Lobios

Modelo:Xeografía políticaLobios
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°52′31″N 8°05′04″O / 41.875277777778, -8.0844444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalFondevila Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.786 (2023) Editar o valor en Wikidata (10,61 hab./km²)
Xeografía
Superficie168,38 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude387 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMaría del Carmen Yáñez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Lobios Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32870 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32042 Editar o valor en Wikidata

Sitio weblobios.org Editar o valor en Wikidata

Lobios é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia, situado na Raia Seca, na fronteira entre Galicia e Portugal. No ano 2019, segundo o INE, tiña 1.678 habitantes, dos cales 839 son homes e 839 mulleres.

Historia

Prehistoria

A primeira evidencia de poboamento humano en Lobios remóntase ao Paleolítico, como demostran as descubertas arqueolóxicas na zona de Río Caldo. A partir de mediados do IV milenio a. C., os primeiros pobos pastores e agricultores establecéronse na área, deixando numerosos monumentos megalíticos entre os que destacan as necrópoles tumularias de San Bieito e a Anta do Couto.

A presenza dos primeiros pobos metalúrxicos, correspondentes ao período Calcolítico, é evidente a partir do 2500 a. C., reflectida en asentamentos con materiais líticos e cerámicos. Destaca tamén a localización das cerámicas campaniformes", datadas arredor do 1800 a. C. A Idade do Bronce é menos coñecida na zona, con achados illados que corresponden coa súa fase inicial.

A cultura castrexa, representada polos castros construídos en lugares con defensas naturais, esténdese dende o século VI a. C. até o IV d. C.[1]

Época romana

A invasión romana do noroeste da Península Ibérica comeza no 215 a. C. nun proceso lento e irregular. A Gallaecia non entrou en conflito directo coas lexións romanas até case un século despois, coa incursión de Décimo Xunio Bruto Galaico en 137 a. C., culminando despois das campañas de Octavio Augusto. A Vía Nova, construída durante a dinastía dos Flavios (Vespasiano, Tito e Domiciano), conectou diversos pobos e cidades, entre elas Aquis Querquennis (Porto Quintela), Aquis Originis (Río Caldo) e outros centros urbanos, e representa un importante paso no proceso de romanización do Noroeste Peninsular. A expansión da economía, testemuñada pola fundación de villae, foi un dos principais logros da época.[1]

Idade Media

A Idade Media é menos coñecida a partir da evidencia arqueolóxica, agás por algúns achados dispersos pola comarca. Durante este período, a acción monacal, especialmente a dos beneditinos, foi relevante no proceso de repoboamento. Segundo algúns, no lugar da Cela naceu San Rosendo, bispo e abade, fundador de mosteiros como o de San Salvador de Celanova.

Coa independencia de Portugal no século XII, estas terras convertéronse en fronteiras periféricas.

Idades moderna e contemporánea

Placa en homenaxe a Luís Soto en Lobios

Durante este tempo, houbo varias guerras que afectaron a zona, especialmente o Couto de Arauxo.

Nas guerras carlistas e a Guerra civil española, os vellos camiños foron empregados para o contrabando, e a solidariedade dos habitantes axudou a quen o precisaba.[1]

Buscalque foi o primeiro destino do político e xornalista Luís Soto,[2][3] que se fixo mestre ao seu regreso da emigración en Arxentina. Tamén deu clase en Penosiños e Mondariz (1934-1936).

O exalcalde de Lobios José Lamela Bautista, foi nomeado xuíz honorario do Couto Mixto en 2015.[4]

Demografía

Censo Total 1.868 (2016)
Menores de 15 anos 105 (5.62 %)
Entre 15 e 64 anos 1.020 (54.60 %)
Maiores de 65 anos 743 (39.76 %)
Evolución da poboación de Lobios   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.201 4.640 5.221 5.102 2.547 2.259 2.238 2.175 2.130
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
  • Á entrada do Xurés/ perdín o meu cadeado:/ Nosa Señora bendita/ teno no seo gardado [5].
  • Adios, Torneiros do Val,/ despedida de Galicia;/ xa que rilláste-lo nabo/ rillai tamén a nabiza [6].
  • Anque me pintaran de ouro/ como ó San Bartolomeu,/ lugariño de Silvares/ non o esquecería eu [7].
  • Antoniño, se te fores,/ tira un tiro na Portela;/ pra que digan as meniñas:/ Alá vai o rei da terra [8].
  • Antonio foise, foise,/ deu un tiro na Portela;/ quedaron dicindo as mozas:/ Alá vai o rei da terra [9].
  • Aquile que anda no baille,/ aquile que agora entrou,/ ten o beillar apurado,/ nin que fora dos de Grou! [10].
  • As mociñas de Requeixo/ quen che mas dera levar/ no bolsillo do chileque/ como o papel de fumar [11].
  • As mociñas de Silvares/ son poucas e moi bonitas:/ parez a cama onde dormen/ o galiñeiro das pitas [12].
  • As mociñas de Valoiro/ son pequeniñas e flacas,/ por eso me dixo Xan:/ Se vas elí non te casas [13].
  • Cando te queiras casar/ busca viño de Xeás,/ panciño de Vilanova/ e carneiro de Gaiás [14].
  • Chamáchesme dos da néboa/ porque paso o río Limia;/ eu chámote porreteiro,/ ceboleiro de Xendive [15].
  • Dónde son ises mociños,/ donde son, donde serán?/ Son do lugar de Xendive,/ veciños do San Xoán [16].
  • Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [17].
  • Eu hei de irme ó Xurés/ con estas miñas amigas;/ habemos botar un neto/ i habemos mercar sardiñas [18].
  • Eu subín por unha liña/ e baixei por un cordón,/ teño un amor en Ganceiros,/ non me sai do curazón [19].
  • Fai un ano que viñemos,/ un ano non é un mes,/ fai un ano que viñemos/ co pretesto do Xurés [20].
  • Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [21].
  • Había de ir a Xendive,/ mais a Xendive non vou/ que se me caiu a saia/ no San Mamede de Grou [22].
  • Hai unha mociña en Grou/ con tanto garbo e salero/ que cando vai paseando/ casque parez un torero [23].
  • Hei de ir ao San Roque a Lobios/ i á Santa Eufemia a Parada,/ que as mociñas de Lubeira/ son as da chave dourada [24].
  • Iste lugar de Silvares/ ninguén me diga mal de ile,/ puxarei pola espada,/ porei a vida por ile [25].
  • Miña Virxe de Xurés/ baixaivos ao areal/ que lle leva o millo a seca/ ás calaceiras do val [26].
  • Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá hei de ir,/ heille de levar un ramo/ que do ceo me ha de vir [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ iste ano alá non vou:/ tiña o diñeiriño xunto/ e non sei quen mo levou [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór,/ entre toxos e carqueixas/ e carballos darredor [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ que tan alta se foi pór/ pra lle dar os boenos días/ o domingo do Señor [27].
  • Miña Virxe do Xurés,/ quérena subir arriba;/ as mozas de Vilameá/ choran que parten a vida (Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Refírese a Vilameá, lugar da parroquia de Rio Caldo.
  • Miña Virxe do Xurés/ eu ben a vi ao sol posto/ cunha rosiña na mau/ i outra na mazá do rostro [27].
  • Miña Virxe do Xurés/ eu iste ano alá non vou/ polo mor dos alborotos, malia quen os armou [28].
  • Miña Virxe do Xurés/ ten o tellado de vidro/ que llo deu un mariñeiro/ que andaba no mar perdido [27].
  • Miña Virxe do Xurés/ ten un xustillo vermello;/ dálle o sol pola ventana,/ relumbra coma un espello [29].
  • Miña Virxe do Xurés/ ten unha ventana nova/ para ver aos portugueses/ como tocan a viola [27].
  • Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza [30].
  • Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar [31].
  • Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de bogas,/ mais o que as ha de pillar/ ten que gastar catro solas [32].
  • Niste lugar de Requeixo/ hai un pociño de neve;/ eu quixera beber nil,/ meu curazón non se estreve [31].
  • Niste lugar de Requeixo/ no medio quero decer,/ hai un piñeiriño verde/ que alumea sen arder [31].
  • No lugarciño das Quintas/ amores hei de tomar,/ á entrada ou á saída/ ou no medio do lugar [33].
  • No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [34].
  • Non quero casar en Crasto,/ que é terra de penedos;/ heime casar en Xendive,/ que é terra de moitos grelos [35].
  • Nosa Virxe do Xurés/ a súa capela cai:/ mozas de Vilameá,/ quitaille a tella, quitai [36].
  • O lugarciño do Corgo/ ó lonxe parece vila/ se non foran os canastros/ que están no lado de riba [37].
  • Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo [38].
  • Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo [39].
  • San Isidro labrador,/ que anda arando no campo,/ a Santa Eufemia bendita/ vaille de diante do gado [40].
  • Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras [41].
  • Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios [42].
  • Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín [43].
  • Señor San Benito novo/ que estás no monte de Grou:/ depárame unha meniña/ que eu en busca dela vou [44].
  • Señor San Roque de Lobios,/ estanqueiro do tabaco,/ dígame, señor San Roque,/ quen o meteu niste trato? [45].
  • Señor San Roque de Lobios,/ santiño moi milagroso,/ pedinlle un rapaz bonito,/ deume un cara de raposo [46].
  • Silvares xa ten a sona,/ Silvares a sona ten/ de bos mozos e boas mozas,/ de cantar e beillar ben [47].
  • Son as mozas de Requeixo/ moi meigas e moi melosas;/ ós mozos volven toliños/ coas súas falas amorosas [48].
  • Son as mozas de Requeixo/ tan boas e cobizosas/ que cando os mozos se enteiran/ pensan: “Non queremos outras” [49].
  • Teño un amor na montaña/ e outro en Cimadevila,/ outro na Vila da Barca/ i outro aínda máis arriba [50].
  • Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [51].
  • Viva o lugar de Requeixo,/ viva, viva coma dantes;/ unhas mozas coma rosas/ us mozos coma xigantes [52].
  • Zabariz e mais Torneiros/ xogaban ó carnaval/ sendo lugares veciños/ é cousa moi natural [53].

Manuel de Sousa da Silva escribiu a seguinte:

Lá de Lobios de Galliza

Vieram para Lindoso

Os de gremio valoroso

de Araújo por guiza

Que foi cá mui poderoso...

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Lobios.

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobios

Araúxo (San Martiño) | A Cela (Santa María) | Grou (San Mamede) | A Illa (San Lourenzo) | Lobios (San Miguel) | Manín (San Salvador) | Río Caldo (Santa María) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Paio de Araúxo (San Paio) | Torno (San Salvador)

Lugares de Lobios

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lobios vexa: Lugares de Lobios.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Historia". Concello de Lobios (en irlandés). Consultado o 2023-07-11. 
  2. "Celanova conquista Lobios". 20/09/2014. Consultado o 19/04/2023. 
  3. "Lobios se suma al camino que homenajea a Luís Soto". 20/09/2014. Consultado o 19/04/2023. 
  4. Lobios, L. F. (2015-06-30). "El exalcalde de Lobios, José Lamelas, será nombrado juez honorario del Couto Mixto". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-07-11. 
  5. Xaquín Lorenzo Fernández, 31. Refírese á Nosa Señora do Xurés, cuxo Santuario se atopa na parroquia de Santa María de Río Caldo, concello de Lobios.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández, 31. No orixinal: rillastelo. Torneiros (do Val) é lugar da parroquia de Santa María de Río Caldo, último lugar de Portela do Home camiño de Portugal; de aí que o chame “despedida de Galicia”.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández, 40. No orixinal, nono. Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios. Pode referirse a San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández, 42). Refírese a Portela do Home, xa na linde con Portugal.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández, 42.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández, 44. No orixinal: Áquile. Hai unha parroquia chamada Santa Cruz de Grou, en Lobeira; outra, San Mamede de Grou, en Lobios; e unha terceira, San Martiño de Grou, compartida polos dous concellos.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández, 48. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández, 49.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández, 49. O Valoiro é un lugar da parroquia de San Martiño de Grou no concello de Lobios.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 56. Xeás é lugar de San Salvador de Torno, Lobios; Gaiás é lugar da parroquia de Santa Cruz de Grou, no concello de Lobeira; e San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia do concello de Celanova.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández, 62. Xendive é lugar de San Salvador de Torno, Lobios. Xaquín Lorenxo explica que chaman “os da néboa” á xente do val do río Limia, por ser frecuentes as néboas que se producen no inverno, e que “ceboleiros” son os veciños de Xendive.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 71. No lugar de Xendive hai unha capela dedicada a San Xoán.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).
  18. Xaquín Lorenzo Fernández, 81. A Nosa Señora do Xurés, a cuxa romaría alude esta cantiga, levántase no lugar de Vilameá, parroquia de Río Caldo.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 84. Ganceiros é un lugar da parroquia de San Salvador de Torno.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 84. Refírese á festa de Nosa Señora do Xurés, o 8 de xullo.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 85. Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, do concello de Lobios.
  22. Xaquín Lorenzo Fernández, 86. Xendive é lugar de San Salvador de Torno; a parroquia de San Mamede de Grou celebra a festa o 7 de agosto.
  23. Xaquín Lorenzo Fernández, 87. No se pode saber a que Grou se refire: en Lobeira hai dúas parroquias con ese nome (San Martiño de Grou e Santa Cruz de Grou) e outras dúas en Lobios (San Martiño de Grou e San Mamede de Grou).
  24. Xaquín Lorenzo Fernández, 88. No orixinal: Lovios. Xaquín Lorenzo explica que son as festas de Lobios (aínda que a parroquia está baixo a advocación de San Miguel) e de Parada (do Monte), esta no concello de Lobeira. As festas son o 17 de agosto e o 16 de xullo, respectivamente.
  25. Xaquín Lorenzo Fernández, 90). Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
  26. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. Para implorar pola chuvia báixase a imaxe da Virxe do Xurés á parroquia de Río Caldo, situada no val.
  27. 27,0 27,1 27,2 27,3 27,4 27,5 27,6 Xaquín Lorenzo Fernández, 103.
  28. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. No orixinal: alborostos [sic], quénos, armóu. Fai referencia ás frecuentes liortas que tiñan lugar nas festas populares..
  29. Xaquín Lorenzo Fernández, 103. No orixinal: bermello.
  30. Xaquín Lorenzo Fernández, 108. Pode tratarse da Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira (concello de Lobeira), ou da Vila, lugar da parroquia de San Martiño de Araúxo (concello de Lobios); Xaquín Lorenzo non se decanta por ningún dos dous lugares.
  31. 31,0 31,1 31,2 Xaquín Lorenzo Fernández, 108.
  32. Xaquín Lorenzo Fernández, 108. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios.
  33. Xaquín Lorenzo Fernández, 109. Hai dous lugares chamados As Quintas ós que pode referirse esta cantiga: un pertence á parroquia de San Vicente de Lobeira e outro a San Mamede de Grou.
  34. Xaquín Lorenzo Fernández, 109. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín.
  35. Xaquín Lorenzo Fernández, 111). Xendive é lugar de San Salvador de Torno, no concello de Lobios.
  36. Xaquín Lorenzo Fernández, 113. No orixinal: sua. Vilameá é lugar da parroquia de Río Caldo, concello de Lobios.
  37. Xaquín Lorenzo Fernández, 119). Corgo é lugar da parroquia de San Mamede de Grou, concello de Lobios.
  38. Xaquín Lorenzo Fernández, 139. O río de Porta é un regato que desauga no río de Pacín, en Entrimo; Aceredo é un lugar da parroquia de San Salvador de Manín, tamén no concello de Lobios.
  39. Xaquín Lorenzo Fernández, 139.
  40. Xaquín Lorenzo Fernández, 141. Hai dúas ermidas dedicadas a estes santos na parroquia de San Salvador de Manín. A suposta muller de San Isidro non foi Santa Eufemia senón Santa María da Cabeza.
  41. Xaquín Lorenzo Fernández, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.
  42. Xaquín Lorenzo Fernández, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou.
  43. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. Lantemil é un lugar da parroquia de San Lorenzo da Illa no concello de Entrimo. O río Pacín fórmase ó unirse os ríos Illa e Montaña, e desauga no Limia. A ermida de San Bieito está no monte do Grou, no Leboreiro.
  44. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: de ela.
  45. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: Lovios, queno.
  46. Xaquín Lorenzo Fernández, 145. No orixinal: Lovios, pedínlle.
  47. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
  48. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: suas. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.
  49. Xaquín Lorenzo Fernández, 148.
  50. Xaquín Lorenzo Fernández, 151. No orixinal: ainda. Cimadevila é lugar de San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios; Vila da Barca, realmente Ponte da Barca, é unha vila portuguesa na beira do río Limia, a uns 30 km da raia galega.
  51. Xaquín Lorenzo Fernández, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.
  52. Xaquín Lorenzo Fernández, 163. Requeixo é lugar de San Mamede de Grou.
  53. Xaquín Lorenzo Fernández, 165. Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira. Torneiros do Val era lugar da parroquia de Manín, no concello de Lobios.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.