Robert Kahn, coñecido como Bob Kane, nado no Bronx (Nova York) o 24 de outubro de 1915 e finado o 3 de novembro de 1998, foi un debuxante e escritor estadounidense de banda deseñada, considerado o creador do superheroe Batman para DC Cómics. Anos máis tarde, Kane recoñeceu que Bill Finger, escritor do seu estudo, "contribuíu" na creación do personaxe.
Traxectoria
Aos 18 anos cambiou de maneira legal o seu apelido polo de Kane. No 1936 dibuxou e tintou o seu primeiro cómic profesional: Hiram Hick[1]. No 1938 vendía relatos humorísticos de recheo para DC Cómics.
No 1938 coñeceu a Bill Finger e axiña colaboraron en diversos proxectos, entre eles a creación de Batman. Dende a creación da personaxe, centrouse profesionalmente nel ata o ano 1968, cando se xubilou[1]. O éxito da serie televisiva de Batman no 1966, fixo que Kane acadase sona de novo. Así os seus debuxos foron expostos en galerías ó longo dos Estados Unidos e publicáronse edicións limitadas dalgunha das súas litografías. Posteriormente exerceu como asesor da película Batman no 1989 e tamén nas súas secuelas posteriores. O mesmo ano publicouse a súa autobiografía co título Batman and me[1].
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Especial Detective Comics 27. 75 años de Batman. Publicado por ECC Ediciones. ISBN: 978-84-16070-73-2. Editado no 2014 (en castelán)