Bob Marley

Modelo:BiografíaBob Marley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Nesta Marley Editar o valor en Wikidata
6 de febreiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Nine Mile, Xamaica Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1981 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Hospital Memorial Jackson, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemelanoma maligno Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturalugar de nacemento de Bob Marley Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina, Movemento rastafari, Igrexa ortodoxa etíope e católico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónStepney Primary and Junior High School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor, guitarrista, cantante, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 1981 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoReggae, ska e rocksteady Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoStudio One
Island Records
Trojan Records
Upsetter Records
Beverley's
Wail N Soul M
Tuff Gong Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRita Marley (1966–1981)
Cindy Breakspeare Editar o valor en Wikidata
FillosSharon Marley
 () Rita Marley
Cedella Marley
 () Rita Marley
Ziggy Marley
 () Rita Marley
Stephen Marley
 () Rita Marley
Rohan Marley
 ()
Julian Marley
 ()
Ky-Mani Marley
 ()
Damian Marley
 () Cindy Breakspeare Editar o valor en Wikidata
PaisNorval Sinclair Marley Editar o valor en Wikidata  e Cedella Booker Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians Editar o valor en Wikidata
Sitio webbobmarley.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002490 Allocine: 5176 Allmovie: p101330
Facebook: BobMarley Twitter: bobmarley MySpace: bobmarley Youtube: UCAlTDckOOQ2jREOvuCShGbw BNE: XX1092397 Spotify: 2QsynagSdAqZj3U9HgDzjD iTunes: 121982 Last fm: Bob+Marley Musicbrainz: ed2ac1e9-d51d-4eff-a2c2-85e81abd6360 Songkick: 137124 Discogs: 41441 Allmusic: mn0000071514 WikiTree: Marley-220 Find a Grave: 1732 Genius: Bob-marley Editar o valor en Wikidata
Casa de Bob Marley en Nine Mile (Xamaica)

Robert Nesta Marley naceu en Nine Mile o 6 de febreiro de 1945 e finado en Miami (Florida) o 11 de maio de 1981, máis coñecido como Bob Marley, foi un músico xamaicano e membro do movemento rastafari. A súa fe foi unha parte importante da súa carreira e agora é considerado por moitos como un profeta de Rastafari.

Traxectoria

Naceu nunha pequena localidade ao norte da illa de Xamaica, no mar Caribe. Era fillo de Cedella Booker, xamaicana de 18 anos e de Norval Marley, capitán do exército británico, de 50 anos, que se desentendeu do seu fillo, por medo a ser desherdado. A finais dos anos cincuenta, Bob trasladouse coa súa nai a Kingston, a capital. Era a cidade onde os habitantes das zonas rurais acudían en pos de mellorar a súa situación económica. Por desgraza para a maioría, o seu destino eran os barrios pobres.

Bob creceu nese ambiente onde coñeceu a un amigo chamado Neville O´Riley Livingston, máis coñecido como Bunny, con quen comezou a interesarse pola música, chegando a compor e tocar algunhas cancións. Moi influenciados ambos polas emisoras do sur dos Estados Unidos que conseguian captar cos seus radios, nas que escoitaban cancións de artistas como Ray Charles, Curtis Mayfield, Brook Benton ou Fats Domino, e tamén grupos como The Drifters moi populares en Xamaica. Mentres, Bob alternaba o traballo coa música, xa que conseguiu un emprego nunha fundición, onde se queimou nun ollo mentres traballaba.

Tanto Bob como Bunny recibiron a axuda musical de Joe Higgs, un cantante que gozou de certa fama en Xamaica, aínda que xa vido a menos, que se gañaba a vida impartindo clases de canto para principiantes. Nunha desas clases Bob e Bunny coñeceron a outro mozo músico chamado Peter McIntosh. En 1962 Bob Marley participou nunha audición para un produtor musical chamado Leslie Kong que, impresionado, invitouno a un estudo para gravar algunhas cancións. Ao ano seguinte Bob decidiu que o mellor camiño para alcanzar o seu soño era mediante un grupo. Compartiu a súa idea con Bunny e Peter e os tres forman os Wailing Wailers. O novo grupo gañou a simpatía do percusionista rastafari Alvin Patterson, que os presento ao produtor Clement Dodd. A mediados de 1963 Dodd viu aos Wailing Wailers e decidiu promocionar o grupo. Os Wailing Wailers lanzaron o seu primeiro single, "Simmer Down", coa discográfica Coxsone a finais de 1963 e en xaneiro do ano seguinte a súa música xa era a máis escoitada en Xamaica, permanecendo no máis alto da listas de éxitos durante dous meses. A formación orixinal estaba composta por Bob, Bunny, Peter, Junior Braithwaite e dúas coristas, Beverly Kelso e Cherry Smith.

The Wailers

Mentres tanto, a nai de Bob, Cedella, casou novamente e mudouse a Delaware, Estados Unidos, tras un importante esforzo económico. Desexaba dar a Bob unha nova vida en América, pero antes da viaxe, el coñeceu a Rita Anderson e o 10 de febreiro de 1966 casaron. Marley pasou apenas oito meses coa súa nai en Wilmington, Delaware. Alí conseguiu un traballo na quenda de noite dunha planta de automóbiles de Chrysler. Bob volveu a Kingston en outubro de 1966, apenas seis meses despois da visita do Emperador Haile Selassie, de Etiopía, que impulsou e renovou o importante movemento rastafari da illa. A involucración de Marley coa crenza Rastafari comeza a reflectirse na súa música. Bob, namentres, chamou a Peter e Bunny para formar unha nova banda, os míticos "The Wailers". Rita tamén comezaba a súa carreira como cantante cun importante éxito chamado "Pied Piper", unha versión dunha canción pop inglesa. En Xamaica, a frenética onda do ska estaba dando lugar a un ritmo máis lento e sensual chamado rocksteady. As crenzas rastafari dos Wailers chocaron con Dodd e estes fundaron o seu propio selo discográfico, "Wail´N´Soul". A pesar de conseguir algúns éxitos, o selo non responde ás expectativas e quebra en 1967. Os membros do grupo sobreviven como compositores dunha compañía asociada a un cantante americano, Johnny Nash, que na década seguinte tería un grande éxito coa canción "Stir It Up", de Bob.

Os Wailers coñeceron entón un home que revolucionaría o seu traballo: Le Perry. A asociación entre Perry e Wailers trouxo consigo algúns dos éxitos máis notables da banda como "Soul Rebel", "Duppy Conqueror", "400 Years" e "Small Axe", clásicos do futuro reggae. En 1970, Aston 'Family Man' Barrett e o seu irmán Carlton (baixo e batería, respectivamente), dous dos músicos máis recoñecidos da illa por aquel entón, uníronse aos Wailers. Os Wailers arrasaban no Caribe, pero internacionalmente continuaban sendo descoñecidos.

No verán de 1971 Bob aceptou unha invitación de Johnny Nash para acompañalo a Suecia, ocasión en que asinou un contrato coa CBS, que tamén era a discográfica do americano. Na primavera de 1972 os Wailers aterraron en Inglaterra para promocionar o single "Reggae on Broadway", pero non cultivaron demasiados éxitos. Á desesperada, Bob visitou os estudos de gravación de Island Records, que fora a primeira discográfica en interesarse pola música xamaicana, e pediu falar co seu fundador, Chris Blackwell. Blackwell coñecía aos Wailers e ofreceulles 4 mil libras para gravar un álbum cos últimos avances tecnolóxicos da industria musical, os mesmos que gozaban as bandas de rock da época. Ese primeiro álbum foi "Catch A Fire", fortemente publicitado por Island. O disco non foi un éxito inminente, e é que a música e as letras comprometidas socialmente de Bob contrastaban bastante co que se estaba facendo nese intre en Europa. Island promoveu unha xira do grupo por Inglaterra e os Estados Unidos, outra novidade para unha banda de reggae. Os Wailers tocaron en Londres en abril de 1973 e tres meses máis tarde o grupo volveu a Xamaica. Bunny, desenganado da vida musical abandonou a banda antes da xira americana. No seu lugar entrou Joe Higgs, o vello profesor de música dos Wailers. Xa nos Estados Unidos participación nalgúns concertos de Bruce Springsteen e Sly & The Family Stone, a principal banda de música negra americana do momento.

En 1973 o grupo lanzou o seu segundo álbum co selo Island, "Burnin´", un disco que incluía novas versións dalgunhas das súas cancións máis importantes, como: "Duppy Conqueror", "Small Axe" e "Put It On", xunto con "Get Up, Stand Up" e "I Shot The Sheriff". Foi xustamente este último tema, o que consagrou internacionalmente a Bob Marley na voz de Eric Clapton, alcanzando o primeiro lugar na lista dos singles máis vendidos nos Estados Unidos. En 1974 Marley pasou gran parte do seu tempo no estudo traballando en "Natty Dread", un álbum que incluía cancións como "Talkin´ Blues", "Non Woman Non Cry", "So Jah Seh", "Revolution", "Them Belly Full (But We Hungry)" ou "Rebel Music (3 o´clock Roadblock)". Ao ano seguinte, Bunny e Peter deixarían definitivamente o grupo para embarcarse nas súas carreiras en solitario, o que fixo que a banda comezase a ser coñecida como Bob Marley & The Wailers. "Natty Dread" lanzouse en febreiro de 1975. En canto ás xiras, destacar dúas: unha no Lyceum Ballroom de Londres, que foi catalogada como unha das mellores da década. E a segunda en novembro, cando Bob volveu a Xamaica para tocar nun concerto benéfico con Stevie Wonder, xa como superestrela no seu país e no mundo. "Rastaman Vibrations", o seguinte álbum de estudio, foi lanzado en 1976. O traballo incluía cancións como "Crazy Baldhead", "Johnny Was", "Who The Cap Fit" e, talvez a máis significativa de todas, "War", cuxa letra foi extraída dun discurso do Emperador Hailè Selassiè, nas Nacións Unidas.

Éxito

Bob Marley era entón un activo político en Xamaica, un músico xa consagrado e un auténtico propulsor da fe rastafari. Entón decidiu dar un concerto gratuíto no Parque dos Heroes Nacionais de Kingston, o 5 de decembro de 1976 cuxo propósito era promulgar a paz, xa que os gangsters estábanse facendo coas rúas. Despois do anuncio do concerto, o goberno convocou eleccións para o día 20 de decembro. A mesma tarde do concerto, uns descoñecidos irromperon na casa de Bob e abriron fogo contra el, sen consecuencias afortunadamente, pero creando un gran balbordo e pánico nas rúas da capital xamaicana. Bob foi posto a salvo nun refuxio dos outeiros lindeiros con Kingston. Tras unha longa meditación, Bob decidiu subirse ao escenario para dar ese mítico concerto, aínda a espensas de que quen o atacaron puideran volver para atentar de novo contra a súa vida. Pasarçian 18 meses antes de que Bob Marley volvese tocar en Xamaica. Temendo outro atentado, deixou o país para irse vivir a Londres, onde gravou o seu seguinte álbum, "Exodus", un dos máis importantes da súa carreira e do reggae.

Bob Marley ten a súa propia estrela en Paseo da Fama de Hollywood. Lanzado no verán daquel ano, "Exodus" consolidou o status internacional da banda, permanecendo nas listas de Inglaterra durante 56 semanas seguidas e tendo os tres singles - "Waiting In Vain", "Exodus" e "Jammin´" - como grandes éxitos nos medios. En 1978 a banda conseguiu un novo éxito con "Kaya", que alcanzou o cuarto lugar en Inglaterra á semana seguinte ao seu lanzamento. Do álbum foron extraídos dous singles: "Satisfy My Soul" e "Is This Love". En abril de 1978 volveu a Xamaica para o "One Love Peace Concert", foi nese concerto onde conseguiu que o Primeiro Ministro Michael Manley e o líder da oposición Edward Seaga se desen a man no escenario. Foi entón convidado para ir á sede das Nacións Unidas, en Nova York, para recibir a Medalla da Paz. E, a finais de ano, viaxou a África por primeira vez, visitando inicialmente Kenya e despois Etiopía, fogar espiritual rastafari. A banda terminara recentemente unha xira por Europa e América, de onde se sacou material para o segundo álbum en vivo: "Babylon By Bus".

"Survival", o noveno álbum de Bob Marley con Island foi lanzado no verán de 1979. Incluía "Zimbabwe", un himno para Rodhesia, que logo sería liberada, xunto con "So Much Trouble In The World", "Ambush In The Night" e "Africa Unite". Como indica a portada, que contén as bandeiras das nacións independentes, "Survival" foi un álbum en homenaxe á causa Panafricana. En abril de 1980, o grupo foi invitado oficialmente polo goberno do recentemente libertado Zimbabwe para tocar na cerimonia de independencia da nova nación.

O seguinte disco da banda, "Uprising", foi lanzado en maio de 1980 e tivo éxito inmediato coa canción "Could You Be Loved". O álbum tamén incluía "Coming In From The Cold", "Work" e a famosa "Redemption Song". Os Wailers namentres embarcábanse na súa maior xira europea, rompendo récords de asistencia nun concerto: a axenda incluía un concerto para 100.000 persoas en Milán, o maior da historia da banda. Bob Marley & The Wailers eran a maior banda en xira daquel ano e "Uprising" estaba en todas as listas de Europa. Era un período de máximo optimismo e estaban facendo plans para unha xira en América en compañía de Stevie Wonder ao final do ano.

Últimos anos e morte

Nada mais acabar a xira europea Marley e a banda partiron para os Estados Unidos. Bob ofreceu dous concertos no Madison Square Garden, pero caeu gravemente enfermo. Tres anos antes, en Londres, feríarase unha deda do pé xogando a fútbol. A ferida volveuse canceríxena e, a pesar de ser tratado en Miami, continuou reproducíndose. En 1980, o cancro comezou a propagarse polo corpo de Bob. Controlou a enfermidade durante oito meses, seguindo un tratamento na clínica do Dr. Joseph Issels, en Baviera. O tratamento de Issels levantou moita polémica porque só usaba remedios naturais e non tóxicos e, por algún tempo, pareceu funcionar en Bob. A comezos de maio deixou Alemaña para volver a Xamaica, pero non rematou a súa viaxe.

Bob Marley morría nun hospital de Miami o 11 de maio de 1981. Un mes antes, Marley fora condecorado coa Orde do Mérito de Xamaica, a terceira maior honra da nación, en recoñecemento da súa inestimable contribución á cultura do país. O 21 de maio de 1981, o Honorable Robert Nesta Marley Ou. M. recibía un funeral oficial do pobo de Xamaica. Despois do funeral (ao que asistiu tanto o Primeiro Ministro como o líder da oposición) o corpo de Marley foi levado á súa terra natal, Nine Mile, no norte da illa , onde agora descansa nun mausoleo. Bob Marley morreu aos 36 anos, pero a súa lenda permanece viva ata hoxe.

Legado

En 2005, Rita Anderson, exmuller de Bob, escribiu unha autobiografía na que criticou duramente ao que foi o seu esposo. En Non Woman, Non Cry, como se titula o libro, na que tacha a Bob de machista e violento. Segundo Rita, a parella vivía nunha choza, Bob só tiña un par de calzóns, que ela lavaba cada noite. Tamén afirma que, cando chegou o éxito, a estrela do reggae marchou a unha mansión en Kingston, onde vivía con varias amantes (unha delas chegou a converterse en Miss Mundo) e ata asegura que chegou a criar a algúns dos fillos que Bob tivo con esas mulleres.

E é que a lista de descendentes de Bob é inmensa: en 1970, tivo un fillo chamado Robbie con Lucille Williams, unha das súas noivas en Trench Town. Janet Hunt, pariu a Rohan Marley (futuro marido de Lauryn Hill). As súas constantes viaxes a Londres non foron en balde, xa que naceu Karen Marley, filla dunha inglesa chamada Janet Bowen. Unha xamaicana nacida en Barbados, Lucy Pounder, tivo con Bob a Julian Marley.

Outra das súas mozas, a campioa caribeña de ping pong Anita Bellnavis, converteuse na nai de Kymani Marley. En 1975, Cindy Breakspeare, que estaba a piques de converterse en Miss Mundo, deu a luz a Damian Marley. Outra das mozas era a actriz Esther Anderson, quen xa tivera romances con Marlon Brando e Chris Blackwell. Con todo, cando Bob se decatou do romance de Anderson con outro home deulle unha malleira. Anos despois, xa enfermo de cancro, fixo o mesmo coa súa irmá por enganar ao seu marido.

Pode lerse tamén a un Bob esaxeradamente celoso con ela e quen de imporlle sexo cando xa non eran parella. Segundo ela, tampouco mostrou interese pola carreira en solitario de Rita ademais de ser moi rañas coa súa numerosa prole ou coa súa propia nai.

Todas estas afirmacións non sentaron nada ben ao goberno xamaicano, máis aínda cando se decataron de que Anderson anunciou que pretendía exhumar os restos do seu marido para enterralos en Shashemene, Etiopía, onde o emperador Haile Selassie cedeu unhas terras a un grupo de rastafaris xamaicanos que residen nesa localidade. A relación entre o goberno xamaicano e Anderson era moi tensa, xa que se considera a Bob un ídolo e unha forte atracción turística para os estranxeiros. Non hai que esquecer que a casa-museo de Bob é o principal reclamo dos estranxeiros que chegan durante todo o ano á illa caribeña. Lonxe de tranquilizar os ánimos, Anderson recordou ao goberno do seu país que, en Xamaica, Bob foi encarcerado por posesión de marihuana e sufriu un intento de asasinato. "Bob preferiría repousar no continente africano máis que nunha illa onde os seus antecesores foron levados como escravos", chegou a dicir a ex-esposa de Bob.

Discografía

Álbums de estudio Banda Ano Discográfica
The Wailing Wailers The Wailers 1965 Studio One
Soul Rebels The Wailers 1970 Upsetter/Trojan
Soul Revolution The Wailers 1971 Upsetter/Trojan
Soul Revolution Part II The Wailers 1971 Upsetter/Trojan
Best of the Wailers The Wailers 1972 Beverley's
African Herbsman The Wailers 1973 Upsetter/Trojan
Catch a Fire The Wailers 1973 Island/Tuff Gong
Burnin' The Wailers 1973 Island/Tuff Gong
Rasta Revolution Bob Marley & The Wailers 1974 Upsetter/Trojan
Natty Dread Bob Marley & The Wailers 1974 Island/Tuff Gong
Rastaman Vibration Bob Marley & The Wailers 1976 Island/Tuff Gong
Exodus Bob Marley & The Wailers 1977 Island/Tuff Gong
Kaya Bob Marley & The Wailers 1978 Island/Tuff Gong
Survival Bob Marley & The Wailers 1979 Island/Tuff Gong
Uprising Bob Marley & The Wailers 1980 Island/Tuff Gong
Confrontation (álbum póstumo) Bob Marley & The Wailers 1983 Island/Tuff Gong

Discos en directo

  • Bob Marley in Saint Steven 1973 Luisbiel records
  • Live at the Lyceum Londres 1975 Tuff Gong/island record
  • Babylon by bus 1978 Tuff Gong/island records

Recompilatorios

  • Interviews 1981 Island/Tuff Gong
  • Legend 1984 Island/Tuff Gong
  • Rebel Music 1986 Island/Tuff Gong
  • Songs of Freedom 1992 Island/Tuff Gong
  • Natural Mystic: The Legend Lives On 1995 Island/Tuff Gong
  • Bob Marley: Reggae Legend 1999 St. Clair
  • One Love: The Very Best of Bob Marley & The Wailers 2001 Island/Tuff Gong
  • Bob Marley and The Wailers: Trenchtown Rock (Anthology '69 - '78) 2002 Trojan Records
  • Bob Marley and The Wailers. Universal Clasic 2004 Universal
  • Gold 2005 Island/Tuff Gong
  • Africa Unite: The Singles Collection 2005 Island/Tuff Gong

Notas

Véaxase tamén

Ligazóns externas