Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4,[3] con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillaría Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.[4]
A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España[5] ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.[4]
Costas Goberna, Fernando Javier e Expósito Álvarez, Manuel. Los Faros de Cabo Silleiro: luces del sur de la Ría de Vigo, Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Provigo, 2004.