleh penyanyi-penulis lagu asal Amerika Serikat Meghan Trainor dari album studio keduanya...

 

Danish-British broadcaster, comedian and writer (born 1958) Sandi ToksvigOBEToksvig in 2013BornSandra Birgitte Toksvig (1958-05-03) 3 May 1958 (age 66)Copenhagen, DenmarkOccupationBroadcastercomedianpresenterwriterCitizenshipDenmark (1958–present)United Kingdom (2013–present)EducationGirton College, Cambridge (BA)Years active1982–presentSpouse Debbie Toksvig ​(m. 2007)​Children3ParentsClaus Toksvig (father)Julie Anne Brett (mother)RelativesSigne To...

Overview of the events of 1809 in literature List of years in literature (table) … 1799 1800 1801 1802 1803 1804 1805 1806 1807 1808 1809 1810 1811 1812 1813 1814 1815 1816 1817 1818 1819 … In poetry 1806 1807 1808 1809 1810 1811 1812 Art Archaeology Architecture Literature Music Philosophy Science +... Events from the year 1809 in literature. Events Chawton Cottage February 24 – The Theatre Royal, Drury Lane, London, is destroyed by fire. When found drinking wine in the street while w...

 

ДоменикиноDomenichino Портрет Доменикино. Заставка из книги «Фельсина-художница» К. Ч. Мальвазиа. 1678Исследовательский институт Гетти[англ.], Лос-Анджелес Имя при рождении итал. Domenico Zampieri Дата рождения 21 октября 1581(1581-10-21) Место рождения Болонья Дата смерти 15 апреля 1641(1641-04-...

 

German actor Leo PeukertBornLeonhard Peukert26 August 1885Munich, Bavaria German EmpireDied6 January 1944(1944-01-06) (aged 58)Waldshut-Tiengen Nazi GermanyResting placeMunich WaldfriedhofOccupationActorYears active1904–1944Spouse Sabine Impekoven ​(m. 1914)​ Leonhard Leo Peukert (26 August 1885 – 6 January 1944) was a prolific German film actor and film director, appearing in more than a hundred and fifty productions between 1910 and his death in 19...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Whiteprint – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2015) (Learn how and when to remove this message) Whiteprint plan copy. USSR whiteprints. 70s Whiteprint describes a document reproduction produced by using the diazo chemical process.[1]...

 

1920年アメリカ合衆国大統領選挙United States presidential election, 1920 1916年 ← 1920年11月2日 → 1924年 投票率 49.2%[1] 12.4%   候補者 ウォレン・ハーディング ジェイムズ・コックス 政党 共和党 民主党 出身地域 オハイオ州 オハイオ州 副大統領候補者 カルビン・クーリッジ フランクリン・ルーズベルト 獲得選挙人 404 127 勝利地域数 37 11 得票数 16,144,093 9,139,661 得...