Evolución da poboación de Vilarmaior Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
3.062
3.124
2.830
1.929
1.362
1.294
1.273
1.261
1.247
1.236
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Xeografía
O concello, de 30,1 km², abrangue seis parroquias. Limita ao norte co concello de Irixoa a través do río Lambre e os seus afluentes Caudelo e Mondariz. Os cumios máis elevados son o Catasol (440 m), Monte Grande (374 m) e Lagarín (309 m), na parroquia de San Pedro de Grandal, no límite co concello de Monfero.
Ten clima oceánico, cunha media anual de 11,8 °C e unha oscilación lixeiramente superior aos 12 °C.
As terras da zona foron doadas no século IX polo rei Afonso II de Oviedo ao bispo de Mondoñedo Sabarico, segundo se recolle nun documento do ano 866. En 1185 foille concedido ao mosteiro de Caaveiro o dereito das tres cuartas partes dos beneficios da igrexa de Doroña. Este templo é románico, do século XII. Durante a idade media as terras de Vilarmaior formaban parte do condado de Pruzos.