Botarse ao monte foi un programa de televisión da TVG, que se emitiu desde o 27 de xullo até o 26 de outubro de 2009. Trátase dun programa de sendeirismo, presentado por Xosé Antonio Touriñán, no que percorre distintas localizacións de Galicia, e no que se dan consellos sobre excursionismo. Emitíronse un total de 13 episodios, producidos por Bren Entertainment para a Televisión de Galicia.
Episodios
- "Ruta de Oleiros" (27 de xullo de 2009)
- "Ruta de Trevinca" (3 de agosto de 2009)
- "Ruta de Guitiriz" (17 de agosto de 2009)
- "Ruta polo Barbanza" (24 de agosto de 2009)
- "Ruta polos canóns do Sil" (31 de agosto de 2009)
- "Ruta dos territorios celtas en Narón" (7 de setembro de 2009)
- "Ruta polos codos de Belesar, Chantada" (14 de setembro de 2009)
- "Ruta pola Costa da Morte" (21 de setembro de 2009)
- "Abrindo unha ruta en Campolongo" (28 de setembro de 2009)
- "Ruta urbana en Pontevedra" (5 de outubro de 2009)
- "Ruta en Silleda" (12 de outubro de 2009)
- "Ruta na Baixa Limia" (19 de outubro de 2009)
- "Os mellores momentos de Botarse ao monte" (26 de outubro de 2009)
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Década de 1980 | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Produción allea | |
---|
|