Evolución da poboación de Camariñas Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
4153
5288
5707
7220
6502
6226
6082
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Topónimo
Camariñas é un fitónimo procedente da camariña, arbusto que medraba no areal de Camariñas e que antano tiña difusión por toda a franxa atlántica de Iberia[Cómpre referencia]. Tamén lle deu nome á vila da Pobra do Caramiñal. Agora esta planta medra unicamente en escasos lugares, coma nos Azores, Punta Umbría en Andalucía, e abundantemente no areal de Trece (Camariñas), o corazón da Costa da Morte.
Cultura
No quebraondas do pobo de Camelle o alemán Manfred Gnädinger creou unha casa-escultura que, decorada coas súas obras artísticas e que reflectía a súa relación co mar. Tras o falecemento do artista (relacionado coa contaminación deixada polo chapapote verquido polo petroleiro Prestige), unha Fundación coida o seu legado[4]
O porto de Camariñas tamén é punto final da 5º etapa e principio da 6º do Camiño dos Faros.
Camariñas, Camariñas,/ El-Rei te quixo vender,/ o que merque Camariñas/ moito diñeiro ha de ter[5].
Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos[6]
Camariñas[7] é o título dunha cantiga popular galega que foi cantada, entre outros por Rosa Cedrón, Luz Casal con Luar na Lubre, e a escocesaJulie Fowlis, nunha versión coa orquestra da BBC que combina as linguas galega e a gaélica de Escocia.