Burón está situado no val de Valdeburón, rodeado de montañas e cunhas paisaxes dignas de ver. Nos seus límites están os vales de Mirva, Rabanal e San Pelayo. O curso do río Esla pasa pola vila de Burón, estando situado o seu nacemento no val de Valdosín, próximo ao porto de Tarna.
Situado nunha das colas do Encoro de Riaño, uns poucos metros por riba da cota 1.100 msnm o salvaron do asolagamento, pero a igrexa e outros edificios emblemáticos tiveron que ser trasladados.
Fronte á vila de Burón pódese admirar a maxestade do pico Burín, chamado pico Yordas en Riaño. As faias e as penas do seus arredores configuran un marco de incomparábel beleza.