Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Baiona.
Santa María de Baiona é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coa parroquia de Santa María de Fóra de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 2 787 habitantes (1.334 homes e 1.453 mulleres).[2] É a capital do concello de Baiona.
Eclesialmente, inclúe a parroquia de Santa María de Fóra de Baiona e inclúese dentro do arciprestado de Miñor.
Xeografía
Nesta parroquia diferéncianse dúas zonas: a zona antiga da vila, e as urbanizacións recentemente construídas, como Os Tendales.
Patrimonio
Destaca o Cruceiro da Santísima Trindade, a Ex-Colexiata de Santa María e a fortaleza de Monterreal.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Baiona
Parroquias de Baiona
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas