Bacterias redutoras de sulfato

Desulfovibrio vulgaris é a especie de bacteria redutora de sulfato mellor estudada; a barra a parte superior é de 0,5 micrómetros.

As bacterias redutoras de sulfato son as bacterias (aínda que tamén fan o mesmo algunhas arqueas)[1] que poden obter enerxía oxidando compostos orgánicos ou hidróxeno molecular (H2) mentres que reducen o sulfato (SO2−
4
) a sulfuro de hidróxeno (H2S).[2] Podería dicirse que estes organismos "respiran" sulfato en vez de oxíxeno nunha forma de respiración anaerobia, usándoo como aceptor de electróns.

As bacterias redutoras de sulfato teñen unha antigüidade de 3.500 millóns de anos (Ma) e considérase que están entre os microorganismos máis antigos, que contribuíron a establecer o ciclo do xofre pouco despois de que xurdise a vida na Terra.[3]

Moitas bacterias reducen pequenas cantidades de sulfatos para sintetizar compoñentes celulares que conteñan xofre; o que se denomina redución asimiladora do sulfato. Ao contrario, as bacterias redutoras de sulfato que se consideran neste artigo reducen o sulfato en grandes cantidades para obter enerxía e expulsan o sulfuro resultante como residuo; isto denomomínase redución disimilatoria do sulfato. Usan o sulfato como aceptor de electróns terminal da súa cadea de transporte de electróns.[4] A maioría destes organismos son anaerobios; porén, hai exemplos de bacterias redutoras do sulfato que son tolerantes ao oxíxeno.[5] En condicións oxixenadas estas bacterias cambian á respiración aerobia en vez de reducir o sulfato.[1]

A maioría das bacterias redutoras de sulfato poden tamén reducir outros compostos de xofre inorgánicos oxidados, como sulfitos, tiosulfatos, ou xofre elemental (que é reducido a sulfuro de hidróxeno).

Ademais, hai bacterias redutoras de sulfato que poden reducir fumarato, nitrato e nitrito, ferro (Fe(III)) e algúns outros metais, dimetil sulfóxido e mesmo oxíxeno.[1]

Importancia ecolóxica e marcadores

O sulfato está amplamente presente na auga de mar, sedimentos, ou auga rica en materia orgánica en descomposición. As bacterias redutoras de sulfato son comúns en ambientes anaerobios nos que colaboran na degradación de materia orgánica.[6] Nestes ambientes anaerobios, as bacterias fermentadoras extraen enerxía de moléculas orgánicas grandes; os compostos resultantes máis pequenos como ácidos orgánicos e alcohois son despois aínda máis oxidados por microorganismos acetóxenos e metanóxenos e as bacterias redutoras de sulfato competidoras.[4]

Lodos dunha lagoa; a cor negra débese aos sulfuros de metais que resultan da acción das bacterias redutoras de sulfato.

O sulfuro de hidróxeno tóxico é un produto residual das bacterias redutoras de sulfato; o seu cheiro a ovos podres adoita ser un marcador da presenza de bacterias redutoras de sulfato na natureza.[6] As bacterias redutoras de sulfato son responsables dos cheiros sulfurosos das marismas salobres e planicies lodosas. Gran parte do sulfuro de hidróxeno reaccionará con ións metálicos na auga para producir sulfuros de metais. Estes sulfuros de metais, como o sulfuro ferroso (FeS), son insolubles e a miúdo negros ou marróns, dándolle unha cor negra ao lodo.[2]

Durante o evento de extinción do Permiano–Triásico (hai uns 250 millóns de anos parece que ocorreu un grave evento anóxico no que estas formas de bacterias se fixeron dominantes nos ecosistemas oceánicos, producindo copiosas cantidades de sulfuro de hidróxeno.[7]

Usos

Algunhas bacterias redutoras de sulfato poden reducir hidrocarburos como o benceno, tolueno, etilbenceno e xileno, e foron usadas para limpar solos contaminados. O seu uso foi tamén proposto para limpar outros tipos de contaminación.[3]

As bacterias redutoras de sulfato considéranse unha posible forma de tratar as augas da drenaxe ácida de minas que producen outras bacterias.[8]

Problemas causados polas bacterias redutoras de sulfato

En enxeñería, as bacterias redutoras de sulfato poden crear problemas cando as estruturas metálicas son expostas a auga que contén sulfato: A interacción da auga e o metal crea unha capa de hidróxeno molecular na superficie do metal; entón as bacterias redutoras do sulfato oxidan o hidróxeno mentres que xeran sulfuro de hidróxeno, que contribúe á corrosión.

O sulfuro de hidróxeno xerado por estas bacterias tamén xoga un papel na corrosión por sulfuro bioxénica do formigón. Tamén ocorre no cru con moitas impurezas sulfurosas.[3]

Algunhas bacterias redutoras de sulfato xogan un papel na oxidación anaerobia do metano:[3]

CH4 + SO42−HCO3 + HS + H2O

Unha importante fracción do metano formado polos metanóxenos baixo o leito do mar é oxidado polas bacterias redutoras de sulfato na zona de transición que separa a metanoxénese da actividade de redución do sulfato nos sedimentos. Este proceso é tamén considerado un importante sumidoiro do sulfato en sedimentos mariños.

En fluídos de fractura hidráulica usados para fraccionar formacións de lousas para recuperar o metano e hidrocarburos, a miúdo engádense compostos biocidas á auga para inhibir a actividade microbiana das bacterias redutoras do sulfato para evitar, entre outras cousas, a oxidación do metano e a xeración de sulfuro de hidróxeno. Isto minimiza as perdas potenciais na produción.

Bioquímica

Antes de poder utilizar o sulfato como aceptor de electróns, este debe ser activado. Isto faino o encima ATP-sulfurilase, que usa a ATP e o sulfato para crear adenosine 5'-fosfosulfato (APS). A APS é despois reducida a sulfito e a AMP. O sulfito é despois reducido aínda máis a sulfuro, mentres que o AMP é transformado en ADP usando outra molécula de ATP. O proceso conxunto implica un investimento de dúas moléculas do transportador de enerxía ATP, que deben ser recuperados na redución.[1]

Filoxenia

As bacterias redutoras de sulfato foron tratadas como un grupo fenotípico, xunto coas outras bacterias redutoras do xofre, para propósitos de identificación. Pertencen a varias liñas filoxenéticas diferentes.[9] En 2009, coñecíanse 60 xéneros que contiñan 220 especies de bacterias redutoras de sulfato.[3]

Entre as Deltaproteobacterias as ordes de bacterias redutoras de sulfato son: Desulfobacterales, Desulfovibrionales e Syntrophobacterales. Este é o grupo máis grande de bacterias redutoras de sulfato, cuns 23 xéneros.[1]

O segundo grupo máis grande de bacterias redutoras de sulfato está incluído en Firmicutes, e comprende os xéneros Desulfotomaculum, Desulfosporomusa e Desulfosporosinus.

Na división Nitrospirae encóntranse redutores de sulfato no xénero Thermodesulfovibrio.

Dous grupos máis que inclúen bacterias redutoras de sulfato termófilas clasifícanse no seu propio filo, as Thermodesulfobacteria, e en Thermodesulfobium.

Ademais de bacterias hai tamén arqueas redutoras de sulfato en tres xéneros: Archaeoglobus, Thermocladium e Caldivirga. Encóntranse en fontes hidrotermais, depósitos de petróleo e fontes termais.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Muyzer, G. and Stams, A. J. (June 2008). "The ecology and biotechnology of sulphate-reducing bacteria". Nature Reviews Microbiology 6: 441–454. PMID 18461075. doi:10.1038/nrmicro1892. 
  2. 2,0 2,1 Ernst-Detlef Schulze, Harold A. Mooney (1993). Biodiversity and ecosystem function. Springer-Verlag. p. 88–90. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Barton, Larry L. & Fauque, Guy D. (2009). "Biochemistry, Physiology and Biotechnology of Sulfate-Reducing Bacteria". Advances in Applied Microbiology 68: 41–98. doi:10.1016/s0065-2164(09)01202-7. 
  4. 4,0 4,1 Larry Barton (ed.) (1995). "Sulfate-reducing bacteria". Springer. 
  5. Kasper U. Kjeldsen; Catherine Joulian & Kjeld Ingvorsen (2004). "Oxygen Tolerance of Sulfate-Reducing Bacteria in Activated Sludge". Environmental Science and Technology 38 (7): 2038–2043. doi:10.1021/es034777e. 
  6. 6,0 6,1 Dexter Dyer, Betsey (2003). A Field Guide to Bacteria. Comstock Publishing Associates/Cornell University Press. 
  7. Peter D. Ward (outubro de 2006). "Impact from the Deep". Scientific American. 
  8. "abstract Operational Lessons Learned During Bioreactor Demonstrations for Acid Rock Drainage Treatment". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  9. Pfennig, N.; Biebel, H. (1986). "The dissimilatory sulfate-reducing bacteria". En Starr, M.P; Stolp, H; Trüper, H.G; Balows, A.; Schlegel, H.G. The Prokaryotes: a handbook on habitats, isolation and identification of bacteria. Springer. 

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

5,7 × 28 mm Peluru 5,7 × 28 mm untuk olahraga menembak. Dari kiri ke kanan: SS195LF, SS196SR, dan SS197SR. Tipe Personal defense weapon Negara asal  Belgia Sejarah penggunaan Operasional 1991-present[1] Digunakan oleh P90 UsersFive-seven Users Perang Gulf War[1] Afghanistan War[2] Iraq War Mexican Drug War[3] Sejarah produksi Perancang Jean-Paul Denis (SS90)[4] Marc Neuforge (SS90)[4] Dirancang 1986-1990 (SS90)[1&...

 

American politician (born 1955) Doug OseMember of the U.S. House of Representativesfrom California's 3rd districtIn officeJanuary 3, 1999 – January 3, 2005Preceded byVic FazioSucceeded byDan Lungren Personal detailsBornDouglas Arlo Ose (1955-06-27) June 27, 1955 (age 68)Sacramento, California, U.S.Political partyRepublicanSpouseLynnda OseEducationUniversity of California, Berkeley (BS)Signature Douglas Arlo Ose (born June 27, 1955) is an American businessman and po...

 

American trade magazine CFOManaging Director/Head of ContentAndy BurtManaging EditorLauren MuskettSenior Reporter-At LargeVince RyanReporterAdam ZakiCategoriesOnline PublicationFrequencyDailyPublisherIndustry DiveFounded1985CompanyIndustry DiveCountryUnited StatesBased inNew YorkLanguageEnglishWebsitewww.cfo.com CFO (now CFO.com) is an online publication owned by Industry Dive. It was launched in 1985 for chief financial officers (CFOs) and other financial executives in companies in the U.S. ...

KosambiKecamatanPeta lokasi Kecamatan KosambiNegara IndonesiaProvinsiBantenKabupatenTangerangPemerintahan • CamatDrs. H. Slamet Budhi, M.Si.Populasi • Total131,011 jiwa (sensus 2.010) [1] jiwaKode Kemendagri36.03.14 Kode BPS3603210 Desa/kelurahan7 desa - 3 kelurahan Untuk kegunaan lain, lihat Kosambi. Kosambi adalah sebuah kecamatan di Kabupaten Tangerang, Provinsi Banten, Indonesia. Kecamatan Kosambi merupakan hasil pemekaran dari Kecamatan Teluknaga pada tahun 1...

 

Italia Artikel ini adalah bagian dari seri Politik dan KetatanegaraanItalia Undang-Undang Dasar Hukum konstitusi Perjanjian Lateran Kepala negara Presiden (daftar) Sergio Mattarella Eksekutif Perdana Menteri (daftar) Mario Draghi Dewan Menteri Kabinet saat ini Kementerian Legislatif Parlemen (daftar) Senat Dewan Perwakilan Rakyat Yudikatif Mahkamah Konstitusi Mahkamah Agung Corte d'Assise Hukum Acara Pidana Institusi negara lainnya Dewan Ekonomi dan Tenaga Kerja Nasional Dewan Negara Mahkamah...

 

بابوا غينيا الجديدة فيالألعاب الأولمبيةالرمزPNGاللجنةPapua New Guinea Olympic Committeeالموقعwww.pngolympic.orgالميداليات ذهبية 0 فضية 0 برونزية 0 المجموع 0 ظهور صيفي197619801984198819921996200020042008201220162020شاركت بابوا غينيا الجديدة لأول مرة في الألعاب الأولمبية في دورة 1976 الصيفية، وأرسلت رياضيين للتنافس في ك�...

List of requests given to James I by Puritans in 1603 This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Millenary Petition – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2020) (Learn how and when to remove this template message) Part of a series on theHistory of the Church of EnglandWestminster Abbey (174...

 

France ÔCaractéristiquesCréation 25 février 2005Disparition 24 août 2020Propriétaire La 1re(France Télévisions)Slogan « Regardons autrement »Format d'image 16/9, 576i (SD), 1080i (HD)Langue FrançaisPays FranceStatut Généraliste nationale publiqueSiège social 35-37, rue Danton92240 MalakoffAncien nom RFO Sat (1998-2005)Chaîne sœur La 1re (9 chaînes), France 2, France 3 (et ses déclinaisons locales), France 4, France 5, France InfoSite web france.tv/france-oDiffusio...

 

Шалфей обыкновенный Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:РастенияКлада:Цветковые растенияКлада:ЭвдикотыКлада:СуперастеридыКлада:АстеридыКлада:ЛамиидыПорядок:ЯсноткоцветныеСемейство:ЯснотковыеРод:ШалфейВид:Шалфей обыкновенный Международное научное наз...

USA-258, juga dikenal sebagai GPS IIF-8, GPS SVN-69 dan NAVSTAR 72, merupakan satelit navigasi Amerika yang merupakan bagian dari Global Positioning System. Itu kedelapan belas dari satelit Blok IIF yang akan diluncurkan. Dibangun oleh Boeing dan diluncurkan oleh United Launch Alliance, USA-258 diluncurkan pada 17:21 UTC pada tanggal 29 Oktober 2014, di atas sebuah roket Atlas V 401. Peluncuran berlangsung dari Space Launch Complex. 41 di Canaveral Air Force Station Cape Air, dan USA-258 lan...

 

Warm ocean current in the Indian Ocean visualisation of ocean currents The Mozambique Current is an ocean current in the Indian Ocean, usually defined as warm surface waters flowing south along the African east coast in the Mozambique Channel, between Mozambique and the island of Madagascar. The classical definition of the Mozambique Current is that it is a strong, steady, western boundary current. Modern research has challenged that assumption, and indicates that rather than a strong western...

 

Sir Robert ManserghSir Robert ManserghLahir12 Mei 1900Koloni TanjungMeninggal8 November 1970(umur 70)Pengabdian Britania RayaDinas/cabang Angkatan Darat Britania RayaLama dinas1920–1959PangkatJenderalKomandanDivisi XI (Afrika Timur)Divisi Infanteri V (India)Korps XV (India)Allied Forces Netherlands East IndiesKomandan Angkatan Britania Raya di Hong KongAllied Forces Northern EuropeAngkatan Darat Britania RayaPerang/pertempuranPerang Dunia IIRevolusi Nasional Indonesia Pertempuran ...

American filmBatman OnStarBatman OnStar adDirected byVincent WardAndrew DavisWritten byNancy WellingerJim MillisProduced byPeter MacGregor-ScottStarringBruce ThomasCurtis ArmstrongBrooke BurnsBrian StepanekMichael GoughProductioncompaniesMillennium PicturesWarner Bros.CountryUnited StatesLanguageEnglish The Batman OnStar commercials were a series of six[1] television commercials featuring comic book superhero Batman, created by ad-agency Campbell-Ewald and based on the Tim Burton/Joe...

 

IGFBP1 التراكيب المتوفرة بنك بيانات البروتينOrtholog search: PDBe RCSB قائمة رموز معرفات بنك بيانات البروتين 1ZT3, 1ZT5, 2DSQ المعرفات الأسماء المستعارة IGFBP1, AFBP, IBP1, IGF-BP25, PP12, hIGFBP-1, insulin like growth factor binding protein 1 معرفات خارجية الوراثة المندلية البشرية عبر الإنترنت 146730 MGI: MGI:96436 HomoloGene: 498 GeneCards: 3484 علم ال�...

 

Part of a series onTamils History History of Tamil Nadu History of Sri Lanka Sources of ancient Tamil history Sangam period Keezhadi excavation site Tamilakam Agriculture Economy Education Industry Chronology of Tamil history Eelam Tamil Kingdoms Tamilization Culture Language Literature Philosophy Script Numeral system Medicine Music Architecture Cuisine Calendar Cinema People Indian Tamils Sri Lankan Tamils Malaysian Tamils Singapore Tamils Tamil diaspora Indian Tamil diaspora Sri Lankan Tam...

هذه المقالة عن المجموعة العرقية الأتراك وليس عن من يحملون جنسية الجمهورية التركية أتراكTürkler (بالتركية) التعداد الكليالتعداد 70~83 مليون نسمةمناطق الوجود المميزةالبلد  القائمة ... تركياألمانياسورياالعراقبلغارياالولايات المتحدةفرنساالمملكة المتحدةهولنداالنمساأسترالي�...

 

 烏克蘭總理Прем'єр-міністр України烏克蘭國徽現任杰尼斯·什米加尔自2020年3月4日任命者烏克蘭總統任期總統任命首任維托爾德·福金设立1991年11月后继职位無网站www.kmu.gov.ua/control/en/(英文) 乌克兰 乌克兰政府与政治系列条目 宪法 政府 总统 弗拉基米尔·泽连斯基 總統辦公室 国家安全与国防事务委员会 总统代表(英语:Representatives of the President of Ukraine) 总...

 

Le Soleil est un réacteur à fusion naturel qui transmute les éléments légers en éléments plus lourds grâce à la nucléosynthèse stellaire, une forme de fusion nucléaire. La transmutation de la matière est la transformation d'une substance en une autre. En physique nucléaire, la transmutation (ou mue atomique) est la transformation d'un élément chimique en un autre par une modification de son noyau atomique. Elle est aussi appelée transmutation nucléaire. Le terme est aussi ut...

Ini adalah nama Korea; marganya adalah Kim. Kim Yoo-riKim Yoo-ri in 2019.Lahir29 Agustus 1984 (umur 39)Busan, Korea SelatanPendidikanUniversitas Kyung Hee - Komunikasi VisualPekerjaanAktrisTahun aktif2006-sekarangAgenC-JeS EntertainmentNama KoreaHangul김유리 Alih AksaraGim Yu-riMcCune–ReischauerKim Yuri Kim Yoo-ri (lahir 29 Agustus 1984) adalah seorang aktris asal Korea Selatan. Filmografi Seri televisi Tahun Judul Peran Jaringan 2006 As the River Flows Soon-geum KBS1 2009 The ...

 

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (أبريل 2019) فابيان جايجر   معلومات شخصية الميلاد 18 يوليو 1987 (37 سنة)[1]  الجنسية سويسرا  الحياة العملية المهنة دراج  نوع السباق ركوب الدراجات الجبلية  المو�...