A cidade, a miúdo chamada Caldas na vida cotiá, é coñecida polas súas termas e cerámicas. De aquí procede a figura cerámica de Zé Povinho, moi estendida por todo o país. Conta cun centro de formación profesional en cerámica.
Desde 2019, a cidade recibiu o premio Cidade da Artesanía e da Arte Popular da UNESCO (City of Crafts & Folk Art) polas súas tradicións cerámicas, converténdose na segunda cidade portuguesa en recibilo (despois de Barcelos en 2017).
Historia
Idade Media e Moderna
Dise que a raíña Dona Lionor, esposa de Xoán II de Portugal, se bañaba nas cheirentas fontes termais cando veu de Óbidos en 1484 por consello da poboación local. Convencida do poder curativo das augas quentes, vendeu xoias persoais e uns terreos para construír alí un hospital en 1503.[5] Ao redor dese hospital xurdiu a vila actual, que debe o seu nome a esta historia [6]
A familia real comezou a utilizar os baños termais con moita frecuencia, e o lugar prosperou. En 1511, o rei D. Manuel I elevou Caldas da Rainha á categoría de vila.
Idade Contemporánea
En 1821 o lugar converteuse na sede dun distrito independente. A medida que avanzaba o século XIX, as termas convertéronse nun destino cada vez máis popular para as familias de clase alta. Ademais, os xacementos de arxila locais propiciaron o establecemento de fábricas de cerámica. Destacan aquí as creacións de Rafael Bordalo Pinheiro na Fábrica de Faianças das Caldas da Rainha entre 1884 e 1907.
Nun preludio da Revolución dos Caraveis, na madrugada do 16 de marzo de 1974, o Quinto Rexemento de Infantería, con sede en Caldas da Rainha, no que hoxe é a Escola de Sargentos do Exército, intentou dar un golpe de estado contra o réxime autoritario do Estado Novo do país.[8] Trinta oficiais e uns 300 sarxentos e soldados do rexemento abandonaron os seus cuarteis ás 4.00 horas, rumbo a Lisboa, onde tiñan previsto ocupar o aeroporto mais ao achegarse á capital, o rexemento de Caldas atopouse só. Ao decatarse de que as demais unidades que, supostamente, tamén ían participar no golpe, non se sumaron á revolta, o rexemento deu a volta e chegou aos seus cuarteis de Caldas ao redor das 10:00 horas, pechándose e agardando o asedio. O recinto foi rodeado por diversas forzas, que penetraron na base sobre as 17.00 horas. Os revoltosos foron detidos e enviados a varias prisións militares, onde estiveron detidos ata a Revolución dos Caraveis o 25 de abril de 1974, 40 días despois.[9]
Demografía
Evolución da poboación do século XIX ao XXI
Poboación do concello de Caldas da Rainha (1801–2011)
Caldas da Rainha non é un dos lugares máis visitados de Portugal, pero conta con diversos atractivos turísticos:
Ademais das termas, as praias (por exemplo en Foz do Arelho) e o bosque da cidade Mata da Rainha D. Lionor, tamén se atopa arquitectura de interese, como algunhas casas señoriais, o mercado da céntrica Praça da República, algúns edificios relixiosos, fachadas de estilo modernista e diversos museos. Entre eles destacan o Museu José Malhoa, o Atelier-Museu António Duarte, o Atelier-Museu João Fragoso e o Museu Barata Feyo.
Estas e outras instalacións, algunhas das cales funcionan como exposicións ao aire libre, están integradas no Centro de Artes, un conxunto concibido como parque museístico.
A cidade tamén conta cun moderno centro de cultura e congresos dende 2006, o Centro Cultural e de Congresos de Caldas da Rainha. Dende 1997, o alumnado da Escola Superior de Artes e Deseño das Caldas da Rainha, integrada no Instituto Politécnico de Leiria, organiza a Caldas Late Night, na que se desenvolven diversas exposicións e actos polas rúas da cidade.
Outros museos da cidade son coñecidos son o Museu do Ciclismo, o Museo Hospital Termal e o Museu da Cerámica onde se pode ver unha colección de azulejos do século XVI e cerámicas do Art Nouveau.
Deporte
O ciclismo é un deporte importante na cidade. Conta cun museo do ciclismo e aquí naceron os ciclistas profesionais António Morgado e João Almeida.
Caldas é un tamén un punto focal do bádminton en Portugal. A Federação Portuguesa de Badminton ten a súa sede na cidade, e aquí está o Centro de Alto Rendimento deste deporte. No municipio tiveron lugar un grande número de competicións nacionais e internacionais, entre elas o Campionato de Europa en 2014.
Caldas tamén acolleu os Campionatos de Europa Xuvenís de Orientación, en outubro de 2013.
Na cidade tamén se disputaron encontros internacionais de rugby, tendo lugar aquí a maior vitoria da selección de rugby de Portugal, no 23 de marzo de 2019, vencendo por 93-0 á selección da República Checa.
O primeiro equipo profesional do club de fútbol e fútbol salaCaldas SC foi fundado en 1916 e xogou temporalmente na Segunda Liga. Xoga os seus partidos como local no Campo da Mata, con capacidade para 13.000 espectadores.[11]
Administración
Caldas da Rainha é a sede dun concello homónimo no distrito de Leiria. En abril de 2021, o concello tiña 50.910 habitantes nunha área de 255,7 km².
A cidade está integrada na rede nacional de autobuses Rede Expressos.
Transporte local
Os días laborables de 7:30 a 19:30 horas e os sábados de 8:00 a 13:30 horas circulan aproximadamente cada cuarto de hora os microbuses das liñas de autobuses municipais de TOMA. Existen tres liñas de cores diferentes (azul,verde e laranja), unha viaxe custa 1,10 euros e tamén están dispoñíbeis varios abonos e billetes múltiples. O proxecto enmárcase nun proxecto de mobilidade sustentábel polo centro da cidade a través do transporte público local.
Outras conexións de autobuses rexionais inclúen a empresa privada de transporte Rodoviária do Tejo.
O sistema de alugamento de bicicletasRainhas Bike Sharing existe na cidade desde 2009 e en 2013 contaba con 16 estacións de alugueiro e devolución.[13]
↑Na península ibérica do século XV, un hospital (do latín hospes, "hóspede", e de aí hospitalia> hospitale) era principalmente unha institución caritativa que proporcionaba albergue e coidados a pobres, enfermos, peregrinos ou outras persoas necesitadas en xeral. Estas institucións estaban frecuentemente vinculadas á Igrexa e funcionaban tanto como centros de asistencia social como de atención sanitaria básica.