Bamboleo (programa)

Bamboleo
Presentado por Lucía Regueiro

Bamboleo é un programa de televisión de entretemento producido pola produtora CTV[1] e emitido pola Televisión de Galicia. Transmítese os sábados ás 22:00 h. Este espazo, que se emite desde 2011, céntrase na música, o baile e a participación do público.

Descrición

En orixe presentouno Xosé Manuel Piñeiro. En 2018 Xosé Manuel Piñeiro ausentouse máis dun ano por mor dun cancro que superou,[2] sendo substituído por Lucía Regueiro, [3] quen é actualmente a condutora do programa. O programa inclúe actuacións musicais en directo de xéneros diversos, desde a música tradicional galega ata o pop, o rock e outros estilos contemporáneos.

Ademais das actuacións musicais, Bamboleo inclúe varias seccións de participación popular, entre as que destacan concursos de baile e canto, onde tanto profesionais coma afeccionados poden demostrar as súas habilidades. Estas competicións adoitan estar acompañadas da interacción co público e cos telespectadores, quen pode participar activamente a través de chamadas telefónicas ou redes sociais. O programa tamén conta cun compoñente humorístico, coa participación de cómicos e personaxes recorrentes que achegan un toque de comedia ao espectáculo.

Na tempada 2022-2023 emitíase os sábados á noite despois do Atrápame se podes cunha duración de máis de dúas horas.[4] Está dirixido a unha audiencia de todas as idades, con música de grupos pop galegos e de fóra. En 2024 regresou á grella da Televisión de Galicia cunha nova imaxe gráfica e con Lucía Regueiro como única presentadora.[5][6], a partir do 8 de xuño en horario de máxima audiencia.[7] Actualmente conta cos colaboradores Isi, que protagoniza a súa sección do Conto; Damián, animador do público do plató; Javier Varela, pianista do programa; e Claudio, que colabora na sección dos bailes.

Seccións

  • A Jrileira: compiten por un premio varias comisións de festas.[8]
  • Tirando a dar: con preguntas aos artistas convidados.
  • Baile: bailes internacionais e de salón.
  • Conto: anécdotas e historias contadas polo humorista galego Isi.
  • A ITV do amor: xogo no que concursa unha parella e dous amigos, onde un membro da parella participa de incógnito entre estes dous amigos e un membro da comisión de festas ten que adiviñar cal é a parella da outra a través de preguntas e respostas sexuais comprometedoras.

Notas

  1. "Xosé Arias, director de CTV: “Nuestro objetivo es crear contenidos de ficción para fuera de Galicia”". ctvproductora (en castelán). 2018-01-31. Consultado o 2023-07-31. 
  2. https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2019-12-20). "Xosé Manuel Piñeiro regresa al plató de «Bamboleo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 
  3. "Anémona en Bamboleo con Lucía Regueiro". Ardentia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2023. Consultado o 2023-07-31. 
  4. "Con Andrés Suárez, Ricky Merino e a orquestra Fania Blanco Show CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-31. 
  5. "Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2024-09-09. 
  6. newsletter74 (2024-05-31). "Lucía Regueiro anuncia en Land Rober el regreso del Bamboleo el próximo 8 de junio". ctvproductora (en castelán). Consultado o 2024-09-09. 
  7. "Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2024-09-09. 
  8. "Con Lucía Pérez, WRS e a orquestra La Ocaband CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-07-31. 

Véxase tamén

Ligazóns externas