As Negras,[1][2] son un conxunto de illas situadas en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona xa no límite coa parroquia oiense de Mougás. Atópanse no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.
O arquipélago está formado[3] pola illa Negra, A Negra do Medio e A Negra de Fóra, xunto co Barco da Negra.
Xeografía
Diante delas atópase a punta da Negra.[4] Conforma, xunto coa Carral, a Polbeira e outras máis pequenas, o arquipélago das Illas de Silleiro, rico en marisco, principalmente percebes, xa que se trata de illotes rochosos. Estas foron lugar apreciado por parte das percebeiras.
Notas