É un concello montañoso e de relevo accidentado. As serras do Suído e Faro de Avión limitan o concello polo oeste superando os 1.000 metros de altitude. Desde os cumios o relevo descende abruptamente, dando lugar a vales encaixados que dificultan as comunicacións.
A rede fluvial está formada polo río Avia e os seus afluentes. O Avia nace en Fonte Avia, parroquia de Nieva, e recibe en Avión tres afluentes de importancia: o Couso, o Valderías e o río Cardelle, que forma o límite cos concellos de Boborás e Beariz.
O clima de Avión vén condicionado polas diferenzas de altitude entre as distintas terras do concello. Nas serras do Suído e Faro de Avión o clima é de montaña, frío en inverno e con intensas precipitacións mentres que nas zonas máis baixas as temperaturas son máis cálidas aproximándose ao tipo de clima mediterráneo da comarca do Ribeiro. Na zona intermedia entre a montaña e os vales pode dicirse que aparece un tipo de clima continental. O observatorio de Amiudal, a 553 m de altitude, rexistra unhas medias aproximadas de 5,5 °C en xaneiro e 19 °C en xullo.
Demografía
Censo total
1962 (2015)
Menores de 15 anos
94 (4,79 %)
Entre 15 e 64 anos
919 (46,84 %)
Maiores de 65 anos
949 (48,37 %)
Evolución da poboación de Avión Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
4923
5186
5450
4120
2804
2561
1962
1910
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Historia
No século XI Avión correspondía ao territorio xurisdicional do Metropolitano de Braga, recoñecido en 1010 polos bispos de Mondoñedo, Astorga, Lugo, Tui, Ourense, Lamego, Coímbra, Porto e Viseu. Porén, esa dependencia non debeu durar máis alá da implantación da Monarquía en Portugal en 1139.
En 1150, debido a unha competencia sobre límites das dioceses entre os prelados de Oviedo, Ourense e Astorga, o Papa Uxío III encomendoulle a resolución do conflito a Afonso VII de Castela. O rei dispuxo o 1 de marzo dese mesmo ano, que o Bispo de Oviedo cedese ao de Ourense a parte diocesana da Limia, desde o monte de Padrón ata Donia, e desde o río Azor até o Arnoia até a súa desembocadura no Miño; até Barroso coas igrexas de Petrayn e as de Castela; a de Orcellón; as igrexas de Avia e de Avión.
En 1156 o Bispo de Ourense e o Cabido de Tui fixeron unha partición de igrexas das súas dioceses, na que figura o arciprestado de Novoa e Avión; segundo isto, parte do territorio de Novoa e Avión (mais non Ribadavia), pertencían xa a aquela diocese, e a outra parte do territorio, chamada terras de Avia e Avión, formaba parte da diocese de Ourense. En 1215 chega a Orde do Temple a Avión, á igrexa de San Andrés de Abelenda.
En 1375 instáurase o señorío dos Sarmiento, condes de Ribadavia. A súa xurisdición abarcaba as freguesías de Avión, Abelenda, Amiudal, Barroso, Nieva, Couso (que compartía co mosteiro de Melón) e Córcores. Todas elas debían pagar o tributo da "fumaza" ou "fogaza", abolido por Isabel II en 1837.
O seu nome procede do veciño río Avia. Porén popularmente asociouse o nome ao da Andoriña de cu branco, que tamén recibe o nome de avión, polo que no escudo do concello aparece este animal. Avia procede da raíz indoeuropea celtaav- ou au-, fonte, corrente de auga. Comparte orixe co río Ave (chamado Avó na época da Gallaecia, hoxe Ave, ao norte do Porto) e con outros ríos franceses, españois e italianos[3].
Patrimonio
Patrimonio natural
Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.
↑Costas González, X.-H. (2015): "Os xentilicios en galego". En Eva M.Castro Figueiras; MªCristina Rodríguez Ricart. Na universidade en galego con seguridade, páx. 77. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1