Este período dictatorial, autoritario e corporativista, caracterizouse pola centralización do poder, a represión das liberdades civís e políticas, e a censura dos medios de comunicación. O sistema corporativista organizaba a sociedade en corpos ou gremios, controlados polo Estado, eliminando a participación política libre e a pluralidade de partidos.
A pesar de que o período era formalmente a Segunda República Portuguesa, tanto Salazar como o seu sucesor Marcelo Caetano evitaron empregar ese termo, entre outras cousas por teren apoios monárquicos.[4]
É tamén chamado Salazarismo, malia que este último termo pode tamén ser aplicado ao período en que António de Oliveira Salazar gobernou, é dicir, desde a súa ascensión ao cargo de Presidente do Consello de Ministros en 1932 até o seu afastamento por doenza en 1968. Salazar foi substituído despois por Marcelo Caetano, xefe do Goberno entre 1968 e 1974. Non obstante, esta última designación revela que o Estado Novo estaba moi centrado e dependía profundamente da figura de Salazar, o seu fundador e "xefe".[Cómpre referencia]
Caetano asumiuse como "continuador" de Salazar pero, varios autores prefiren dar un nome de seu a este período do Novo Estado e falan de Marcelismo.
Aínda que Marcelo Caetano tentou renomear publicamente o réxime ou designalo como “Estado Social”, simulando o resultado dun pacto social que, nos termos liberais, nunca existiu, esa designación nunca enraizou.
Desfile de Gomes da Costa e as súas tropas após a Revolução de 28 de Maio de 1926
↑O período da historia de Portugal que se corresponde coa actual democracia instaurada após a Revolución do 25 de abril de 1974 é formalmente chamado Terceira República, cuxo nome oficial é simplemente República Portuguesa.