Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde xaneiro de 2018.)
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo.
O horario de máxima audiencia, en inglésprime time (horario prioritario), é a franxa horaria na que se concentra o maior número de audiencia na televisión, aínda que tamén o termo se emprega noutros medios de comunicación como a radio. O horario de máxima audiencia adoita comezar ás 20.00 horas e remata arredor das 24.00, aínda que non hai un horario estabelecido e varía dependendo do país.
Durante o horario de máxima audiencia emítense os programas principais ou de maior éxito, como series de televisión, filmes, programas de entrevistas etc. En consecuencia, esta franxa horaria é a máis codiciada e cara para a publicidade.
Galiza
En Galiza o horario de máxima audiencia comeza arredor das 20.00h[Cómpre referencia] na TVG coa emisión do Telexornal serán e nel emítense programas que mantiveron o éxito dende hai décadas, como Luar.