Bruno Bauer

Modelo:BiografíaBruno Bauer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1809 Editar o valor en Wikidata
Eisenberg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Neukölln, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Friedrich-Wilhelms-Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoJovens hegelianos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, teólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Editar o valor en Wikidata
MovementoAteísmo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPhilipp Konrad Marheineke (pt) Traducir e Ernst Wilhelm Hengstenberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бауэр Бруно)
Allgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1131133

Bruno Bauer, nado en Eisenberg (Turinxia) o 6 de setembro de 1809 e finado en Rixdorf (Berlín) o 13 de abril de 1882, foi un teólogo, filósofo e historiador alemán.

Traxectoria

Fillo dun pintor que traballaba nunha fábrica de porcelana en Eisenberg, estudou con Hegel ata a súa morte en 1831. Durante a súa estadía como profesor de teoloxía na Universidade de Berlín uniuse á dereita hegeliana de Philip Marheineke. En 1838 publicou Kritische Darstellung der Religion des Alten Testaments (2 vols.), pero xa nas seguintes obras publicadas como profesor da Universidade de Bonn, Kritik der evangelischen Geschichte des Johannes (1840) e Kritik der evangelischen Geschichte der Synoptiker (1841) rexeita a súa postura anterior e asociase coa esquerda hegeliana e en 1842 o goberno retíralle a licenza para a a docencia polas súas ideas radicais en materia de teoloxía e retirouse a Rixdorf, preto de Berlín para escribir sobre a historia contemporánea, política e teoloxía, publicou Geschichte der Politik, Kultur und Aufklärung des 18ten Jahrhunderts (4 vols.) en 1843, Geschichte der französischen Revolution (3 vol.) en 1847 e Disraelis romantischer und Bismarcks' socialistischer Imperialismus en 1881.

Obras

  • Kritik der evangelischen Geschichte des Johannes, Bremen (1840)
  • Kritik der evangelischen Geschichte der Synoptiker, Leipzig (1841-1842)
  • Die gute Sache der Freiheit und meine eigne Angelegenheit , Zürich (1843)
  • Allgemeine Litteraturzeitung, Charlottenburg (1843-1844)
  • Kritik der Evangelien, Berlin (1850-52) 4 vol.
  • Kritik der paulinischen Briefe, Berlin (1850-52) 3 vol.
  • Die Apostelgeschichte, Berlin( 1850)
  • Philo, Strauß, Renan und das Urchristentum, Berlin (1874)
  • Christus und die Cäsaren. Der Ursprung des Christentums aus dem römischen Griechentum, Berlin (1877)
  • Einfluß des englischen Quäkertums auf die deutsche Kultur und auf das englisch-russische Projekt einer Weltkirche, Berlin (1878)
  • Zur Orientierung über die Bismarcksche Ära, Chemnitz (1880)
  • Disraelis romantischer und Bismarcks sozialistischer Imperialismus, Chemnitz (1881).