Tordoia

Modelo:Xeografía políticaTordoia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°05′17″N 8°33′35″O / 43.088055555556, -8.5597222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Pontepedra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.168 (2023) Editar o valor en Wikidata (25,34 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie125 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataInés Santos Pereiro Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Tordoia Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15683 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15084 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtordoia.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100064318257233 Editar o valor en Wikidata

Tordoia é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Ten unha extensión de 124,5 km² distribuídos en dez parroquias.

Demografía

Segundo o Padrón municipal de habitantes, en 2014 a súa poboación era de 3.706 persoas (1.749 homes e 1.957 mulleres) (4.339 no 2009, 4.548 no 2006, 4.617 no 2005, 4.713 no 2004, 4.841 en 2003). O seu xentilicio é «tordoiés/tordoiesa».

Censo total 2014 3.706 habitantes
Menores de 15 anos 229 (6.18 %)
Entre 15 e 64 anos 2.127 (57.39 %)
Maiores de 65 anos 1.350 (36.43 %)
Evolución da poboación de Tordoia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.707 4.459 6.220 6.220 4.713 4.339 4.168 3.924 3.817 3.706
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Escudo

As orixes do escudo remóntanse a 1846. A composición é de prata, cunha árbore sinople de dúas copas, sostido de tres ondas de azur e prata, e coa Coroa Real de España pechada e engastada de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, interpoladas de perlas e de cuxas follas saen outros tantos diademas de perlas que converxen nun mundo de azur co corpo en ouro e acabando nunha cruz de ouro e todo iso forrado de goles.

Enténdese que a árbore de dúas copas facía referencia á multitude de castiñeiros que había na zona, xa que hai poucos exemplos coma este en heráldica. As ondas azuis e prata fan referencia aos numerosos ríos, fontes e regos que fertilizan e regan o concello.

Patrimonio

Festas

  • Santa Mariña, 18 e 19 de xullo.
  • Virxe do Rosario, primeiro domingo de outubro.
  • Samede, 7 e 8 de agosto.
  • Bardaos, 15 e 16 de agosto.
  • Santa María, 15 e 16 de agosto.
  • Festa de Campo na ermida do Carme, terceiro domingo de xullo.
  • San Ramón, 30 de agosto.
  • Festa do Sacramento, en agosto.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Tordoia.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Tordoia

Andoio (San Mamede) | Anxeriz (Santa Mariña) | Bardaos (Santa María) | Cabaleiros (San Xián) | Castenda da Torre (Santa María) | Gorgullos (Santaia) | Leobalde (San Cristovo) | Numide (Santiago) | Tordoia (San Xoán) | A Vila de Abade (San Cibrán)

Lugares de Tordoia

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tordoia vexa: Lugares de Tordoia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.