Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.
A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.
Censo total 2014
6.804 habitantes
Menores de 15 anos
578 (8.49 %)
Entre 15 e 64 anos
3.974 (58.41 %)
Maiores de 65 anos
2.256 (33.16 %)
Evolución da poboación de Outes Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
9.160
10.025
11.303
10.128
8.050
7425
7243
7.192
7.010
6804
6691
6606
6514
6412
6282
6155
6150
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio.[6] Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.[7]
Festas grandes das parroquias
Parroquia
Onomástica
Data
Tarás
San Xián
9 de xaneiro
Cando
San Tirso
28 de xaneiro
Roo
San Xoán
24 de xuño
Outes
San Pedro
29 de xuño
Matasueiro
San Lourenzo
10 de agosto
Entíns
Santa María
15 de agosto
Santo Ourente de Entíns
Santo Ourente
26 de agosto
San Cosme de Outeiro
San Cosme
27 de setembro
Valadares
San Miguel
29 de setembro
Freixo de Sabardés
San Xoán Evanxelista
27 de decembro
Festas do concello
Nome da festa
Tipo
Data
Descipción
Santiaguiño
Festa grande do concello
25 de xullo (Adoita comezar antes)
San Cristovo
Festa municipal
Domingo mais próximo ao día do Apóstolo.
Festa con gran valor tradicional no concello. Desfile de vehículos engalanados e sardiñada popular.
San Campio
Romaría
29 de setembro
Unha das romarías mais famosas da zona. A tradición conta que o santo axuda ás persoas con enfermidades nerviosas ou mentais (mal cativo) ou o demo metido no corpo.
Unha das festas que quizais sexan mais ancestrais aínda que ultimamente non se conserve debidamente a tradición. Unha festa de fertilidade para a colleita e que xira arredor do poder do lume.