Carlo Caffarra, nado o 1 de xuño de 1938 en Samboseto (concello de Busseto, na provincia de Parma (Italia)) e finado o 6 de setembro de 2017 en Boloña, foi un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Boloña dende 2003.
Traxectoria
Carlo Caffarra naceu o 1 de xuño de 1938 en Samboseto, unha localidade do concello de Busseto (hoxe na provincia de Parma, Emilia-Romaña). O 2 de xullo de 1961 foi ordenado sacerdote da diocese de Fidenza polo bispo Guglielmo Bosetti.
O 8 de setembro de 1995 foi nomeado arcebispo de Ferrara-Comacchio. Recibiu a consagración episcopal o 21 de outubro, de mans do arcebispo de Boloña Giacomo Biffi, e tendo como co-consagrantes a Giovanni Battista Re e a Carlo Poggi.
O 16 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo de Boloña polo papa Xoán Paulo II. No consistorio do 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni Battista dei Fiorentini.
Obra
- Teologia morale fondamentale. Roma: Istituto di Teologia per Corrispondenza del Centro "Ut unum sint". 1972.
- I fini del matrimonio nel diritto romano. Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1974.
- La prassi cristiana nella teologia del XX secolo. Asís: Cittadella editrice. 1976.
- Viventi in Cristo. edicións en inglés (1987) e castelán (1988). Milán: Jaca Book. 1981.
- Il valore morale del lavoro umano. Catania: La Traccia. 1982.
Obras colectivas