Baralla de cartas

Cartas de tarot de estilo austríaco.
Doce cartas de distintas confeccións vistas de dorso. Obsérvase que poden usarse deseños xeométricos simples ou debuxos máis elaborados.

Unha baralla[1] é un conxunto de naipes ou cartas. Os naipes son tarxetas de cartón, que teñen unha cara frontal con debuxos, números e/ou letras que permite diferencialas. Ao dorso habitualmente teñen un deseño uniforme que impide identificalas. Adoitan empregarse para os xogos de cartas, aínda que tamén se empregan en ilusionismo, xogos de mans,[2][3] lanzamento de cartas,[4] e construción de castelos de cartas, ademais de seren obxectos de colección. Algunhas barallas de tarot tamén se empregan para a adiviñación.

Existen diferentes tipos de barallas, as tradicionais, xeralmente asociadas a algunha cultura, por exemplo a baralla española, a inglesa, a francesa ou a de tarot. Entre as modernas, destacan as barallas para os xogos de cartas coleccionables.

Historia

Aes signatum e áses modernos

Os xogos de cartes xa se practicaban na antigüidade. Hai diferentes opinicións sobre se se orixinaron na India, ou se se empregaron primeiro na China e o Exipto, aínda que a opinión maioritaria é que foran creadas no séculoo XII, na China.[5][6]

Probablemente os xogos de cartas que se practicaban na antigüidade empregábanse primeiro con símbolos máxicos e despois simbolizando batallas.

Na China xogábase cun tipo de naipe que derivou do papel moeda e das fichas do dominó. En Persia orixinouse o Ganjifa o Gânjaphâ, un tipo de xogo de cartas que se fixo popular na India durante o Imperio Mongol no século XVI. Na India xogábse ao "Dasavatara Ganjifa", que está formado por unha baralla con dez paus baseados nos dez avatares ou reencarnacións de Vishnu: peixe, sapoconcho, porco bravo, león, anano, machado, arco e frecha, raio, pota e cabalo. A maioría dos naipes indios son redondos, de diferentes tamaños e están feitos con cartón lacado, cartón pedra e en ocasións marfil. Igualmente, no Xapón xógase aos xogos de cartas Karuta (derivado do portugués 'carta') e as súas dúas barallas máis populares son a Hanafuda e a Uta-garuta.

O máis probable é que os naipes chegasen a Europa dende Oriente, introducidos polos árabes a través dos reinos cristiáns da Península Ibérica, aínda que tamén se di que foron levados polos cruzados. A primeira versión pode apoiarse no feito de que a baralla europea máis antiga sexa a chamada española, xa que os paus da baralla árabe eran moedas, copas, cimitarras e bastos, que despois evolucionaron a ouros, copas, espadas e bastos.

No Principado de Cataluña, o Consell de Cent, prohibiu os xogos de cartas en 1310 en Barcelona,[7] sendo esta a mención máis antiga dos xogos de naipes en Europa, e proba que levaba anos existindo. Tamén se coñecían noutras partes da Península Ibérica, xa que os estatutos da orde de cabalería da Banda fundada por Afonso XI de Castela en 1331, prohibían aos cabaleiros xogar aos naipes. Igual prohibición ditou Xoán I de Castela en 1387. Da Coroa de Aragón puideron pasar a Italia, a partir da conquista de Sicilia por Pedro III de Aragón (1282).

En Francia, en 1337, nas constitucións da abadía de San Vítor, en Marsella, menciónase (para prohibirllo aos frades) un xogo que chaman «páxinas» que podería referirse aos naipes:[8]

quod nulla persona audeat nec praesumat ludere ad taxillos nec ad paginas

En ocasións usáronse para distraer os nenos, en papeis realizados a man. En 1397 un decreto ditado en París prohibiu xogar aos naipes ás clases traballadoras en días de labor. Por outra banda, algúns investigadores estiman que as cartas, na súa versión francesa, se fabricaron por primeira vez en España en 1392 para que o rei Carlos VI se entretivese; así o contou o xesuíta Menéstrier (1631-1705), quen nun artigo publicado en 1702 no Journal de Trévoux expuxo que o xogo simbolizaba a estrutura feudal.

Un decreto do Senado de Venecia de 1441 que prohibía a introdución de naipes na Señoría indica que a súa fabricación despois de ser floreciente achábase en decadencia polas importacións de barallas estranxeiras. Os naipes do século XV que se conservan en Venecia e noutras cidades son máis grandes ca os actuais e dun cartón groso semellante ao papel de algodón. As figuras resáltanse sobre campo de ouro e son tres reis, dúas mulleres e dúas sotas, unha delas a cabalo. Cada figura leva un basto, unha espada ou unha moeda. As cores parecen aplicadas por medio duns contramoldes.

Naipes

Francesa Corazóns
Diamantes
Trevos
Picas
Alemá Corazóns
Campás
Landras
Follas
Italiana Copas
Moedas
Bastos
Espadas
Española Copas
Moedas
Bastos
Espadas
Suíza-alemá Rosas
Campás
Landras
Escudos

Unha baralla está composta de varias decenas de naipes. Un naipe, ou carta, é unha tarxeta, tradicionalmente feita de cartón (e actualmente tamén de plástico), xeralmente rectangular en que ambas as caras están claramente diferenciadas. Pola fronte conteñen números, letras e/ou debuxos que permiten identificalas e diferencialas unhas das outras dentro de cada baralla. Polo dorso, teñen todas un mesmo deseño co obxecto de que non sexa posible identificalas.[9] Se algunha tivese un elemento no dorso que permitise recoñecela, chámase carta marcada e implica a nulidade de toda a partida.

Nas barallas tradicionais cada naipe pertence a un dos paus da baralla e o debuxo da carta correspóndese con devandito pau. Ademais, pode haber cartas especiais, como o comodín ou os arcanos maiores do tarot que non pertencen a ningún pau.

Á súa vez, cada carta está numerada, nunha serie por cada pau. Chámanse cartas numéricas aquelas en que o debuxo de cada pau se repite a cantidade de veces que indica o número. Para os números máis altos, omítese isto e no seu lugar aparecen figuras,[10] que é a representación dunha persoa. Nestes casos, o número pode substituírse pola inicial do nome da figura. Por exemplo a letra R se é o rei. Isto tamén pode facerse na primeira carta, chamada ás. Neste caso, pode empregarse a letra A.

Dinámica dos xogos

Na maioría dos xogos de naipes, a baralla, ou unha parte dela, debe mesturarse de xeito que as cartas queden dispostas de forma aleatoria, é dicir, constituíndo unha sucesión que non poida ser obtida mediante un algoritmo máis curto que a sucesión mesma. Á acción de mesturar as cartas chámalla barallar. O carácter aleatorio das cartas implica que en todo xogo de cartas hai un compoñente de azar.

Tipos de barallas

Barallas para xogos de cartas

Barallas europeas clásicas
  • Baralla española, composta por cartas de catro paus: ouros, copas, espadas e bastos. Cada pau ten 12 cartas: as numéricas do 1 ao 9. As últimas tres son figuras: o 10 é a sota (un paxe); o 11, un cabaleiro chamado coloquialmente cabalo; e o 12, o rei. Complétase así unha baralla 48 naipes. Ás veces agréganse 2 comodíns conformando unha baralla de 50 cartas. Algúns xogos requiren 10 cartas por pau, para o que se quitan os 8 e os 9 quedando unha baralla de 40 cartas.
  • Baralla napolitana: ten os paus da española. As cartas numéricas van do 1 ao 7 e a sota está numerada como 8, o cabalo como 9 e o rei como 10. Probablemente a baralla española foi adoptada en Nápoles durante o dominio de Aragón e evolucionou posteriormente máis en España que en Italia, polo que a napolitana é parecida á antiga baralla española.
  • Baralla alemá, composta por cartas de catro paus: Schellen (campás), Gras, Grün ou Laub (pasto, verde ou follaxe), Herz ou Rot (corazón ou vermello) e Eichel (landra). Cada pau ten 9 cartas, o que fai unha baralla de 36 cartas. As cartas numéricas van do 6 ao 10, e están seguidas polas figuras Unter ou Bauer (inferior ou campesiño), Ober ou Dame (superior ou dama), König (rei) e Daus ou Ass (dous ou ás). Esta baralla deu orixe a outras, entre as que destaca a francesa.
  • Baralla francesa, composta por cartas de catro paus: corazóns, diamantes, picas e trevos. Tanto os corazóns como os diamantes represéntanse en vermello mentres que as picas e os trevos en cor negra. Cada pau ten 13 cartas, dando unha baralla de 52. Están numeradas do 1 ao 10 e seguidas por tres figuras: o Valet (paxe), a Dame (señora) e o Roi (rei) en que o número se substitúe polas iniciais V, D e R.
  • Baralla inglesa, semellante á baralla francesa pero coa tradución ao inglés dos nomes das figuras: o paxe é Jack, a dama é Queen (raíña) e o rei é King. Da mesma maneira cambian as iniciais que identifican cada unha: J, Q e K. Ademais no as substitúese o número 1 pola letra A, inicial de Ace.
Barallas que toman o modelo clásico engadindo cartas
  • Baralla de tarot, cos mesmos paus que a española. Cada pau ten 14 cartas. As numéricas van do 1 ao 10. Ademais hai 4 figuras ou «honras»: Sota, Raíña, Rei e Cabaleiro. A continuación agréganse 22 naipes especiais sen pau coñecidos como arcanos maiores. Todo isto suma unha baralla de 78 cartas.
  • Baralla Minchiate. Semellante á do Tarot, pero con 40 arcanos.
Barallas asiáticas
Dez cartas dunha baralla Ganjifa.
  • Barallas Karuta: barallas xaponesas clásicas, sendo as máis populares a Hanafuda e a Uta-garuta.
  • Barallas Ganjifa ou Gânjaphâ: barallas orixinarias de Persia; unha variación deste tipo de xogo de cartas, chamada Dasavatara ganjifa, fíxose popular na India. Algunhas barallas teñen as súas cartas circulares.

Outros tipos de barallas

As barallas numeradas utilízanse para xogos como o Uno.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baralla.
  2. Pang, Kevin (21 de abril de 2015). "72 Hours Inside the Eye-Popping World of Cardistry". Vanity Fair. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  3. Cepeda, Esther (26 de xullo de 2019). "Cardistry transforms deck of cards into performance art". Post Independent. Consultado o 28 de xullo de 2019. 
  4. Klimek, Chris (30 de novembro de 2018). "Ricky Jay Remembered, From The Wings: An Assistant's Thoughts On The Late Magician". NPR. Consultado o 29 de xullo de 2019. The second act climaxed with him throwing cards into watermelon, first the squishy interior, then the "pachydermatic outer melon layer." 
  5. Needham 2004, p. 328 "it is also now rather well-established that dominoes and playing-cards were originally Chinese developments from dice."
  6. Needham 2004, p. 334 "Numbered dice, anciently widespread, were on a related line of development which gave rise to dominoes and playing-cards (+9th-century China)."
  7. J. Amades y J. Colomines, "Els Soldats i altres Papers de Rengles" (Barcelona, 1933-1936) vol. II p. 7.
  8. D'Allemagne, Henri-René. Les cartes à jouer du XIVe au XXe siècle. París, Hachette, 1906. 2 vol, I pp. 16-17.
  9. Real Ademia Española (2014). "carta". Diccionario de la lengua española (23º ed.). 
  10. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para baralla.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Dorcadion songaricum Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Subfamili: Lamiinae Tribus: Dorcadiini Genus: Dorcadion Spesies: Dorcadion songaricum Dorcadion songaricum adalah spesies kumbang tanduk panjang yang tergolong famili Cerambycidae. Spesies ini juga merupakan bagian dari genus Dorcadion, ordo Coleoptera, kelas Insecta, filum Arthropoda, dan kingdom Animalia. Larva kumbang ini biasanya mengebor ke dalam kayu dan dap...

 

Policy on permits required to enter Bolivia Politics of Bolivia Constitution History Human rights Executive President (list) Luis Arce Vice President David Choquehuanca Cabinet of Bolivia Legislative Plurinational Legislative Assembly Chamber of Senators President of the Senate Chamber of Deputies President of the Chamber of Deputies Judiciary Supreme Tribunal of Justice Constitutional Tribunal Supreme Court (1825–2012) Elections Plurinational Electoral Organ Political parties Recent electi...

 

Christian radio station in Dallas KCBIDallas, TexasBroadcast areaDallas/Fort Worth MetroplexFrequency90.9 MHz (HD Radio)Branding90.9 KCBI FMProgrammingFormatContemporary Christian music Christian talk and teachingSubchannelsHD2: “KCBI’s All Teaching Channel” (Religious)OwnershipOwnerFirst Dallas Media Inc.HistoryFirst air dateMay 1976 (1976-05)Call sign meaningK Criswell Bible Institute (now Criswell College, the station's former owner)Technical informationFacility ID14524Clas...

German multinational clothing and apparel corporation This article is about the company. For other uses, see Adidas (disambiguation). Adidas AGFactory outlet in Herzogenaurach, GermanyFormerlyGebrüder Dassler Schuhfabrik (1924–1949)Company typePublic (AG)Traded asFWB: ADSDAX componentIndustryTextile, footwearFoundedJuly 1924; 99 years ago (1924-07) in Herzogenaurach, Germany (as Gebrüder Dassler Schuhfabrik)18 August 1949; 74 years ago (1949-0...

 

Reruntuhan Tikal, yang sebelumnya merupakan salah satu kota terkuat pada masa Maya Klasik. Keruntuhan Maya Klasik merujuk pada kemunduran peradaban Maya Klasik dan ditinggalkannya kota-kota Maya Klasik di dataran rendah Maya selatan antara abad ke-8 hingga abad ke-9. Peristiwa ini tidak sama dengan keruntuhan Maya Praklasik pada abad ke-2. Periode Klasik dalam kronologi Mesoamerika secara umum merujuk pada periode antara tahun 300 hingga 900, dengan seratus tahun terakhir (800-900) disebut Kl...

 

50th season of top-tier Italian football Football league seasonSerie AFootball Club Internazionale 1952-53Season1952–53ChampionsInternazionale6th titleRelegatedComoPro PatriaMatches played306Goals scored830 (2.71 per match)Top goalscorerGunnar Nordahl(26 goals)← 1951–52 1953–54 → The 1952–53 Serie A season was won by Internazionale. Teams Roma had been promoted from Serie B. AtalantaBolognaComoFiorentinaInternazionaleMilanJuventusTorinoLazioRomaNapoliNovaraPalermoPro PatriaSa...

Species of mammal Sowerby's beaked whale Size compared to an average human Conservation status Least Concern  (IUCN 3.1)[1] CITES Appendix II (CITES)[2] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Mammalia Order: Artiodactyla Infraorder: Cetacea Family: Ziphiidae Genus: Mesoplodon Species: M. bidens Binomial name Mesoplodon bidensSowerby, 1804 Sowerby's beaked whale (Mesoplodon bidens), also known as the North Atlant...

 

1955 single by Gilbert Bécaud and Everly Brothers This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Let It Be Me The Everly Brothers song – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2016) (Learn how and when to remove this message) Je t'appartiensSingle by Gilbert BécaudReleased1955GenrePopSongw...

 

Village and civil parish in Suffolk, England This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Tunstall, Suffolk – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2018) (Learn how and when to remove this message) Human settlement in EnglandTunstallChurch of St Michael and All Angels, TunstallTunstallLocat...

Bridge in Tiền Giang & Bến Tre, VietnamRạch Miễu BridgeCầu Rạch MiễuRạch Miễu Bridge in 2011Coordinates10°20′13″N 106°20′38″E / 10.337°N 106.344°E / 10.337; 106.344Carries2 lanes (1 each way)CrossesMekong riverLocaleTiền Giang & Bến Tre,  VietnamMaintained byTổng công ty Tư vấn thiết kế GTVT (TEDI)CharacteristicsDesignCable-stayed bridgeTotal length2,868 metres (9,409 ft), 8,331 meters (27,333 ft) inclu...

 

Pour les articles homonymes, voir Maurienne (homonymie). Maurienne Vue aérienne de la vallée entre Saint-Jean-de-Maurienne et Val-Cenis. Massif Alpes Pays France Région Auvergne-Rhône-Alpes Département Savoie Coordonnées géographiques 45° 12′ nord, 6° 40′ est Géolocalisation sur la carte : France Maurienne Géolocalisation sur la carte : Savoie (département) Maurienne Orientation aval sud-ouest puis nord-ouest Longueur 125 km Type Vallée glaciair...

 

Voce principale: 1. Fußball- und Sportverein Mainz 05. 1. Fußball- und Sportverein Mainz 05 IIStagione 2014-2015Sport calcio Squadra Magonza II Allenatore Martin Schmidt (1ª-23ª, 25ª) Sandro Schwarz (24ª, 26ª-38ª) 3. Liga16º posto Maggiori presenzeCampionato: Weil (35)Totale: Weil (35) Miglior marcatoreCampionato: Höler (10)Totale: Höler (10) StadioStadion am Bruchweg Maggior numero di spettatori3 083 vs. Arminia Bielefeld Minor numero di spettatori453 vs. Stoccarda II M...

Otto MessmerLahirOtto James Messmer(1892-08-16)16 Agustus 1892Union City, New Jersey, ASMeninggal28 Oktober 1983(1983-10-28) (umur 91)Fort Lee, New Jersey, ASSuami/istriAnn Messmer Felix the Cat, Karya terkenal Messmer Otto James Messmer (16 Agustus 1892 – 28 Oktober 1983) adalah seorang animator asal Amerika Serikat. Ia dikenal atas karyanya pada strip komik dan kartun Felix the Cat yang diproduksi oleh studio Pat Sullivan. Referensi Mavromatis, Kally; Felix the Cat –...

 

Sacco di Mantovaparte Guerra di successione di Mantova e del MonferratoMantovaData18 luglio 1630 LuogoMantova EsitoPassaggio del Ducato di Mantova ai Gonzaga-Nevers, modifiche territoriali al Ducato di Savoia[1] Schieramenti Sacro Romano Impero Regno di Francia Gonzaga-Nevers Repubblica di Venezia Comandanti Rambaldo XIII di Collalto Matthias Gallas Johann von Aldringen Carlo I di Gonzaga-Nevers[2] Effettivi12.000 fanti e 1.600 cavalli7.000 fanti e 500 cavalli Voci di battagli...

 

Part of a series on theHistory of Japan ListPaleolithicbefore 14,000 BCJōmon14,000 – 1000 BCYayoi 1000 BC – 300 ADKofun 300 AD – 538 ADAsuka 538 – 710Nara 710 – 794HeianFormer Nine Years' WarLater Three-Year WarGenpei War 794–1185KamakuraJōkyū WarMongol invasionsGenkō WarKenmu Restoration 1185–1333MuromachiNanboku-chō periodSengoku period 1336–1573Azuchi–Momoyama Nanban tradeImjin WarBattle of Sekigahara 1573–1603Edo (Tokugawa) Toku...

Comisión Económica de las Naciones Unidas para Europa Acrónimo UNECE (inglés), CEPETipo Organismo regionalFundación 1947Sede central GinebraSecretario Christian Friis Bach (2014 - ahora)[1]​Empresa matriz Consejo Económico y Social de las Naciones UnidasSitio web http://www.unece.org[editar datos en Wikidata] La Comisión Económica de las Naciones Unidas para Europa, CEPE (UNECE o ECE en inglés) se estableció en 1947 para promocionar la cooperación económica entre s...

 

County in Oregon, United States County in OregonSherman CountyCountySherman County Courthouse in MoroLocation within the U.S. state of OregonOregon's location within the U.S.Coordinates: 45°25′N 120°41′W / 45.41°N 120.69°W / 45.41; -120.69Country United StatesState OregonFoundedFebruary 25, 1889Named forWilliam T. ShermanSeatMoroLargest cityWascoArea • Total831 sq mi (2,150 km2) • Land824 sq mi (2,130&#...

 

Electric motor driven by an AC electrical input An industrial type of AC motor with electrical terminal box at the top and output rotating shaft on the left. Such motors are widely used for pumps, blowers, conveyors and other industrial machinery. An AC motor is an electric motor driven by an alternating current (AC). The AC motor commonly consists of two basic parts, an outside stator having coils supplied with alternating current to produce a rotating magnetic field, and an inside rotor att...

متحف المنحوتات في شحات   إحداثيات 32°49′04″N 21°51′51″E / 32.817639°N 21.864167°E / 32.817639; 21.864167   معلومات عامة الدولة ليبيا  معلومات أخرى تعديل مصدري - تعديل   الحسان الثلاثة في متحف شحات. متحف شحات أو متحف المنحوتات في شحات في ليبيا. هو متحف قرب مدينة قوريني التاريخي�...

 

Port in United StatesPort of HoustonAerial view of the Greens Point Industrial Park at the portLogo of the Port of Houston AuthorityClick on the map for a fullscreen viewLocationCountryUnited StatesLocationHouston (Texas, USA)Coordinates29°43′N 95°15′W / 29.717°N 95.250°W / 29.717; -95.250[1]UN/LOCODEUSHOU[2]DetailsOperated byPort of Houston AuthorityOwned byCity of HoustonType of harbourArtificial / naturalNumber of cargo container terminals2Nu...