O faro vello inaugurouse no ano 1866 pegado ó mar. E en 1924, o novo a 85 metros sobre o nivel do mar e a uns 250 do mar.
O seu primeiro combustible foi unha lámpada de mecha que empregaba aceite vexetal. En 1909 foi substituído por unha lámpada de petróleo. Máis tarde instalóuselle unha sirena, unhas lentes de 25 quilómetros e un emisor eléctrico con alcance de 200 millas. Dende 1960 ten unha lámpada de 3.000 watios que se poden ver a 40 millas.